Entre outras actividades arredor da figura de Rosalía de Castro, ao fío do PDI sobre Vigo que estamos desenvolvendo no centro, propóñense as seguintes actividades de investigación que relacionan esta escritora coa nosa cidade:
A AELG abriu un blogue no que ir recollendo achegas creativas e iniciativas en relación con esta conmemoración.
Ademáis está organizando nas principais cidades e vilas lecturas públicas da obra rosaliana, nas que se lerá un manifesto solicitando a difusión do coñecemento da obra de Rosalía de Castro,en especial entre as xeracións máis novas que colectivamente contribuímos a coeducar, pois a súa poesía ou prosa reflexiva son base indispensábel para fomentar o amor á nosa lingua e comprender a nosa identidade cultural.
LECTURAS RECOMENDADAS
"PARECE UNHA ROSA"
Edicións Espiral Maior
( preme para o LIM )
"ROSALIA DE CASTRO PARA NENOS"
Ediciones de la Torre.
"ADIOS RÍOS,ADIOS FONTES"
Baía edicións.
-"ROSALIA DE CASTRO".Poesía completa ilustrada
Volume I. La Flor-A mi madre.El Patito Editorial
ROSALIA"
Fundación Rosalía de Castro
( preme para o LIM )
Escoitemos un poema de Rosalía na voz deAmancio Prada
Que ben o pasamos hoxe no entroido do cole!!! Como todos os anos, fixemos unha festa superdivertida na que houbo de todo: disfraces, comparsas, música, bailes e moitas, moitas risas. Como é habitual, o noso entroido baseouse no PDI que estamos traballando polo que, como xa supoñedes, todo xirou arredor da nosa cidade. A función levaba o título ISTO É VIGO e contaba dun xeito moi peculiar e orixinal unha fantástica historia de Vigo, desde a súa orixe ata o momento actual. Todo comezou cuns estraños personaxes moi atarefados na busca dun obxecto moi valioso. Estes personaxes fixeron de narradores e condutores de todo o que foi acontecendo no escenario:
A acción comeza cunha tribu de INDIOS dun afastado país que atopa un libro máxico que fala dun lugar marabilloso que deben descubrir por mandado do deus Manitú:
Nese magnífico lugar viven pacificamente os "CASTREXOS":
Pero son atacados por uns PIRATAS moi malvados e moi bailóns:
Despois de moitas loitas e enfrentamentos, chegan a convivir en harmonía. Desta xuntanza, logo de varias xeracións, xurdiu o Vigo actual, cos seus inconfundibles sinais de identidade. Así entrou en acción o CELTA DE VIGO!!!
Por suposto, tamén estaba CITROËN!!!
E VITRASA!!
E que sería da nosa cidade sen os miles de TURISTAS de todo o mundo que a visitan por terra e por mar?
Non podían faltar os MARIÑEIROS, as PESCANTINAS e as "SEÑORITAS que mercaron todo o peixe:
E apareceu... MANOLA!!!
Con tanto trafego, a pobre Manola sufre un "sofocón" que require a intervención inmediata do persoal médico que vixiaba o evento (serían médic@s do Álvaro Cunqueiro?) A rapidez, a eficacia e o bo facer destes profesionais logran a recuperación milagreira da enferma:
E con este final feliz rematou a historia e o ENTROIDO DO MESTRES GOLDAR!!!
Moitas GRAZAS a todas as familias que colaboraron achegando os inxeniosos disfraces que luciron garbosamente os nenos e nenas. GRAZAS, tamén, a todas as persoas que nos acompañaron neste fantástico día. E, por suposto, GRAZAS e moitos PARABÉNS aos nosos espléndidos actores e actrices, ao profesorado e ao noso creativo mestre de cerimonias!!
Podedes ver unha morea de fotos simpáticas facendo clicAQUÍ.
E estade atentos porque axiña teremos o VÍDEO!!!
ACTUALIZACIÓN: Xa temos listo o vídeo da representación. Grazas, profe Vinca!!
Baixo o lema UNHA APERTA POLA PAZ, no noso centro celebramos o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia cunha actividade que relaciona esta conmemoración co tema do PDI que estamos a desenvolver este curso: Vigo, unha cidade por descubrir. Novamente, a nosa cidade proporcionounos o recurso máis acaído, A PRAZA DAS APERTAS, que como sabedes, é obra do artista Antón Pulido. Fixemos unha pequena recreación deste precioso recuncho no salón de actos e convidamos ao noso alumnado a ofrecer as súas apertas por un mundo mellor, máis tolerante e máis xusto. A convocatoria foi un éxito e as pombiñas, tan coloridas como a praza, transportaron as apertas que encheron as paredes. PARABÉNS A TOD@S!! O MUNDO SERÁ MÁIS FERMOSO ATEIGADO DE APERTAS!!