Desde a BIBLIOTECA XOÁN FARIAS, a biblioteca do CEIP de PAZOS, chéganos un fermoso agasallo a xeito de pegatina coa que honrar a memoria de Rosalía de Castro achegando a súa obra ao noso alumnado. "No Día de Rosalía, cambiamos un poema da escritora, escrito e ilustrado, por unha fermosa pegatina."
Unha presentación clara e concisa, froito dun traballo colaborativo de Olga Rodríguez e Charo Sánchez-Gabriel, que axudará ao noso alumnado a non perderse ao navegar por internet. Agradecemos a estas dúas compañeiras a súa dedicación e xenerosidade.
Desde a secretaria da Asociación Cultural Froles Mareliñas chéganos o convite para participar no seu primeiro concurso de contos, no que poderán participar tanto os nenos e nenas como os adultos.
EStablécense tres categorías, infantil ata os 12 anos, xuvenil de 13 a 17 e adultos a partir de 18 anos. O premio é de 100 euros para o gañador de cada categoría, así como a edición dun libro de recompilación con todos os contos presentados. A entrega de premios, será no Multiusos de Chapela o día 17 de maio, acto no que contarán coa presencia de escritores/as de recoñecido prestixio para a entrega dos premios.
Preme AQUÍ para ver as bases do concurso e? PARTICIPA!!
... Amigas e amigos todos!! AQUÍ VOS TRAIO A CRÓNICA DO QUE PASOU NO ENTROIDO, que xa estaba eu moi impaciente e non sabía nin que facer co rabo. Para ir de camuflaxe puxen o meu disfraz de pirata e...coleime sen que ninguén me vise e entereime de todo, todiño...!! Vin o teatro de sombras que fixeron os magos de 6º; ao porquiño rosadiño que se me pareceu mogollón a Nerea de 3º...!!Que ben bailou!! Había dous crocodilos parecidísimos a Daniel e Marcos... unha chea de pingüíns. Apareceu o mar recitando... Os seus movementos e a súa dozura lembrábanme a Andrea de 4º... Ai, Ai!! que ben o pasei!!. Resulta que os elefantes apartaron ao home do reino e na granxa mandou o porco, pero só gobernaba para os seus amigos e aos demais deixounos arruinadosssss! Por iso os animais da granxa o colgaron das espaldeiras pero logo arrepentiuse e pediulles perdón. Entón, os da granxa perdoárono e en vez de porco comeron "calamares guisados" Por certo, os calamares enfadáronse outra vez cos elefantes e soltaron a súa tinta. Houbo unha marea negra que non vexas... Pero...??Por todos os queixos de bóla!!Traición, sabotaxe!! nun descoido alguén colleu confundida a miña cámara das fotos. Sabedes onde está?... Porfi, eran chulísimas pero agora teño que buscala. De momento só teño estas dúas. Se a atopades, avisade!! Bicos ratunos de Mik.Pasádeo moi ben no entroidoooo!!.
BUENO... Por se Don Porcallán me roubou a miña cámara de fotos podedes ir vendo a reportaxe fotográfica na páxina do cole premendo AQUÍ
Aí van as probas da discusión dos calamares cos elefantes. Tamén había algún peixe e medusas... así botaron a noite discutindo ata que chegou esta pinga de auga, que debía estar a durmir e lles botou un chaparrón que os deixou a todos finos.
O venres está chegando... queres saber como remata a historia?...
Pois agárdovos o venres 8, ás 11.45 no ximnasio do cole. Non o perdas que"Vai arder o planeta!"
Bicos ratunos a tod@s.
Ai, ai , ai...amiguiñ@s: que liorta que acaba de suceder! Cóntovos:
Eran sobre as 7 da tarde. Só se escoitaba a vasoira da señora da limpeza... ata que, de súpeto oín unha tremendísima discusión. Achegueime con moito tino de que non me vise ninguén, puxen en forma as miñas orellas de rato...
Nestas vexo un calamar xigante... si, grande, pero grande, que viña acompañado dunha chea de peixes de cores e algunha que outra medusa fachendosa.
Alí comezaron a falar a voces:
Calamares.- Eh, señores elefantes !! Protexedes a selva, as nubes, o río e tamén os mares. Que vai pasar cos que andamos polas profundidades? Acaso, por ser elefantes credes que tedes dereito a mandar nos calamares?
Elefante 1.- Tranquilos, seres de moitos brazos. Con vós ninguén se meteu. Non esteades preocupados. Seguide no fondo do mar. O home é un perigo na terra, onda vós non vai chegar. Se vos vedes en perigo, entón si que nos avisades. Estaredes protexidos por todos os elefantes.
Calamares.- Non queremos protección, xa volo dixemos antes. Vimos aquí a reclamar. Queremos ser gobernantes! Estar coma vós, aí ben cómodos subidos. A ver se credes que sodes os únicos entendidos.
Elefante 2.- Compartir estas alturas? Pero... señor calamar !! se en canto vos quitan da auga non sabedes respirar. Non nos veñades con contos. Cada un no seu lugar. Que prendan as luces da sala, que hai que continuar!!
Non sei que pasará o venres 8... pero algo moi serio. Co susto que levei esquecín a cámara de fotos. Mañá, se voltan os calamares, quítolles unhas fotos. Ata mañá. Non esquezades as ordes de don Porcallán!!
QUE INTRIGA!!!
Amiguiños e amiguiñas: esta fin de semana, aproveitando a calma que hai no cole, saín dar un paseíño (para investigar, claro). Atopei un elefantiño gris que se chama PANCHO. Fíxenme amigo del e levoume a xogar onde ten o seu agocho. Sabedes onde xoga?...na aula de música !! Xa sei onde se agochan os elefantes...!!
Ademais atopei unha morea de papeis que parecían o borrador dunha fascinante historia... Contaban que Pancho, cando era pequeno, caeu na trampa dos homes por non andar con coidado e que de maior propúxose alonxar a todos os animais do reino das trampas que preparaban estes desalmados.
Pola aula hai crocodilos, un polbo, medusas, peixes luminosos... e uns granxeiros e granxeiras que vixían a granxa para que os elefantes non manden nelas... Pancho tamén me dixo que o seu pai sabe como enganar a eses granxeiros... A mágoa é que non aparece o final desta historia e ninguén sabe como remata a cousa.
E, por certo, que pinta un porco mandón no medio de todo isto? Pancho contoume que seguindo "A SENDA DOS ELEFANTES" chegaremos ao venres día 8 e alí desvelarán o final deste conto...
Non o penso perder!!
Aquí vos deixo unha copia do misterioso papel que atopei no ordenador de música.
Xa vos dixen que neste cole están pasando cousas ben raras: hai moito movemento..., uns cantan por aquí, outros bailan por alá... Que non o credes? Pois aquí vos mando un par de "probas do delito":
Aínda teño que continuar coas pescudas porque oín dicir que este porquiño que aquí vedes chámase "Don Porcallán" e que ademais é bastante mandón.
Seguirei investigando, que... "aquí hai tomate!"
Bicos ratunos para todos e todas.
MIK ORDES DO MECO