Que ben o pasamos!! O luns estivemos con Alfredo Gómez Cerdá, un dos escritores de literatura infantil e xuvenil máis recoñecidos, cunha extensa obra que xa ten acadado os premios máis importantes do noso país. Despois do recreo, tivemos a ocasión de compartir con el as nosas impresións sobre a lectura de tres dos seus libros: El tren saltamontes, Timo rompebombillas e Apareció en mi ventana. Conversamos sobre os personaxes, fixemos preguntas, falounos de cales foron os motivos que o levaron a escribir estes libros e cales foron as súas fontes de inspiración, contounos algunhas anécdotas e gozamos dunha historia preciosa sobre un ratiño de biblioteca que se parecía moito ao noso MIK. Con todo iso quedáronnos moitas ganas de seguir lendo os seus libros e de que volva visitarnos moi pronto. GRAZAS, ALFREDO
O próximo luns, 27 de febreiro, o alumnado do 1º e do 2º ciclo de Primaria recibirán a visita do escritor Alfredo Gómez Cerdá, co que poderán comentar os libros que estiveron lendo e traballando este trimestre: El tren saltamontes, Apareció en mi ventana e Timo Rompebombillas. Seguro que será un encontro moi interesante! Xa vos contaremos!
Espiral Maior é o selo galego por excelencia no eido da poesía, cun amplo catálogo con autores de todas as xeracións. Na súa colección poética Lúa Lueira, destinada aos máis cativos, editou o libro Parece unha rosa, de Rosalía de Castro, ilustrado por Isabel Pintado. Este é o poema que lerán, memorizarán, ilustrarán e recitarán os nenos e nenas do 2º de EP do noso cole, en homenaxe á súa autora no aniversario do seu nacemento.Se queres gozar desta fermosa poesía, pide o libro na biblioteca.
DICEN QUE NO HABLAN LAS PLANTAS Dicen que no hablan las plantas, ni las fuentes, ni los pájaros, ni el onda con sus rumores, ni con su brillo los astros, lo dicen, pero no es cierto, pues siempre cuando yo paso, de mí murmuran y exclaman: ?Ahí va la loca soñando con la eterna primavera de la vida y de los campos, y ya bien pronto, bien pronto, tendrá los cabellos canos, y ve temblando, aterida, que cubre la escarcha el prado. ?Hay canas en mi cabeza, hay en los prados escarcha, mas yo prosigo soñando, pobre, incurable sonámbula, con la eterna primavera de la vida que se apaga y la perenne frescura de los campos y las almas, aunque los unos se agostan y aunque las otras se abrasan. Astros y fuentes y flores, no murmuréis de mis sueños, sin ellos, ¿cómo admiraros ni cómo vivir sin ellos?
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria contempla, dentro do Calendario do Libro e da Lectura para o ano 2012, a data do 24 de febreiro como DÍA DE ROSALÍA, co gallo da conmemoración do nacemento da poeta. Nesta ocasión cúmprense 175 anos e á programación de actividades da FUNDACIÓN ROSALÍA, súmase nesta ocasión a fermosa proposta da AELG (Asocación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega): que agasallemos aos nosos seres queridos cun libro galego e unha flor, como unha forma festiva de lembrar a importancia da lingua (o 21 de febreiro celebrábase a instancias da UNESCO o Día Internacional da Lingua Materna), e homenaxear a esta escritora fundamental das nosas Letras. A AELG abriu un blogue no que ir recollendo achegas creativas e iniciativas en relación con esta conmemoración.(Vía BEGA)
Que ben o pasei o venres no entroido! Os nenos e nenas do Mestres Goldar son uns auténticos artistas e convenceron a todo o público de que os xogos olímpicos se inventaron en Castrelos. A continuación preséntovos ás estrelas do espectáculo (premendo na imaxe podes vela máis grande): Este é Patatesa (Rubén, 4º EP):
Aquí tendes a Casimiro (Alejandro Barros, 5º EP):
As "xuízas" olímpicas (Claudia, Jimena e Lucía, 5º EP):
As narradoras (Natalia e Sandra, 6º EP):
A súa maxestade Isabel II e os seus gardacostas (Claudia, Rubén e Pablo, 6º EP):
A garda real (Infantil, 5 anos):
As mascotas olímpicas (profesorado):
Unha señora inglesa (Candela Castrillo, 2º EP):
Os ciclistas (Infantil 3 e 4 anos):
Baloncestistas (1º EP):
Marchadores (5º EP):
Ximnasia rítmica (3º EP):
Tenistas (4º EP):
Animadoras (ANPA):
Remeiros (2º EP):
Xinetes (6º):
E, por suposto, o noso mestre de cerimonia (profe Toniño):
Se vos sabe a pouco podedes ver moitas máis fotos neste ÁLBUM; no Curruncho do segundo ciclo tamén teñen unha bonita reportaxe; en Mi aula están moi guap@s os nenos e nenas de 2º de EP; e na páxina web do cole tamén atoparedes imaxes da festa.
Estou abraiado!! Resulta que hoxe atopei un libriño que conta como naceron os xogos olímpicos, pero o máis raro é que di que os seus inventores son... de CASTRELOS!!! Que non o credes?? Pois aquí volo deixo para que vós mesmos o leades. E xa me contaredes o que pensades desta historia tan incrible...
Xa sei quen é aquel personaxe tan raro que atopei nun recuncho: o MECOFACHO!!! Contáronmo os nenos e nenas da aula de tres anos, que andaron investigando polo cole ata que o descubriron:
Ata que por fin...
Así que xa sabedes, hai que obedecer as ordes deste mecofacho de malas pulgas. Preme na imaxe de abaixo para ler na páxina do cole o que ten argallado para toda a semana: