O día 8 de marzo celebraremos o Día da Muller Traballadora, un día moi importante que nos lembra que homes e mulleres somos iguais, cos mesmos dereitos e obrigas, e que debemos traballar para que non se cometan inxustizas por razóns de xénero en ningún lugar do mundo.
Pero, ¿pensas que só traballan as mamás "normais e corrientes"? Pois mira o que lle pasa á bruxiña Rita:
Dicen que la bruja Rita
es la mejor del planeta
manejando la varita.
Y, además, hace calceta.
Su oficio le gusta mucho.
Encanta en sólo un segundo
sin mover el cucurucho:
¡no hay otra igual en el mundo!
Convierte un sapo en burbuja
o un neumático en pingüino.
Es que Rita es una bruja
como la copa de un pino.
Entre conjuros y hechizos
corre a casa en media hora,
le echa un ojo a los mellizos
y pone la lavadora.
Vuelve volando al trabajo.
¡Caramba! ¡Qué movimiento!
Rita trabaja a destajo
y no descansa un momento.
.....................
¿Queres saber como soluciona o problema a bruxiña Rita? Pois segue lendo AQUÍ
Hoxe, 21 de febreiro, celébrase en todo o mundo o Día Internacional da Lingua Materna, unha data significativa que estableceu a Conferencia Xeral da Unesco en 1999, co obxectivo de promover o pluralismo lingüístico e a diversidade cultural. Ademais, busca impulsar o recoñecemento e a práctica das linguas maternas de todo o mundo e, en especial, as das linguas con menos falantes.
Na páxina da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia atoparás moita información e recursos.
Aquí tes outras páxinas de interese, con información, materiais e recursos para traballar nas aulas:
Para que disfrutedes canto antes do visionado dos vídeos do entroido tiven traballando día e noite a toda a miña roedora familia, incluidos Rato Pérez, Gerónimo Stilton, Ratatouille e algúns máis que queren permanecer no anonimato. E aquí tendes a historia de Santiaguiño e uns despistados viaxeiros e viaxeiras que non atopan o seu camiño...
Moitas grazas ao profe Toniño, creador e organizador do evento; ao profesorado e alumnado, que participaron e colaboraron con entusiasmo; aos membros da Anpa, esforzados socorristas que nos salvaron do tiburón e prepararon unha estupenda merendola; e moitísimas grazas ás familias pola súa contribución de riquísimos doces de Entroido, pola súa masiva asistencia e polos seus garimosos aplausos.
Xa ía sendo hora de ver a reportaxe do Entroido deste ano, que vai pasar á historia como o máis trouleiro e divertido de cantos hai. Dende logo vimos cousas ben rariñas, aínda que con iso do Xacobeo non é de estrañar que tanta xente andase a buscar o "camiño". E, claro, o mellor para as viaxes é unha boa compañía aérea cun experto comandante e unha avezada tripulación. Mágoa que non entendamos as instruccións que nos dan por culpa de tanto plurilingüismo, menos mal que sempre nos queda a linguaxe universal: as señas!! Aquí vos deixo o primeiro capítulo dunha historia de camiños, "santiagos" e moitas risas.
Se un personaxe de cómic non necesita presentación, ese é Charlie Brown. E Snoopy, claro. O seu creador, Charles M. Schulz , faleceu o 12 de febreiro do ano 2000 deixándonos como legado un universo de personaxes entrañables que nos acompañaron durante a nosa infancia e adolescencia e que, de seguro, seguirán nas nosas vidas e nas das xeracións vindeiras. Nesta páxina atoparás información sobre Carlitos e compaña e aquí algunhas curiosidades e paralelismos entre personaxes e o autor.
Podes ler aquí un artigo-homenaxe de Lorena Ferro polo décimo aniversario da morte de Schulz, no diario Lavanguardia.es, publicado o 12 de febreiro de 2010.
Na web PEQUELANDIA.ORG atoparás cantidade de cousas interesantes sobre Carlitos, Snoopy e toda a pandilla: xogos, debuxos para colorear, iconos, gifs animados, vídeos... en fin, todo o que necesitas para pasar uns momentos moi divertidos con estes simpáticos amigos.
Nos libros atopamos as respostas ás nosas dúbidas, ás nosas inquedanzas. Nos libros descubrímonos, viaxamos ao noso interior, vémonos por dentro... Grazas aos libros desciframos sentimentos e atopamos as palabras para nomealos.
Se tes sensacións descoñecidas, padeces de insomnio, suspiras a cotío, viaxas á Lúa constantemente, aniñan bolboretas no teu estómago... es o candidato ideal para ler algún destes libros: (podes escoitar a música clicando no icono do altavoz na marxe superior esquerda)
Liches algunha historia de amor que te impresionara pola súa intensidade, polos seus protagonistas, polas circunstancias que a rodearon... ? Déixanos o seu título nun comentario. Gustaríanos coñecelas.
Unha fermosa selección de cancións que nos chega dende o Segrel do penedo, moi axeitadas para datas como a de hoxe. Para disfrutar en soidade ou en boa compaña:
Nesta semana andamos tod@s moi atarefados por culpa dun meco moi "elegante" que se instalou na entrada do noso cole. Chámase Santiago "O figura" e non fai máis que lucir fachendoso o seu traxe e argallar "mandados". Sospeito que este personaxe tennos preparada unha boa para o venres pois, de cando en vez, vemos algún estraño peregrino despistado polos corredores. Pero, ¿que farán polo Mestres Goldar uns futbolistas vestidos de branco, uns virus "virosos", uns chilenos e uns cubanos? Non sei, non sei, pero este Santiago "O figura" tenme moi preocupado...
Ademáis, as familias xa empezaron a recibir unhas invitacións moi curiosas: E por se fora pouco, "O figura" mandounos aprender esta canción e este baile, baixo ameaza de deixarnos sen Entroido:
¿Que vos parece? Isto é un pesadelo... E marcho correndo, que teño que aprender "O tiburón".¡Vémonos mañá!
Como ven sendo habitual, a nosa biblioteca pon a disposición do alumnado e dos docentes unha recompilación de recursos educativos arredor das diferentes datas e efemérides. Nesta ocasión chegan xuntiños o Entroido e o Día de San Valentín, así que xa tendes no panel lateral as ligazóns correspondentes. Esperamos que vos gusten e que vos sexan de utilidade. Se coñecedes algún recurso que consideredes de interese podedes deixalo nun comentario.