|
|
ADIVIÑA 17 |
|
Chámanme rei
e non teño reino;
din que son loiro
e non teño pelo;
reloxos arreglo
sin ser reloxeiro. ¿Quen é o que sabe
que nome teño?
Non esquezas poñer o teu nome, apelido e curso no teu comentario coa resposta. Por cada adiviña que acertes obterás un mikopunto
|
|
|
|
OLLOBRUSCO |
|
Queremos agradecer a Gonzalo "Darabuc" o seu fermoso agasallo: "Ollobrusco", un álbum delicioso, tanto polo texto como pola ilustración (A. C. Quarello). Está cuidadosamente publicado por OQO, como é habitual nesta editora, e resulta un auténtico pracer a súa lectura. Hoxe xa o disfrutaron algúns grupos de alumnado e a tod@s lles encantou. Polo de agora preside a estantería de novidades e pronto pasará ao atril de "libros especiais".
Argumento: Un ratiño, aburrido da vida que levaba e desexoso de ser feliz, sae percorrer mundo na compaña de Can e Elefante. Cando atopan a Ollobrusco, o rato terá que utilizar o seu inxenio para salvarse...
|
|
|
|
A VELLA DO CANDIL |
|
Carmen Costas Ferreira, de 5º de EP, escribiu un poema precioso sobre unha misteriosa velliña que pasea polas noites á luz do seu candil...
(Preme no conto para ampliar) |
|
|
|
PARA ARTISTAS |
|
¿Queres demostrar as túas dotes de artista? Anímate a facer os teus dibuxos nesta pizarra virtual. Podes escoller o tamaño do pincel, as cores e logo gardar a túa obra.
(Vía A nosa biblioteca)
Para ver e experimentar coas CORES
|
|
|
|
UNHA ACTIVIDADE AMOROSA |
|
Os gañadores/as do concurso "Tarxeta de cariño e amizade", celebrado co motivo da festividade do San Valentín, foron os seguintes:
Claudia López (2º EP)
Alba Crispín (5º EP)
Gabriel Estévez (4º EP)
NORABOA!! |
|
|
|
CAMBIOS |
|
Pouco a pouco a nosa Biblioteca é cada vez máis bonita e máis cómoda
|
|
|
|
ADIVIÑA 16 |
|
Esta adiviña é un pouco máis difícil. Serás capaz de dar coa resposta?
Nacín na auga
e na auga me criei,
pero se me pos na auga,
na auga morrerei.
Non esquezas poñer o teu nome, apelido e curso no teu comentario coa resposta. Por cada adiviña que acertes obterás un mikopunto
|
|
|
|
MIK RECOMENDA |
|

MIK RECOMENDA: Gerónimo Stilton
Quen é Gerónimo Stilton? Son eu!! Son un tipo un pouco distraído, coa cabeza nas nubes... Vivo en Ratonia (illa dos Ratos) e dirixo "O eco do roedor", o xornal de maior difusión do meu país. Pero a miña verdadeira paixón é escribir. Aquí en Ratonia todos os meus libros son moi famosos. Pero, ¿non os coñecedes? Son esas historias cómicas tan tenras como un queixo de bóla e tan entretidas como contar os buracos dunha loncha de "gruyer"... Son historias morrocotudas.
AQUÍ TÉS ALGÚNS TÍTULOS:
¿QUERES XOGAR CON XERÓNIMO STILTON? Preme AQUÍ
|
|
|
|
WEBQUEST: Viajando por los océanos |
|

Para os nosos traballos de investigación sobre o mar, unha nova webquest:
VIAJANDO POR LOS OCÉANOS (en castelán): para 2º e 3º Ciclo de E.P.
|
|
|
|
CONTOS: A árbore, El pez payaso, Dos pequeños amigos |
|
Sergio Rodríguez Davila, de 5º de EP, adica un poema a unha árbore, co que fai unha homenaxe á natureza, á beleza e á vida.
Preme no conto para ampliar

EL PEZ PAYASO: un bonito poema de Sheila Aldao de Cos Estrada
(Preme enriba do título do conto para ler)

DOS PEQUEÑOS AMIGOS: Uxía Comesaña Bastero de 5º de EP cóntanos os problemas dunha cadeliña e dunha gata fachendosa que sempre están en liortas... (preme no título do conto para ler)
|
|
|
|
|
|
|