|
|
|
FELICES FESTAS 2017/2018!!! |
|
|
|
|
|
CINE NAVIDEÑO NA BIBLIOTECA |
|
No marco do noso PDI anual a biblioteca promove o visionado de películas relacionadas coas datas máis significativas do calendario escolar. Aproveitando a chegada do Nadal, MIK deixounos preparado o visionado de dúas películas que entusiasmaron ao alumnado: Polar Express e Arthur Christmas. GRAZAS, MIK!!!!
|
|
|
|
PELICULETRAS, UNHA BIBLIO DE CINE: EXPOSICIÓN DE TRABALLOS |
|
Grazas á colaboración, a creatividade e a orixinalidade do noso alumnado e as súas familias xa podemos gozar dunha magnífica exposición sobre o cine e as letras, tal e como requería a convocatoria da biblioteca. Así, baixo o lema "PELICULETRAS, UNHA BIBLIO DE CINE", a imaxinación e o bo facer son os protagonistas dos espléndidos e cinematográficos traballos que decoran os corredores do centro. MOITAS GRAZAS ás familias que, unha vez máis, coa súa complicidade e compromiso, demostran que a educación dos nosos nenos e nenas é cousa de TOD@S.
Convidamos a toda a comunidade educativa para visitar e gozar da exposición. Para aqueles que non poidan achegarse ao centro teñen AQUÍ unha ligazón ao álbum de fotos onde iremos subindo todos os traballos. No panel lateral tamén atoparedes unha ligazón permanente ao álbum clicando nunha imaxe como a de abaixo
E MOITOS MÁIS...!!! GRAZAS A TOD@S!!! |
|
|
|
VISITA Á BIBLIOTECA JUAN COMAÑEL |
|
O pasado venres, o equipo de terceiro visitou a biblioteca municipal Juan Compañel. Aprenderon moitas cousas sobre a súa historia e tamén sobre os moitos servizos que presta á cidade. A sección infantil e xuvenil conta cunhas instalacións moi atractivas e cunha morea de materiais que fixeron as delicias de tod@s. E como os nenos e nenas de terceiro son grandes lectores, case tod@s quixeron facerse co carné de usuari@s. FANTÁSTICO!!! Máis fotos AQUÍ |
|
|
|
|
|