O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

OS REIS VAGOS E CHOIVA DE DESEXOS
Hoxe pasámolo de marabilla! Tivemos unha xornada moi especial porque era o último día de clase antes das vacacións de Nadal e ademáis o alumnado do centro ofreceunos unha simpática obra de teatro titulada "OS REIS VAGOS". Todo saíu REQUETEBÉN porque estes nenos e nenas son uns auténticos profesionais que nos deixan coa boca aberta cada vez que soben a un escenario. Por suposto, queremos felicitar desde aquí ao profe Toniño, que novamente foi o organizador desta espléndida velada, e a todo o profesorado pola súa colaboración e entusiasmo. Grazas tamén a todas as familias que estiveron con nós nun día tan especial.

Pero non pensedes que todo rematou de calquera xeito, QUE VA!!! Resulta que TOD@S, alumnado, profesorado e familias, acabamos enchoupados por unha fermosa choiva de desexos que, ao fío do noso PDI, enchían os corredores do cole. MOITOS PARABÉNS a TOD@S POR UNS TRABALLOS TAN CREATIVOS E ORIXINAIS !!

boemptynadalemptyemptyempty
Comentarios (3) - Sección: Nadal - Publicado o 21-12-2012 20:44
# Ligazón permanente a este artigo
GRAZAS, CHARO!!!
Que alegría nos produciu recibir o fermoso agasallo da nosa querida fada madriña!! Queremos agradecerlle, en nome do profesorado e do alumnado do centro, os seus garimosos desexos para o vindeiro ano, ao tempo que lle enviamos as nosas máis afectuosas apertas e desexámoslle tamén un venturoso e frutífero aninovo. Bicos de tod@s e moi especialmente dun ratiño que nunca te esquecerá. Ata pronto, Charo!!


Comentarios (2) - Sección: Nadal - Publicado o 19-12-2012 23:29
# Ligazón permanente a este artigo
COÑECENDO A CELSO EMILIO FERREIRO
COÑECENDO A C. E. FERREIRO


A Fundación Celso Emilio Ferreiro conmemora o centenario do poeta celanovés que se celebra neste ano 2012. Desde este espazo WEB quere contribuír a difundir o seu extraordinario legado así como dar a coñecer as actividades programadas para este acontecemento único e irrepetible.
Comentarios (0) - Sección: Efemérides - Datas - Conmemoracións - Publicado o 16-12-2012 19:46
# Ligazón permanente a este artigo
EU TAMÉN COÑEZO AO APALPADOR!!!

Por iso sempre vou rapidiño para cama, porque nesta época os Reis Magos, Papá Noël e o Apalpador empezan a visitar a todos os nenos e nenas nos seus soños. Así que... ata mañá e felices soños!! Ah! Non esquezades escribir a carta aos vosos personaxes preferidos!!
Bicos ratunos



Comentarios (0) - Sección: Nadal - Publicado o 13-12-2012 23:14
# Ligazón permanente a este artigo
GUÍA DE LECTURAS PARA O NADAL

LER NO NADAL, UNHA IDEA XENIAL!!
Aquí vos deixo a Guía de lecturas recomendadas para o nadal. Podedes atopar boas ideas para agasallar aos vosos fillos e fillas ou para pedirlle aos Reis Magos, a Papá Noël ou ao Apalpador. Hai para todos os gustos e para todas as idades. Lembrade que un libro sempre é un bo agasallo.
Bicos ratunos



Comentarios (0) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 11-12-2012 12:16
# Ligazón permanente a este artigo
COÑECES AO APALPADOR??
Demostra o que sabes sobre o Apalpador e consigue a maior puntuación. Tamén podes competir cos teus compeñeir@s ou coa túa familia. ADIANTE!!



Comentarios (0) - Sección: Nadal - Publicado o 10-12-2012 19:55
# Ligazón permanente a este artigo
CHOIVA DE DESEXOS!!
De novo chegou o carteiro ás aulas do noso cole!! Xa tiñamos ganas de recibir noticias de Mik e Pinguiña, que, como era de supoñer, facíannos unha proposta moi divertida para realizar en colaboración coas nosas familias: unha CHOIVA DE DESEXOS!! Que guai!!
Queredes ver en que consiste? Pois abride os sobres e lede as cartas:


A que vos gustou a idea?? Pois veña, que xa estamos desexando ver os vosos estupendos traballos!!
Comentarios (0) - Sección: A AUGA. PDI 12/13 - Publicado o 07-12-2012 18:45
# Ligazón permanente a este artigo
E CHOVERÁ...
Dentro das actividades de motivación do PDI sobre a AUGA, os nenos e nenas de Infantil están aprendendo esta canción tan chuli:

Aquí temos a letra da canción "Y lloverá" do grupo "Siempre así". Atopeina no blog En la escuela caben todos, xunto cos pictogramas, para traballar a canción co alumnado que aínda non le.


Comentarios (0) - Sección: A AUGA. PDI 12/13 - Publicado o 07-12-2012 09:12
# Ligazón permanente a este artigo
ACHÉGASE O NADAL!!! ( RECURSOS )
ACHÉGASE O NADAL!!
Nas aulas xa se están preparando actividades arredor destas datas que sempre resultan moi atractivas e motivadoras para o alumnado.
Para facilitarnos o traballo, a Coordinadora Galega de ENDL recompila unha morea de propostas:



Tamén no panel de navegación deste blog atoparedes recursos e actividades de creación propia ou recollidas de internet:
Como novidade, temos un apartado dedicado ao teatro onde tamén podedes atopar algunha obra para estas datas:
Comentarios (0) - Sección: Nadal - Publicado o 04-12-2012 10:35
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0