Este ano publicouse o conto titulado "Antón e o Apalpador", unha obra de Manuel Castro e Mar Ameixeiras ilustrada por Francisco Ameixeiras. Conta a historia de Antón, un neno da cidade que viaxa ao Courel para pasar as vacacións coa súa madriña. O conto incorpora tamén seis páxinas de xogos para que os lectores coñezan máis cousas sobre o Apalpador e sobre o seu contorno. Está publicado pola editorial Barafunda. Podes lelo aquí
Por outra banda Xoán G. recréao no libro "O Apalpador", onde se relata esta vella tradición de nadal e se reinterpreta o personaxe, que difire bastante da primeira representación gráfica realizada polo artista Leandro Lamas.
A obra, que vén de ser publicada pola editorial Biblos, podes lela AQUÍ
O Apalpador xa percorreu as rúas de Santiago e de Esteiro (Ferrol) repartindo castañas aos cativos.
No Ceip Frian - Teis elaboraron unha Caza do tesouro para 1º de Primaria coa que se achegarán a este personaxe e ás nosas tradicións. E aproveitando que xa temos cerca oNadal podemos investigar sobre os costumes destas datas noutros lugares do mundo: TRADICIÓNS NAVIDEÑAS (o noso agradecemento aos compañeiros/as do Ceip Frian-Teis pola achega destas actividades)
Paula Bronstein: "A súa cara vai quedar marcada para sempre"
Paula Bronstein, fotoxornalista que leva máis de 15 anos traballando para varios xornais norteamericanos e que ten acadado innumerables premios, realiza fotografías que retratan a realidade de Afganistán, o país dos talibáns, desafiando o perigo que supón mostrar ao mundo situacións intolerables de total ausencia dos máis elementais dereitos humanos. A autora desta imaxe explica a sobrecolledora historia de Mohboba, a nena protagonista, e as circunstancias en que foi tomada a fotografía (foto comentada pola autora).
O 10 de decembro, DÍA DOS DEREITOS HUMANOS, é unha data para a concienciación, un día especial que se leva ás aulas coa esperanza de que as xeracións que nos sucedan consigan o que ata o de agora parece un soño. Dende as bibliotecas escolares faise un esforzo para achegar ás nosas comunidades educativas recursos e materiais que faciliten o traballo e favorezan e inciten a reflexión.
Dende o Ceip de Andrade chéganos unha boísima webquest para traballar co alumnado do terceiro ciclo de Primaria e primeiro ciclo da ESO:
Estamos moi contentos e orgullosos porque Alba Crispín Pazó, alumna deste centro ata hai só uns meses e agora alumna do IES Valadares, é unha das cinco galardoadas no Concurso Escolar de Dibujo sobre Derechos Humanos convocado polo Defensor do Pobo e a Fundación de Dereitos Humanos da Comunidade Valenciana.
Kseniya Simonova é a gañadora da edición ucraniana de Got Talent. Na final, pintou en directo unha animación da invasión alemana de Ucrania, durante a Segunda Guerra Mundial. Empregando os seus dedos e unha superficie con area, foi quen de emocionar aos membros do xurado e, coa súa arte e sensibilidade, transmítenos a tod@s o horror e a desolación que acompañan a todas as guerras. Uns minutos marabillosos!