(Junta de Andalucía - Centro del profesorado - Priego- Montilla)
Vía Escola de Ismaíl coñecemos este interesante programa de estimulación das habilidades lectoras. Transcribo a explicación do programa recollida no blog Ítaca: Fondo lector é un programa, en castelán, de desenvolvemento da lectura comprensiva orientado aos alumnos/as que se atopan nas fases iniciais da adquisición da lectura e para todos aqueles que presenten problemas de comprensión lectora. Consta de tres niveis: básico, intermedio e avanzado.
Os mil exercicios dos niveis básico e intermedio son de seis tipos e están orientados aos alumnos/as que comezan a ler ou aqueles que presentan dificultades na comprensión lectora.
Ordenar as palabras dunha frase
Ordenar una secuencia de frases
Respostar a preguntas dunha lectura
Relacionar unha palabra co seu sinónimo
Relacionar unha palabra co seu antónimo
Atopar unha palabra que non garda relación coas demais
No nivel avanzado desenvólvense cinco tipos de exercicios, orientados ao perfeccionamento da comprensión lectora. Poden ser usados polos alumnos/as que teñan un certo desenvolvemento da lectura comprensiva.
Palabras polisémicas
Sinalar o significado dunha frase feita
Sinalar a idea principal dun texto
Frases con diferentes sentidos das palabras polisémicas
A inmigración é unha fuxida da morte que, en demasiadas ocasións, atopan de frente nun desesperado intento de evitala... Para todos os que lembran a súa terra lonxe dela...
Toda persoa ten dereito ao traballo, á libre elección do seu traballo, a condicións equitativas e satisfactorias de traballo e á protección contra o desemprego.
Toda persoa ten dereito, sen discriminación algunha, a igual salario por traballo igual.
Toda persoa que traballa ten dereito a unha remuneración equitativa e satisfactoria, que lle asegure, así como á súa familia, unha existencia conforme á dignidade humana e que será completada, en caso necesario, por calquera outros medios de protección social.
Toda persoa ten dereito a un nivel de vida adecuado que lle asegure, así como á súa familia, a saúde e o benestar, e en especial a alimentación, o vestido, a vivenda, a asistencia médica e os servizos sociais necesarios
Toda persoa ten dereito a saír de calquera país, ata o propio, e a regresar ao seu país.
En caso de persecución, toda persoa ten dereito a buscar asilo, e a gozar del, en calquera país.
TÍTULO: EL INCREIBLE NIÑO COMELIBROS
AUTOR: Oliver Jeffers
EDITORIAL: Fondo de cultura económico
El increíble niño comelibros é un libro-álbum escrito e ilustrado por Oliver Jeffers, artista plástico, ilustrador e escritor irlandés.
Unha tarde, por erro, Enrique descobre que lle gusta comer libros e pouco a pouco convírtense no seu único alimento. Con cada libro que come faise cada vez máis e máis intelixente. E así devora novelas, dicionarios, almanaques, libros de chistes, de historia, de matemáticas? pero os seus favoritos son os vermellos. Enrique pensou que con isto en pouco tempo podería ser a persoa máis lista do mundo, pero de súpeto todo empezou a complicarse: un día síntese enfermo, descomposto...
A aventura glotona deste neno convírtese nunha historia que xoga coa esaxeración e o humor. O autor combina letra manuscrita e tipografía de máquina de escribir sobre fondos en collage con papeis de diferentes texturas, páxinas de libros, follas de cadernos de contabilidade? o que lle dá ao libro un carácter informal e divertido e contribúe a crear un mundo plástico no que o protagonista indiscutible é o libro.
Pola liberdade e a igualdade da muller en aqueles lugares onde está desprovista dos dereitos que deben amparar a todos os seres humanos
Todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos.
Todas as persoas teñen os mesmos dereitos e liberdades , sin distinción algunha de raza, color, sexo, idioma, relixión, opinión política ou de calquera outra índole, orixe nacional ou social, posición económica, nacemento ou calquera outra condición.
Todo individuo ten dereito á vida, á liberdade e á seguridade da súa persoa
Ninguén estará sometido a escravitude nin a servidume; a escravitude e a trata de escravos están prohibidas en todas as súas formas.
Gústanos ler e escribir, vivir e crear mundos novos onde reina a imaxinación, onde podemos ser actores, espectadores, xuices... onde desaparecen as fronteiras e onde somos capaces de soñar sen os límites que nos impón a realidade...
Algunhas entidades culturais galegas están colaborando na recuperación dun personaxe da tradición popular do Nadal: O Apalpador
En diversas comarcas da alta montaña do leste de Galiza, así como en diversos puntos do oeste do Bierzo, mantíñase ata datas moi recentes a tradición do Apalpador: un xigante con oficio de carboeiro que, durante as datas do Nadal, baixaba das montañas onde vivía ata as aldeas, coa intención de apalpar as barrigas dos máis pequenos das casas, para comprobar se estaban ben mantidos. O Apalpador vixiaba que comesen ben e desexáballes un novo ano no que seguisen sen pasar fame, deixando como agasallo unhas cantas castañas quentes para que lembraran a súa visita. A tradición, recollida por José André Lôpez Gonçález nas comarcas do Courel e do Cebreiro, reflicte a conexión desta figura con outras semellantes como o Olentzero, o Pai Inverno ou o propio Papá Noel. Crese que se trata dun costume de orixe precristiá que no seu momento debeu estar estendido por todo o país e que foi desaparecendo progresivamente. (Extraído de Vieiros.com)
O artista de Neda,Leandro Lamas deseñou a preciosa imaxe que se está a empregar na campaña para a recuperación de O Apalpador.
O 6 de decembro celebramos o 30 cumpleanos daConstituciónEspañola, aprobada en referendo no ano 1978. Esta é unha data moi importante porque na Constitución recóllense todos os dereitos e deberes que permiten unha convivencia xusta e pacífica entre tod@s os habitantes do noso país. Tamén expresa como queremos que sexa o noso goberno e como relacionarnos con outras nacións.
¿Sabes que nese libro tamén se fala dos dereitos dos nen@s?. Pero, ¿sabías que tod@s temos uns deberes que cumplir?.