O 25 de novembro é a data escollida pola ONU como Día Internacional da Non Violencia Contra a Muller. Con esta celebración preténdese concienciar a toda a sociedade, denunciar a violencia que se exerce sobre as mulleres en todo o mundo e reclamar políticas en todos os países para a súa erradicación. Esta convocatoria comezou o 25 de novembrode 1981 en lembranza da data en que foron asesinadas, en 1960, as tres irmás Mirabal, activistas dominicanas que loitaron polos dereitos das mulleres en contra do dictador Trujillo. Foron alcumadas co precioso nome de AS BOLBORETAS.
Co gallo desta celebración, o noso alumnado traballará coa canción de ROZALÉN, La puerta violeta, para aprendela e cantala tod@s xunt@s nese día.
Abaixo tendes varios vídeos nos que podedes ver varias postas en escea da mesma canción: canción en directo con linguaxe de signos, videoclip, e vídeo coa letra da canción. Escolle a que máis che guste e comeza a cantar!!!
Que medo!!! Hai uns días recibimos unha nova mensaxe de MIK na que nos convidaba a visitar a biblioteca e meter as mans nunhas caixas moi sospeitosas. Os nenos e nenas deste cole non teñen chisco de medo!!! Tod@s quixeron averiguar que misterios se agochaban naquelas caixas:
Despois curioseamos no expositor que hai a carón da biblio. Alí tamén atopamos algunhas porcalladas!!
O alumnado de E. tamén gozou a tope da festa da reapertura da biblioteca, tal e como contan eles mesmos no seu blog de aula: Chegou o día esperado, a inauguración da Biblioteca. A partir de agora comezan as aventuras, os contos e historias e a maxia da pintura.
Esta vez, tivemos a sorte de que Uxía e Roscón, parte de Uxía Lambona e a Banda Molona, para nós a mais importante, nos agasallase cunha estupenda actuación.
Moitísimas grazas por facernos desfrutar.
Esta semana os grupos de alumnado xa puideron baixar á biblioteca para empezar a usar o servizo de préstamo e gozar un curso máis dos libros e vídeos que a nosa biblio pon a disposición de toda a comunidade escolar. Tamén comezaron coas actividades de formación de usuari@s e educación documental. BENVID@S a TOD@S a esta andaina de novas e emocionantes lecturas!!!!