O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

TEATRO: "O VILÁN ONOMATOPEICO (NINGUÉN É PERFECTO, MEU!)
Hoxe puidemos gozar dunha primicia teatral cun título moi simpático e orixinal: O vilán onomatopeico (ninguén é perfecto, meu!!!!). Os dous artistas que representaron a obra fixeron un traballo magnífico e axiña cautivaron ao noso esixente público. A historia dun cabaleiro malvado que non toleraba a música nin aos músicos encandilou a tod@s. As risas e os aplausos estiveron presentes durante todo o espectáculo. Pasámolo xenial!!!! Moitas grazas aos actores Carlos Godoy e Servando Trovador pola súa xenerosidade ao compartir con nós tan estupendo traballo.
Máis FOTOS AQUÍ
Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 30-11-2017 18:27
# Ligazón permanente a este artigo
AGARDANDO O NADAL
UNHA NOVA ACTIVIDADE QUE NOS PROPÓN MIK MENTRES AGARDAMOS A CHEGADA DO NADAL. O ratiño MIK preparou unha actividade un tanto misteriosa. Bueno, para os curios@s só poderán abrir o sobre que corresponde a cada día de decembro e teremos que descubrir o que conteñen pouco a pouco. Os nenos e nenas xa están desexando empezar. QUE CONTEÑEN ESES SOBRES TAN CHULOS?
Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 29-11-2017 16:27
# Ligazón permanente a este artigo
PELICULETRAS: PRIMEIROS TRABALLOS
Xa empezan a chegar os traballos que MIK encargou aos nenos e nenas e as súas familias. Son espectaculares!!!! PARABÉNS!!!
Máis fotos AQUÍ
Comentarios (1) - Sección: CINE: PDI 17/18 - Publicado o 27-11-2017 18:47
# Ligazón permanente a este artigo
UNHA PRIMICIA PARA O NADAL!!!
Pois non sei como fai este ratiño MIK para enterarse dos segredos que o profe Toniño garda para o Nadal. Grazas ás pescudas de MIK xa sabemos unha das cancións que soarán nese día especial. Aquí volas deixo para que vaiades ensaiando:

Ssshhhh!! Dice o ratiño MIK que esta canción será o número navideño dos nenos e nenas de 1º e 2º de EP (non llo digades a ninguén!!!!)
Comentarios (0) - Sección: Nadal - Publicado o 25-11-2017 22:06
# Ligazón permanente a este artigo
PELICULETRAS: UNHA BIBLIO DE CINE

O noso amiguiño MIK non para e xa nos encargou unha nova tarefa. Desta vez, en colaboración coas nosas familias, teremos que ilustrar o lema da biblioteca: "PELICULETRAS, UNHA BIBLIO DE CINE". Seguriño que novamente quedaremos abraiados coa orixinalidade e a creatividade do noso alumnado. Todos os traballos estarán expostos nos corredores do centro. Estamos impacientes! A TRABALLAR!!!
Comentarios (0) - Sección: CINE: PDI 17/18 - Publicado o 11-11-2017 19:51
# Ligazón permanente a este artigo
QUERES SER AXUDANTE DA BIBLIOTECA?
Xa temos a convocatoria para AXUDANTES DA BIBLIOTECA 2017 / 2018. Moitos nenos e nenas de 4º, 5º e 6º xa presentaron a súa solicitude e firmaron o seu compromiso, pero aínda tes de prazo ata o próximo venres. ANÍMATE!!
E lembra: para ser un bo AXUDANTE sempre terás a man a túa GUÍA DE AXUDANTES PERFECT@S!

Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 11-11-2017 19:12
# Ligazón permanente a este artigo
PDI: O CINE. RECURSOS EDUCATIVOS
Arredor do PDI deste ano, a biblioteca do centro seleccionou interesantes recursos sobre CINE na escola para os diferentes niveis de Infantil e Primaria. Por outra banda, no panel lateral de navegación atoparedes a ligazón permanente a estes e os novos recursos que vaiamos atopando. Tamén podedes acceder a todas as entradas relacionadas co PDI clicando na imaxe de abaixo. Agardamos que vos sexan de utilidade.
Comentarios (0) - Sección: CINE: PDI 17/18 - Publicado o 11-11-2017 19:04
# Ligazón permanente a este artigo
COMPARTINDO EXPERIENCIAS MOI CINEMATOGRÁFICAS
Os nenos e nenas de sexto de E. Infantil subiron coa súa profe Rocío para ver a estupenda exposición sobre o cine que están facendo en terceiro de Primaria. O equipo de terceiro recibiunos con moita ilusión e agarimo e explicáronlle maginificamente a utilización e a elaboración de cada un dos obxectos. Tamén xogamos a ser leóns da Metro Goldwyn Mayer. Pasámolo xenial e aprendemos moito, pero o mellor foi sentir a marabillosa experiencia de compartir.
Máis fotos AQUÍ
Comentarios (0) - Sección: CINE: PDI 17/18 - Publicado o 09-11-2017 20:00
# Ligazón permanente a este artigo
O ALUMNADO DE SEGUNDO DE EP ESCRIBE CARTAS AO NOSO AMIGUIÑO MIK
Despois da frenética actividade destes últimos días na biblioteca, os nenos e nenas de segundo de Primaria responden cunha enorme cantidade de cartas para Mik que foron deixando na súa caixa de correo. Estamos impacientes por coñecer o contido das mensaxes e tamén por ver o contentísimo que se pon o noso querido ratiño. Cóntanos, MIK, que che dixeron estes nen@s tan guapos e espelid@s!??
Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 01-11-2017 16:54
# Ligazón permanente a este artigo
SAMAÍN: SESIÓNS DE CINE DE MEDO NA BIBLIOTECA
Co gallo da celebración do SAMAÍN, durante esta semana MIK organizou na biblio as XORNADAS DE CINE DE MEDO. Cada curso baixou á biblioteca e gozou e tremeu coas estupendas películas seleccionadas: HOTEL TRANSILVANIA2, FRANKENWEENIE e PESADILLA ANTES DE NAVIDAD.
O luns atopamos nas portas das aulas unha tétrica mensaxe de Mik emplazándonos na biblioteca para ver a exposición temática sobre o Samaín e para retarnos a introducir as mans nunhas espeluznantes caixas con sorpresas terroríficas. Como sempre, os nosos nenos e nenas aceptaron sen dubidar e atrevéronse coas caixas misteriosas:

Despois asistimos á sesión de cine dispostos a pasar moooooito medo:
Foi XENIAL!!! GRAZAS, MIK!!!!
Máis fotos AQUÍ
E se aínda queres seguir festexando o SAMAÍN podes pasalo de medo cantando e bailando cos seguintes vídeos:

Comentarios (0) - Sección: CINE: PDI 17/18 - Publicado o 01-11-2017 16:05
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0