O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

SEGUIMOS VIAXANDO!!
FANTÁSTICOS os traballos que cada día nos chegan desde os fogares do noso alumnado!! Grazas a eles viaxamos por todos os lugares do planeta en globo, en barco, en avión... pero, sobre todo, cun transporte máxico: os LIBROS! Canta imaxinación e creatividade!! PARABÉNS!! Seremos capaces de dar a volta ao mundo?? Pois claro!! A seguir viaxando!!
Comentarios (0) - Sección: PAÍSES E CULTURAS. PDI 16/17 - Publicado o 16-11-2016 17:30
# Ligazón permanente a este artigo
APRENDIZAXE COOPERATIVA
No blog Ayuda para maestros descubrimos a páxina do Colectivo Cinética na que podemos atopar cantidade de recursos descargables para profesores e alumnos sobre a aprendizaxe cooperativa. Paga a pena visitar e percorrer con calma esta web:
http://www.colectivocinetica.es/colectivo-cinetica/
Comentarios (0) - Sección: Tics - Recursos - Xogos - Publicado o 13-11-2016 16:47
# Ligazón permanente a este artigo
LIBROS PARA TRABALLAR A ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
No blogue de Manu Velasco atopei a seguinte recompilación de libros infantís que tratan, dunha maneira ou outra, a atención á diversidade.
1. OTRA COSA - Libro para promover o respecto e a aceptación dos demais. Outra Cousa quere ser como os outros nenos. Pero, a pesar dos seus esforzos, Outra Cousa é outra cousa. Por iso vive so, sen amigos. Ata que un día aparece unha criatura estraña chamada Algo que busca a súa amizade.
Autora: Cave, Kathryn.

Ilustrador: Riddel, Chris.
Gañador do prestixioso premio Unesco.
2. EL CAZO DE LORENZO - Conto metafórico para falar das diferenzas aos nosos alumnos. Cóntanos a superación dun neno chamado Lorenzo para soportar o seu día a día. Podedes gozar do libro na seguinte web editorial Juventud - El cazo de Lorenzo
Autora e ilustradora: Carrier, Isabelle.
Libro recomendado por FEAPS (Confederación Española de Organizacións en favor das Persoas con Discapacidade Intelectual).
3. EL PUNTO - Libro que nos impulsa a atopar nosa propia marca e a ser capaces de crear a partir dela. Na seguinte ligazón temos unha guía con ideas, materiais e actividades para traballar co libro Guía PDF de actividades. Para gozar do conto en vídeo visitade Vídeo El Punto.>
Autor e ilustrador: Reynolds, Peter H.
4. ELMER - Este libro colorista, alegre e atractivo fálanos da diversidade e do respecto. Con simpatía e agarimo ensina aos nenos e adultos que todos somos diferentes, que cada un é especial, e que precisamente por esa razón, quérennos os demais. Elmer é diferente, é un elefante de cores. Elmer non é da cor dos elefantes.
Autor e ilustrador: David Mckee.
Libro gañador de varios premios, entre eles o Hans Christian Andersen.
5. ÉRASE OTRA VEZ UN BOSQUE - Este conto fálanos da diversidade e dos conflitos propios da convivencia. É un libro ideal para que os nosos alumnos comprendan que na variedade, na mestura, está a riqueza que nos pode conducir a unha convivencia pacífica.
Autora e ilustradora: Géhin, Elisa.
Libro publicado pola editorial Fundación Intermóm Oxfam.
6. POR CUATRO ESQUINITAS DE NADA - Este álbum ilustrado reflicte de forma sorprendente e suxestiva os valores da amizade e multiculturalidade fronte aos prexuízos e a xenofobia. Podedes gozar do libro en vídeo na seguinte ligazón Ayuda para maestros - Por cuatro esquinitas de nada. Tamén podemos atopar diferentes Apps en Apps Por cuatro esquinitas de nada. E nesta ligazón podedes ver o libro en PDF Por cuarto esquinitas de nada en PDF. Proposta gráfica moi orixinal.
Autor e ilustrador: Ruillier, Jérôme.

7. Dos creadores de El Grúfalo, EL DRAGÓN ZOG é unha historia chea de humor, solidariedade e afán de superación. Móstranos o valor do esforzo e a importancia de axudar aos demais.
Autora: Donaldson, Julia.
Ilustrador: Sheffler, Axel.
Búscaos na nosa biblioteca!!
Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 13-11-2016 16:34
# Ligazón permanente a este artigo
ALMORZO CON BEIZOS BRANCOS
O alumnado de terceiro e cuarto de primaria participou esta mañá na actividade “Almorz@ con Beizos Brancos”, un programa organizado pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) e a Obra Social “La Caixa”, que ten por obxectivo difundir fórmulas nutricionais sas entre os escolares de Galicia. A actividade incluíu unha charla didáctica sobre alimentación, exercicios lúdicos e un almorzo equilibrado e con produtos naturais.
A mensaxe que se quere trasladar tanto aos nenos e nenas como ás súas familias afonda na importancia que ten o almorzo no rendemento físico e académico dos escolares. Tal e como explicou María Fernández, a dietista que impartiu a charla, é fundamental ter en conta os valores nutricionais desta primeira comida do día, recomendando incluír nela as froitas de tempada e os produtos lácteos e evitar alimentos procesados industrialmente que achegan un exceso de azucres pouco beneficiosos para a saúde.
Para ilustrar a charla educativa, repartíronse almorzos equilibrados compostos por pan con aceite de oliva, mandarina e leite adozada con cacao puro e mel. Ademais, os nenos e nenas aprenderon o proceso do leite, desde que se extrae das vacas ata que chega aos seus fogares.


Por certo, unha chuscada: a TVG grabou a actividade!! Agardamos ver axiña a reportaxe e saír tan guap@s como os nen@s que aparecen AQUÍ
Comentarios (0) - Sección: Varios - Publicado o 11-11-2016 20:56
# Ligazón permanente a este artigo
ESCORNABOTS
Desde o curso 2015/16 vense desenvolvendo un proxecto pioneiro, unha iniciativa incluída no Plan LÍA de Bibliotecas Escolares que está destinada aos centros de infantil e primaria que están integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares
Podemos acceder ao texto da convocatoria do curso pasado, recollido no Blog de Bibliotecas escolares de Galicia. VER CONVOCATORIA. Pero...

Que é un Escornabot?

Escornabot é un proxecto de código/hardware aberto que ten por obxectivo achegar a robótica e a programación aos nenos e nenas. Podedes atopar moita información sobre estes sinxelos robots na páxina ESCORNABOT. Se vos interesa este proxecto, podedes acceder ás distintas experiencias que se están desenvolvendo nos centros seleccionados para implementar esta novidosa alternativa para traballar a robótica nas escolas que se recollen no artigo Aprendizaxe por descubrimento, ou como facer andar ao escornabot, relacionados no blog das Bibliotecas Escolares de Galicia.
Que vos parece, amiguiños?? A que é chulo? Ao mellor animádesvos a participar para a próxima convocatoria!!!! Eu creo que o pasaríamos xenial!!
Moitos bicos ratunos e a experimentar!!!
Comentarios (0) - Sección: Tics - Recursos - Xogos - Publicado o 06-11-2016 21:58
# Ligazón permanente a este artigo
MAGOSTO 2016
Aínda que o tempo non axudou, a festa do magosto resultou moi animada e superdivertida. Os preparativos comezaron días antes elaborando colares, coroas e cestiños para as castañas. O alumnado estivo moi creativo:
Alumnado de 5º de EI
Os nenos e nenas de 5º de EP encargáronse de facer uns preciosos cartaces para empregar durante os xogos:

O ximnasio do centro foi o campo de xogos onde tod@s gozaron pasando polas distintas "estacións" con propostas inxeniosas e que "molaban" moito.
Para finalizar, chegou a papatoria das riquísimas castañas asadas que nos tiña preparadas Alfonso, o noso querido conserxe. Queremos dar as GRAZAS e unha agarimosa aperta á profe MARILUZ e ao profe VICENTE, sempre dispostos a brindarnos a súa axuda.


Podedes ver máis fotos na páxina web do centro ( Actividades- Galería) e nos blogs de aula "O curruncho do primeiro ciclo" e "Mi aula".
Moitos bicos ratunos e ATA O PRÓXIMO ANO!!!
MIK

Comentarios (0) - Sección: O Magosto - Publicado o 04-11-2016 17:24
# Ligazón permanente a este artigo
QUE BONITOS!!
E que orixinais e creativas son as familias do noso alumnado!! Aquí temos novos magníficos traballos para ilustrar o lema da biblioteca:
Comentarios (0) - Sección: PAÍSES E CULTURAS. PDI 16/17 - Publicado o 04-11-2016 17:22
# Ligazón permanente a este artigo
MÁIS ARTISTAS!!!
Aquí tendes os espléndidos traballos de Julia e de Miriam!!! PARABÉNS!!!

Comentarios (0) - Sección: PAÍSES E CULTURAS. PDI 16/17 - Publicado o 03-11-2016 15:59
# Ligazón permanente a este artigo
A VOLTA AO MUNDO EN OITENTA HISTORIAS: CHEGAN OS PRIMEIROS TRABALLOS
Preciosos os traballos que empezan a chegar ás aulas arredor do lema deste curso da nosa biblioteca: A VOLTA AO MUNDO EN OITENTA HISTORIAS. ALEJANDRO S., LUCÍA, NICOLÁS e NEREA, de cuarto de EP, mostraron a orixinal interpretación que fixeron do lema, en colaboración coas súas familias. PARABÉNS aos catro por tan estupendo traballo!!!
Comentarios (2) - Sección: PAÍSES E CULTURAS. PDI 16/17 - Publicado o 02-11-2016 18:48
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats