|
|
|
ILLAS CIES, PATRIMONIO DA HUMANIDADE |
|
Científicos e naturalistas galegos destacan a riqueza biolóxica das illas e confían en que a súa declaración como Patrimonio da Humanidade garanta a protección dun hábitat privilexiado. A Alcaldía de Vigo, xunto coa Universidade, CSIC, Instituto Español de Oceanografía, Consellería de Medio Ambiente, Turismo de Galicia e Confederación de Empresarios, entre outras institucións e organismos, expresaron o seu total apoio á proposta ao considerar o arquipélago un "enclave privilexiado, excepcional", ademais de "emblemático para a cidade", que "merece unha consideración mundial".
Para promocionar esta candidatura, o Concello de Vigo, xunto co Faro de Vigo patrocinan un concurso de debuxo e redacción para escolares de EP e da ESO, co lema "Cíes, o paraíso de todos". Se queres participar podes ler as bases AQUI
 | Preme na imaxe para acceder a web |
|
|
|
|
MAGOSTO 2015 |
|
Que ben o pasamos hoxe!!! Despois de ter que aplazar a celebración do magosto, por fin puidemos gozar dunha festa estupenda na que houbo moitas castañas, e non só para comer, xa que as castañas foron as protagonistas de todos os xogos que fixemos: "A castaña sorpresa", "Castañas no camiño", "Castañada", "Tragacastañas" "Carreiras de culler con castaña", Carreira de sacos de castañas"... Houbo quen logrou completar todos os xogos e outros conseguiron récors de velocidade. A verdade é que sodes moi habilidosos!!!
Pero, claro, mentres nós estabamos rindo e xogando, Alfonso, coa axuda de dous convidados moi especiais, prepararon a fogueira e asaron as castañas como os grandes chefs: estaban boíiiiiisimas!!!
Os nenos, nenas e profes estaban na zona de xogos, aproveitando ben o tempo nos xogos e facendo sitio na barriga: Despois todo o alumnado, EI e EP xuntámonos para cantar "O rap das castañas" e bailar o "Baile da castañeira":E, para finalizar, unha enchenta de riquísimas castañas asadas!!! Por suposto, non podía faltar a "maquillaxe":FOI UN DÍA XENIAL!!!!Queremos dar as grazas e unha agarimosa aperta a Alfonso, Vicente e Mariluz por ser tan estupendos cociñeiros. Moitos parabéns ao profe Toniño e á profe Vinca pola perfecta organización, e a todos os profes e profas pola súa colaboración e entusiasmo na dirección dos distintos xogos. E, por suposto, a todas as familias que, como sempre, nos axudaron coa achega de castañas e leña.HAI MOITÍSIMAS FOTOS MOI CHULAS E SIMPÁTICAS AQUÍ. Nos próximos días iremos subindo máis, só tes que estar atento e seguro que atoparás as túas!! |
|
|
|
POESÍA: OS MESES |
|
Ver Pdf |
|
|
|
TEMPO DE MAGOSTO |
|
O vindeiro venres, día 6 de novembro, se o tempo nolo permite, celebraremos no cole a festa do magosto. Xa andan todos os nenos e nenas atarefados cos preparativos: elaboran murais, fan os seus cestiños para as castañas, aprenden refráns e cantigas e, ademáis, o alumnado de 5º de EP inventou un rap que cantaremos e bailaremos ese día. Será moi divertido!!! Se queredes ver os artísticos cestiños que prepararon noutros anos premede aquí ou aquí. |
|
|
|
|
|