|
|
SPOT PUBLICITARIO: TERCEIRO E CUARTO DAN A CARA POLA IGUALDADE |
|
|
|
|
|
SPOT PUBLICITARIO: PRIMEIRO DE EP DÁ A CARA POLA IGUALDADE |
|
|
|
|
|
SPOT PUBLICITARIO: QUINTO E SEXTO DAN A CARA POLA IGUALDADE |
|
|
|
|
|
SPOT PUBLICITARIO: MAKING-OF |
|
Xa temos o making-of do noso spot publicitario. Bueno, serán varios porque neste cole hai moitos actores e actrices que quixeron participar. Traballaron arreo pero están contentísim@s. E o que é mellor, moi sensibilizad@s e comprometid@s. Resultará unha campaña moi bonita a favor da IGUALDADE DE XÉNERO. PARABÉNS A TOD@S por este fantástico traballo!!! |
|
|
|
25 DE NOVEMBRO: DAMOS A CARA!!! |
|
Este non é un martes calquera, hoxe é 25 de novembro, Día Internacional da eliminación da Violencia de Xénero, polo que comezamos o día colocando na nosa roupa un lazo de cor malva para chegar ás aulas ben adobiad@s para o diálogo e o debate arredor deste problema que avergoña á sociedade. Tod@s se manifestaron dispostos a dar a cara pola igualdade. Parabéns, rapaces!! Vós sodes os adultos do futuro e os que faredes que desapareza esta lacra social. Por suposto, MIK tamén puxo o seu lazo, ao igual que todo o persoal do centro, docente e non docente: E aquí están tamén os cartaces de quinto e de segundo de EP. CHULÍSIMOS!!!
|
|
|
|
POLAS MULLERES-LUZ DA MIÑA VIDA... |
|
Hoxe comeza a campaña de sensibilización pola igualdade de xénero que se desenvolverá no noso cole baixo o lema "Polas mulleres-luz da miña vida, EU DOU A CARA!", baseada no anuncio que a empresa Atresmedia difunde pola televisión. O alumnado do centro completou uns cartaces cos nomes das mulleres polas que dan a cara e as razóns polas que elas iluminan as súas vidas. Mamás, avoas, tías, irmás, profes..., moitos nomes de muller rotulados con cores brillantes aparecen nos seus traballos. Pero non acaba aí a cousa! Mañá tod@s luciremos na roupa lazos malva e o mércores comezarán as gravacións dos spots publicitarios. Porque no noso cole... DAMOS A CARA POLA IGUALDADE!!! E AQUÍ ESTÁN OS CARTACES:
E MAÑÁ, MÁIS!! |
|
|
|
REUNIÓNS DOS EQUIPOS DE AXUDANTES DA BIBLIOTECA |
|
Durante os recreos desta semana houbo moita actividade na biblioteca porque fixemos as reunións dos equipos de axudantes. Os grupos de colaboradores asistiron no día que tiñan asignado para poñerse a punto e comezar co traballo a semana que ven sen ningún atranco. Por outra banda, o alumnado de cuarto de EP incorpórase este curso ás tarefas da biblioteca, polo que era preciso unha boa formación previa. Tod@s se mostraron moi dispostos e ilusionados. Seguro que, como sempre, farán un labor extraordinario. MOITAS GRAZAS, RAPACES, VÉMONOS NA BIBLIO!!!!
VER MÁIS |
|
|
|
O CONSELLEIRO DE EDUCACIÓN VISITA O NOSO CENTRO |
|
Esta mañá, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, acompañado polo xefe territorial de educación de Pontevedra, César Pérez Ares, visitou o noso centro no marco da rolda de contactos que mantén habitualmente coas diferentes comunidades educativas, co fin de coñecer de primeira man as súas demandas e suxestións. Na súa visita, o titular do departamento educativo da Xunta deu os parabéns ao equipo directivo e docentes polo galardón obtido no concurso de traballos por proxectos nas bibliotecas escolares convocado por primeira vez o pasado mes de marzo pola Consellería. Tamén realizou un percorrido polas dependencias do centro, comezando pola biblioteca para despois intercambiar impresións co profesorado nas aulas e manter simpáticas conversas co alumnado máis novo. Na páxina da consellería pódese ler a crónica deste encontro.
VER IMAXES |
|
|
|
O NOSO MAGOSTO |
|
Hoxe, por fin, puidemos celebrar o magosto!! Despois de moitos días agardando que a choiva nos dera unha tregua, xa estabamos impacientes por gozar dunha xornada especial. Os cestiños levaban tempo preparados nas aulas e os nenos e nenas tiñan todos os detalles a punto. Así, cando chegou a hora, xuntámonos tod@s no patio dispostos a pasalo de marabilla.Alfonso e a profe Emma encargáronse da fogueira e de asar as castañas: Mentras eles cociñaban, nós fixemos unha morea de xogos nos que as castañas eran protagonistas. O alumnado de primeiro e segundo xogaron ao "tragacastañas", "carreiras de culleres"... O alumnado de terceiro e cuarto non parou: xogaron ao "castaña-cesto", "baile castañeiro", "quen ten a castaña?"... Os nenos e nenas de quinto e sexto tamén brincaron, correron e axudaron aos peques: E a rapazada de E. Infantil estaba radiante, superguap@s coas súas coroas de castañas luminosas: E despois de moito xogar, saboreamos as riquísimas castañas. PASÁMOLO XENIAL!!
Para ver o álbum de fotos completo preme AQUÍ
Tamén podes pasear polas diferentes páxinas do cole: Kangurines, O curruncho do 1º ciclo, Mi aula e Mestres Goldar |
|
|
|
O 25 DE NOVEMBRO, NÓS TAMÉN DAMOS A CARA |
|
Hoxe, o alumnado do centro recibiu nas aulas unha visita que sempre é moi celebrada polos nenos e nenas. Sabedes quen?? Pois claro!, era MIK, vestido de científico-investigador, como corresponde este ano, que viña acompañado por Luciña para facernos unha proposta chulísima. Co gallo da celebración do 25 de novembro pola igualdade de xénero, imos facer... un SPOT PUBLICITARIO!!, baseándonos nun que sae pola tele e que nos gusta moito. O noso lema da campaña será "Polas mulleres-luz da miña vida, EU DOU A CARA!!" Primeiro temos que completar un cartaz cun nome de muller que ilumina as nosas vidas. Seguro que tod@s temos moitas, pero hai que escoller unha e explicar as razóns da nosa elección. Vai ser emocionante!! Despois seremos actores e actrices de publicidade e teremos que aprender un pequeno guion para que todo saia ben. Vai ser fantástico!!! GRAZAS, MIK e LUCIÑA!! ENCANTOUNOS ESTA IDEA!!
Aquí tendes o alumnado de cuarto no momento de chegaren á aula os nosos estupendos amiguiños. Celia, como responsable do día, foi a encargada de ler as mensaxes. Logo fixeron un pouco de debate sobre o que entendían por mulleres-luz ou mulleres que ilumnan as nosas vidas, tamén se expresaron sobre o que significa "dar a cara" por alguén. Foi un coloquio moi proveitoso. PARABÉNS!! PODES VER OS CARTACES QUE IMOS EMPREGAR: CONVOCATORIA - CARTAZ1 - CARTAZ2 - CARTAZ3 PODES VER MÁIS FOTOS AQUÍ |
|
|
|
|
|
|