|
|
PENSA QUE TE PENSA... |
|
Ola, colegas!! Hoxe veño propoñervos un xogo: poñede a traballar o cerebro e tentade averiguar a solución das ADIVIÑAS que aparecerán no Recanto. Se es un bo "adiviñador/a" e consegues ser o primeir@ en dar coa resposta gañarás UN Mikopunto. Estade moi atent@s porque o xogo comeza a semana que ven.
Xa sabes, ánimo e... a cavilar!! Ah!!, non esquezas poñer o teu nome, apelido e curso no teu comentario coa resposta.
Preme na imaxe de abaixo para ver a convocatoria do concurso e as distintas modalidades nas que podes participar:
|
|
|
|
SESIÓN SEMANAL NA BIBLIOTECA |
|
Hoxe, na biblioteca, o alumnado de terceiro de EP fai as súas tarefas:
FORMACIÓN DE USUARIOS/AS: as clases da CDU
ESCOLLENDO LECTURAS: FACENDO PRÉSTAMO:
|
|
|
|
25 DE NOVEMBRO: DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO |
|
Because I am a Girl é unha campaña que ten como obxectivo transformar as vidas das nenas mais pobres do mundo. O acceso das nenas á educación e aos dereitos serán os piares que sosteñan a desaparición da pobreza e discriminación no que se atopan as rapazas en moitos países do mundo:
Pero a música e as cancións tamén son un bo xeito de reivindicar os dereitos:
Tamén podedes ler o libro A HISTORIA DOS BONOBOS CON LENTES, un libro para reflexionar que nos chega desde Blogesquío
Atoparás moitos recursos para traballar arredor desta data no panel lateral, baixo o epígrafe:
IGUALDADE - COEDUCACIÓN |
|
|
|
REUNIÓN DE AXUDANTES DA BIBLIOTECA |
|
Hoxe, durante o tempo do recreo, os axudantes da biblioteca deste curso tiveron a reunión previa ao comezo das quendas de colaboración na biblio. Asistiron todos os voluntarios/as de 4º, 5º e 6º e lembraron as normas e "obrigas" do seu compromiso, explicouse o contido da GUÍA DE AXUDANTES, fixeron prácticas de colocación de libros nos andeis e resolveron todas as dúbidas que foron xurdindo. Non nos queda máis que agradecerlles a súa xenerosidade ao renunciar ao seu tempo de lecer para axudar aos seus compañeiros e compañeiras. MOITAS GRAZAS E BOA ANDAINA!!!
|
|
|
|
RIQUÍSIMA CASTAÑA!!! |
|
Xa empezamos a gozar dos resultados dos traballos do alumnado arredor do proxecto documental de centro sobre A ALIMENTACIÓN. Nesta ocasión tivemos a sorte de degustar as saborosas sobremesas elaboradas polos nenos e nenas do primeiro ciclo axudados polas súas familias. Primeiro recolleron as receitas e despois "meteron as mans en fariña" para conseguir uns exquisitos pratos cos que fixeron una "tentadora" exposición. Por suposto, rematou a experiencia comendo a fartar e convidando á festa gastronómica aos compañeiros e compañeiras dos outros cursos. GRAZAS, RAPACES!!! Estaba todo RIQUÍIIIIISIMO!!! Se queres ver máis FOTOS preme AQUÍ.
Tendes máis información e fotos no Curruncho do 1º ciclo |
|
|
|
NA BIBLIOTECA... |
|
O alumnado de terceiro de EP cóntanos a súa experiencia na biblioteca:
Hoxe baixamos por primeira vez á biblioteca para facer préstamo de libros e traballar no noso caderno de pescudas sobre os animais. Xa sabemos que para atopar libros sobre o tema que nos interesa temos que acudir ao andel que ten o número 5 e debemos utilizar os marcadores para que poidamos recolocar os libros sen confundirnos de lugar. Deste xeito asegurámonos de que todos seguen na orde que lles corresponde e que non haberá problema para atopalos de novo.
Así, mentres uns/unhas buscaban lecturas para levar...
... outros/as achegábanse ao andel do número 5 para seleccionar materiais de consulta: Os demáis traballaban no caderno, lían, consultaban... Queres ver máis fotos? Preme AQUÍ |
|
|
|
PRÉSTAMO ENTRE FAMILIAS 13/14 |
|
Desde o 24 de outubro está funcionando o servizo de préstamo entre familias con fondos que achegan voluntariamente as propias familias. Xa temos arredor de 50 títulos que podedes consultar na páxina web creada para tal fin, pero agardamos que sigades colaborando achegando novos libros para que tod@s poidades atopar lecturas do voso agrado. Tamén podedes consultar as normas ou facer a vosa solicitude de préstamo cubrindo o formulario nesta mesma páxina.
Así loce o noso recuncho para familias lectoras:
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!! |
|
|
|
QUERES SER AXUDANTE DA BIBLIOTECA?? |
|
QUERES SER AXUDANTE DA BIBLIOTECA? Desde o luns, día 11 estamos recibindo solicitudes para formar parte do equipo de axudantes da biblioteca. Xa hai moitos candidatos pero aínda estás a tempo de presentarte ti tamén xa que o prazo estará aberto durante toda esta semana. Só tes que seguir as instrucións que atoparás nas fichas que están á túa disposición na biblioteca... ... igual que fixeron Mario e Lorena: ANÍMASTE?!! Pois xa podes ir lendo a túa GUÍA DE AXUDANTES!!
|
|
|
|
A LECTURA TAMÉN ALIMENTA |
|
O álbum que vos deixo aquí é froito da creatividade dos nenos e nenas do terceiro ciclo de EP do Ceip Mestres Goldar de Vigo.
Arredor do PDI deste ano, A ALIMENTACIÓN, xiran moitas das actividades que se levan a cabo no centro. Esta é una delas: versionar ao noso MIK adaptando vestiario, actividade e obxectos de acordo co tema que estamos a traballar. E así naceu este libriño que titulamos ?A LECTURA TAMÉN ALIMENTA?
Agardo que vos guste tanto como a min.
|
|
|
|
O CLARO DO BOSQUE |
|
Aquí vos deixo un conto precioso que lemos todos xuntos o día que celebramos a reapertura da nosa biblioteca. Despois levámolo para a casa para lelo de novo coa nosa familia. Tamén fixemos debuxos inspirados nesta lectura xa que no noso cole somos estupendos ilustradores e ilustradoras. Este é o traballo de Denís Ignacio, de 3º de EP. A que é moi bonito?!
|
|
|
|
|
|
|