O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

OING, OING!!
No noso grupo de Bibliokolegas temos a sorte de contar co talento de Almudena Janeiro, quen nos agasallou na última xuntanza cunha fermosa primicia: unha nova canción, esta vez arredor do conto de Anthony Browne, 'O libro dos porcos. Como xa nos ten demostrado, a música e os libros fan unha fantástica mestura polo que ao goce de ler engadímoslle o gusto de escoitar e mesmo de cantar. Velaí unha saborosa receita: Contos en cantos, a primeira obra da nosa compañeira, que nos fixo disfrutar de moi bos momentos a pequenos e a grandes.
E gracias á súa xenerosidade agora temos esta nova canción que conta, nun tono acorde ao público que vai dirixida, unha historia para a reflexión, que nos axudará na inexcusable tarefa de educar para a igualdade.
Aquí está:



Podes ler
AQUÍ a letra desta divertida canción.A QUE MOLA?

GRACIAS, ALMUDENA!!!

E a continuación podes ler o conto nunha atractiva presentación realizada por
bibliobeade:


Comentarios (1) - Sección: 25 Novembro - Igualdade - Coeducación - Publicado o 30-11-2010 01:41
# Ligazón permanente a este artigo
A OCA DA IGUALDADE


MÁIS RECURSOS

Comentarios (4) - Sección: Tics - Recursos - Xogos - Publicado o 26-11-2010 20:03
# Ligazón permanente a este artigo
EU COIDO DE TI
Un suxestivo cartaz para rexeitar unha terrible lacra social




Este foi o cartel gañador do concurso convocado pola Concellería de Igualdade, elexido entre as 16 propostas presentadas, e cuxa autora é Mónica Bar Cendón. Respecto aos criterios que se tiveron en conta para escoller o cartel gañador, titulado ?Eu coido de ti?, a concelleira de Igualdade mencionou a súa calidade e orixinalidade, a transmisión dos valores da igualdade e a non violencia, que fuxise de ?imaxes tétricas? e que non só puxese o foco na vítima, senón tamén no agresor. Explicou tamén que os carteis presentados deberían incluír o lema da convocatoria deste ano ?Non o ignores, non o xustifiques, non o escondas?.
Atoparalo espallado polas rúas da nosa cidade. Deteñámonos a pensar.


IGUALDADE - COEDUCACIÓN

Comentarios (0) - Sección: 25 Novembro - Igualdade - Coeducación - Publicado o 26-11-2010 20:03
# Ligazón permanente a este artigo
COEDUCACIÓN: UN CONTO E UNHA WEBQUEST
ROSA CARAMELO, un conto para reflexionar sobre as actitudes manifestamente discriminatorias coas nenas e a posibilidade de acabar con ese tipo de comportamentos (clic na imaxe):

E unha webquest para traballar a coeducación co alumnado de infantil e 1º ciclo de Primaria:


MÁIS RECURSOS:

Comentarios (0) - Sección: 25 Novembro - Igualdade - Coeducación - Publicado o 25-11-2010 00:10
# Ligazón permanente a este artigo
¡MÚSICA, MAESTRO!
Cada 22 de novembro celébrase en todo o mundo a festa de Santa Cecilia, patroa da Música, en conmemoración do día do seu nacemento. Santa Cecilia morreu no ano 230, condenada polo alcalde de Roma, Almaquio, quen tentou sen éxito persuadila de renegar da súa fe.
No ano 1594 foi nomeada patroa da música polo Papa Gregorio XIII e, a través dos séculos, a súa figura permaneceu vencellada á música polo seu espírito sensible e apaixoado por esta arte.

A música é unha fermosa linguaxe universal que lle fala aos corazóns e aos sentimentos, polo que non ten límites nin fronteiras. A música está presente na vida e na natureza e, por suposto, nos libros. Aquí tes algúns exemplos. Pasa pola biblioteca e poderás comprobalo:
AS CLASES DE TUBA

As clases de Tuba é un álbum ilustrado que, sen apenas palabras, narra unha emocionante historia, na que teñen cabida o humor, a música e a aventura.

OS CATRO AMIGOS
Un burro, un can, un gato e un galo son os protagonistas deste relato dos irmáns Grimm que anima a non decaer malia as dificultades, porque sempre haberá oportunidades para saír adiante.

SOFÍA, LA VACA QUE AMABA LA MÚSICA. Geoffroy de Pennart. Ed. Corimbo


Unha vaca tamén pode ser unha gran concertista. Iso pretende Sofía, movida pola convocatoria dun concurso, percorrendo todas as orquestas da cidade, coa frustración de non atopar onde a admitan. A única solución será montarse pola súa conta.

MELODÍA EN LA CIUDAD.
Benjamín Lacombe. Ed. Edelvives.

Coa chegada do circo á cidade, o mozo Alejandro descobre que existe un mundo máxico, cheo de cor e de alegría, moi diferente do que coñece. Elena, a bela xitana andaluza, introducirao nos carreiros do circo, onde Alejandro descubrirá dentro de si un talento innato que se mantiña oculto até entón.

A ORQUESTRA DE CLARA.
Elisa Ramón. Il. Roger Olmos. Ed. Tambre.

Clara criouse entre música, instrumentos e partituras. Tocar a trompeta é o que mais lle presta, e sabe dende cativa que esa arte chega ao fondo do corazón e axuda a compartir a alegria. Está convencida de que a música esperta os sentimentos mais nobres e é quen de facer esvaecer alguns dos problemas que hai no mundo.

MOZART
Wolfgang Amadeus Mozart
Yann Walcker
Ed. Combel
A infancia e os primeiros pasos no mundo da música deste músico xenial.

A BANDA DE VILACENDOI
Gayoso, Xulio
Kalandraka, 2006



A FRAUTA MÁXICA
Editorial: Kalandraka
Fantasía, emoción e aventuras para conmemorar o 250 aniversario do nacemento de Mozart, coa edición adaptada dunha das súas obras mestras, creada polo xenio de Salzburgo para transportarnos ata un mundo de cabaleiros, dragóns e princesas.

¿E que pensabas, eh? ¡Eu tamén son un namorado da música!


Comentarios (2) - Sección: Efemérides - Datas - Conmemoracións - Publicado o 22-11-2010 21:47
# Ligazón permanente a este artigo
UNHA VEZ MÁIS...
Unha imaxe que fai pensar...

Comentarios (1) - Sección: Dereitos humanos - Infancia - Valores - Publicado o 22-11-2010 00:20
# Ligazón permanente a este artigo
¿CAL CHE GUSTA MÁIS?
Hai xa algún tempo, co motivo da celebración do Día da Paz, atopei un impresionante documento sobre os prexuízos raciais. Penso que tamén nestas datas pode servirnos para a reflexión e o debate nas aulas:



Comentarios (2) - Sección: Dereitos humanos - Infancia - Valores - Publicado o 21-11-2010 20:41
# Ligazón permanente a este artigo
DEREITOS DA INFANCIA - RECURSOS
O 20 de novembro conmemórase a data en que a Asemblea Xeral aprobou a Declaración sobre os Dereitos do Neno en 1959 e a Convención sobre os Dereitos do Neno en 1989. Por iso, o 20 de novembro pasou a ser o Día Universal dos Nenos e as Nenas.
Aquí tes aos Lunis cantando os teus dereitos:



Na páxina web de Rayuela atoparás textos, contos e xogos para traballar todos e cada un dos Dereitos dos nenos e as nenas. Para aprender divertíndonos! Bótalle unha ollada, merece a pena:


A continuación, varias páxinas de recursos que nos poden ser útiles nas aulas para traballar valores e contidos transversais:


DEREITOS HUMANOS - VALORES - INFANCIA

COEDUCACIÓN - IGUALDADE DE XÉNERO
Comentarios (5) - Sección: Recursos - Materiais - Publicado o 20-11-2010 11:48
# Ligazón permanente a este artigo
CAZA O GAZAPO
¿Considéraste desas persoas que as pilla todas, que non deixan escapar unha "pifia" por ben camuflada que estea? ¿Gústache expresarte con propiedade e claridade? Pois ponte a proba con este recurso interactivo para a identificación e corrección de erros expresivos (erratas, ambigüidades, fallos ortográficos, léxicos, sintácticos, de puntuación?) de trinta textos con tres niveis de dificultade: Terceiro Ciclo de Primaria, ESO e Bacharelato.



A la caza del gazapo
Visto en Leer.es
Comentarios (0) - Sección: Recursos - Materiais - Publicado o 19-11-2010 22:11
# Ligazón permanente a este artigo
PRÉSTAMO ENTRE FAMILIAS
Como xa sabedes, desde o mes de outubro está funcionando a actividade de promoción da lectura "Préstamo entre familias", que comezou a súa andaina o curso pasado. Queremos agradecer o apoio, a participación e a colaboración que sempre nos proporcionades en todas as propostas que parten do centro. Hoxe, en especial, queremos enviar a nosa gratitude a todas as familias que xenerosamente poñen a disposición da comunidade educativa os exemplares dos que poderemos disfrutar durante todo o curso e que constitúen un interesante abano de temas, autores e épocas, entre os que facilmente atoparemos o libro que se axusta aos nosos gustos e intereses.
No panel lateral deste blog, na sección "PRÉSTAMO ENTRE FAMILIAS", atoparedes toda a información sobre a actividade, podedes consultar o catálogo de fondos dispoñibles e mesmo realizar a solicitude de préstamo online. Tamén podedes facer partícipes aos vosos fillos e fillas cursando a solicitude a través deles.
Esperamos que esta iniciativa sexa do voso agrado e sirva para facer da lectura un acto cotián, que estea presente no noso tempo de lecer e na nosa vida.



¡¡MOITAS GRAZAS!!
Comentarios (0) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 18-11-2010 01:13
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0