Grazas a Darabuc descubrín este fantástico vídeo no que José Antonio López Parreño(Rodorín), conta a historia de A ratiña fachendosa con campaíñas e outros obxectos de madeira con música. Pablo Mestre ilustrou o álbum editado por Kalandraka en 2002 con fotografías dos mesmos obxectos usados na narración.
Por fin veu visitarnos A Maga da Selva! Xa o tentara varias veces, pero sempre aconteceu algo. Nunha ocasión Ikki, o ourizo traveso, agochoulle as gafas, e noutra vez, a pobre, colleu a gripe? pero, por fin, a semana pasada veu á nosa clase e cambiou a cor da auga, converteunos en animais e deixounos unha sorpresa como agasallo. GRAZAS, MAGA DA SELVA!!
Para empezar a formación de usuarios en Educación Infantil nada mellor que cantar e bailar. Para as primeiras visitas á biblioteca dos máis peques do cole:
¿GUSTOUVOS? POIS MAÑÁ IMOS LER, CONTAR, CANTAR E BAILAR NA BIBLIOTECA!
(Preme na imaxe se queres XOGAR e AQUÍ para facer divertidas actividades)
Neste día para a reflexión, o alumnado do 1º e do 2º ciclo de Primaria acudiu á biblioteca para participar nunha actividade de concienciación ante unha terrible realidade que sufren algunhas persoas: a violencia de xénero.
Despois de cantar a canción de Andaluna e Samir, viron o conto "Una feliz catástrofe" que serviu de introdución a un coloquio no que se falou de igualdade, de familias, de colaborar... Todos/as querían intervir para expresar a súa opinión ou contar as súas vivencias.
Sorprende o atinado dalgúns comentarios e a claridade e convencemento con que moitos deles expoñen o seu punto de vista.
Resultou unha sesión moi proveitosa na que tod@s puideron manifestar o seu propósito de traballar a favor da igualdade de xénero.
25DENOVEMBRO: NONÁVIOLENCIADEXÉNERO Con este símbolo que nos chega dende o Ceip de Pazos, as bibliotecas escolares de Galicia queremos expresar o noso máis profundo rexeitamento ante calquera actitude violenta ou discriminatoria por razóns de sexo ou de calquera outro tipo. Vivir e educar en igualdade é a base dunha sociedade máis xusta.
Webquest pensada para Terceiro Ciclo de Primaria co obxectivo de traballar e reflexionar sobre a violencia contra as mulleres aproveitando a celebración do 25 de novembro: Día Internacional contra a violencia de xénero.A orixe do 25 de Novembro, Día Internacional da Non Violencia Contra a Muller, remítenos á historia de Patria, Minerva e María Teresa Mirabal, tres loitadoras sociais que son un símbolo indiscutible da valentía das mulleres. Coñece a súa historia:
A Declaración dos Dereitos do Neno foi aprobada pola ONU en 1959. Esta Declaración baséase na Declaración Universal dos Dereitos Humanos, adaptando estes Dereitos ás necesidades dos nenos/as.
Trinta anos máis tarde, en 1989, despois de varios anos de reflexión e debate, adoptouse a Convención sobre os Dereitos do Neno, fundándose en novos principios. Esta Convención é a que segue en vigor actualmente.
Na Declaración dos Dereitos do Neno agrúpanse dez dereitos que cada neno/a ten ao nacer e que non se lle poden quitar: pica aquípara descubrir a visión de Mafalda.
Se che interesa este tema, non dubides en consultar a páxina da UNICEF.
A editorial Fineo e a Asociación RANA (Red de Axuda a Nenos Abusados) puxeron en marcha un programa educativo dirixido a escolas e colexios de educación primaria denominado Grita muy fuerte: proteger la infancia es responsabilidad de todos, e que nace co conto ?¡Estela, grita muy fuerte!? de Isabel Olid e Martina Vanda. Eles mesmos presentan así o seu proxecto:
"Este programa nació a raíz del cuento infantil ?¡Estela, grita muy fuerte!? de Isabel Olid y Martina Vanda y lo desarrollamos porque creemos que la educación y la prevención son la única manera de erradicar cualquier tipo de violencia. Consideramos que tanto los malos tratos como el abuso sexual infantil son problemas de la comunidad, es decir, son serios problemas colectivos. La pagina web de apoyo es http://www.gritamuyfuerte.com/ y queremos invitar a educadores, padres, madres y ciudadanos en general a colaborar en este programa."
Todas as iniciativas a favor dos dereitos da infancia son necesarias. Educar é o mellor xeito de protexer do abuso sexual infantil, un dos actos máis degradantes dos que é capaz o ser humano.
UNA FELIZ CATÁSTROFE: este conto é unha boa ferramenta didáctica para axudar aos nenos e nenas a reflexionar sobre la desigualdade do reparto das tarefas domésticas.
ROSA CARAMELO Para reflexionar sobre as actitudes manifestamente discriminatorias coas nenas e a posibilidade de acabar con ese tipo de comportamentos