|
|
VIAXANDO... |
|
Aprende Xeografía de España ao mesmo tempo que te divirtes. Xoga cun compañeiro/a e averiguade quen de vós pode viaxar polo país sen perderse...
(Actividades flash elaboradas por Enrique Alonso)

COMO SE CHAMA?

ONDE ESTÁ?

PUZZLE
|
|
|
|
O XARDÍN ENCANTADO |
|
Xa nos gustaría a nós ter un xardín como o de Antía, de 5º de EP !!
No seguinte relato ela explícanos por que o seu xardín é tan especial ao mesmo tempo que llo conta ao seu amigo Luis. Le con atención e verás como tamén che gustaría poder disfrutar dunha paisaxe primaveral en calquera estación do ano...
(Para ler preme na imaxe)
|
|
|
|
CONTOS QUE VEÑEN A CONTO... |
|
CONTOS PARA A IGUALDADE
Con esta colección pretendemos romper coa tendencia nos contos infantís de asignar roles estereotipados a nenos e nenas, que condicionan a capacidade de soñar sen límites no propio futuro, de imaxinar un mundo de igualdade entre homes e mulleres. (Nota da editorial)
Xela volveuse vampira!!
Fina Casalderrey
Ilustradora: Noemí López
Ed: Baía

Un día de treboada
María de Mata
Ilustración: Mariana Riestra
Ed: Baía Edicións
Argumento:
Unha terrible treboada ameaza unha aldea galega. A intervención da nai de Aldara axudará a salvar a situación e provocará importantes cambios nas relacións entre os seus habitantes.
BÚSCAOS NA BIBLIOTECA!!
(25 DE NOVEMBRO: día contra a violencia de xénero)
|
|
|
|
EL MONSTRUO Y LA BIBLIOTECARIA |
|

El monstruo y la bibliotecaria
Alfredo Gómez Cerdá
Editorial: Edelvives
Ilustradora: Carmen Queralt
Este monstro monstroso, que non se parece a outros monstros e que se asusta nas grandes cidades, vai vivir a Albacete. Pero non contou coa calor do verán, que tampouco soporta, e por iso decide meterse nun aparello de aire acondicionado que acaba instalado nunha biblioteca. Aquilo cambiou a vida do monstro e os lectores e lectoras sabemos que nunha biblioteca poden pasar miles de cousas, ata atopar a un monstro que conta contos diante dunha bibliotecaria que o mira abraiada...
Disfruta desta bonita historia de amor, humor e bibliotecas!!
XA O TÉS NA BIBLIOTECA DO COLE!!
|
|
|
|
25 de NOVEMBRO: RECIBÍ FLORES HOY... |
|
Un número terribleNo que vai de ano morreron 69 mulleres víctimas da violencia machista, segundo os datos da Delegación do Goberno contra a violencia sobre a muller
PORQUE OS ALOUMIÑOS NUNCA PRODUCEN FERIDAS...
NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO!!
|
|
|
|
20 DE NOVEMBRO: DEREITOS DA INFANCIA |
|

O próximo 20 de novembro celébrase o Día Internacional dos Dereitos da Infancia proclamados en 1959 na Asamblea Xeral da ONU. Esta é unha desas datas que nos gustaría que non fosen necesarias pero, por desgraza, os números describen unha triste realidade:
- Máis de un millón de menores atópanse en cárceres e nalgúns casos son condeados a pena de morte
- Máis de 1,2 millóns de nenos e nenas son víctimas de tráfico de seres humanos e son explotados laboral e sexualmente.
- Arredor de 300.000 nenos foron reclutados para os conflictos armados nalgúns países
-Arredor de 2 millóns de nenas sufren mutilacións xenitais cada ano ...
O 20 de novembro de 1959 na Asemblea Xeral da ONU foi aprobada a Declaración Universal dos Dereitos da Infancia, que constaba de 10 principios, concretando para os nenos e nenas os dereitos contemplados na Declaración Universal de Dereitos Humanos. En 1990 a lei foi asinada por todos os países do mundo agás Somalia e EEUU
No panel lateral, en RECURSOS EDUCATIVOS (Temáticos), podes atopar algunhas páxinas interesantes para aprender máis sobre esta data
APROVEITA PARA LER:

|
|
|
|
MAGOSTO |
|
O luns, día 10, celebramos o magosto no cole. Xa estabamos impacientes porque na semana anterior o mal tempo obligounos a aplazalo. Pero neste día todo estaba a favor: lucía o sol a había unhas ganas tremendas de pasalo ben. Como disfrutamos cos xogos, coas cancións e, por suposto, comendo castañas a fartar!! E marchamos para casa moi content@s e algúns moi favorecidos coa súa "maquillaxe"...
Se queres ver máis fotos preme na imaxe de abaixo:
|
|
|
|
QUE TAL COS NÚMEROS? |
|
Xa probaches coas palabras? Pois inténtao agora cos números...
Escolle o grao de dificultade e o tipo de operacións que queres realizar e comproba qué es capaz de facer nun minuto...
Non te desanimes pois cantos máis intentos máis rápid@ irás e despois compite cun compañeir@ ou mesmo con alguén da túa familia.
(Para xogar preme na imaxe)

Recurso educativo elaborado a través do Convenio Internet en el Aula,
entre eo MEC e as comunidades autónomas.
|
|
|
|
A RULETA DAS PALABRAS... |
|

Grazas a Tolinha descubrín este xogo de vocabulario para 3º ciclo de Primaria (ou mesmo para algúns máis grandiños/as...) Podes xogar con ou sen límite de tempo.
Anímate a xogar e demostra que non hai palabra que se che resista (podes pedir axuda a algunha persoa da familia. Ah, e ollo coas faltas de ortografía!):
(Preme na imaxe para xogar)
Actividade elaborada polo Ceip El Olivo de Mairena (Sevilla)
|
|
|
|
NON HAI TEMPO QUE PERDER... |
|

Na era da información non hai tempo que perder, nunca é pronto para empezar, é preciso estar ao día...!!
|
|
|
|
|
|
|