Dentro das actividades programadas dentro do noso proxecto documental, o alumnado de 3º e 4º de EP estivo hoxe no Centro de Visitantes Cambón, onde gozaron dunha magnífica experiencia que os achegou aos tesouros naturais que acolle o Parque Nacional das Illas Atlánticas. As tres monitoras que atenderon aos nenos e nenas fixeron un estupendo traballo propoñendo xogos e actividades moi interesantes arredor dos diferentes núcleos de información sobre os arquipélagos. PARABÉNS e MOITAS GRAZAS por descubrirnos un mundo marabilloso
Aínda andamos co regusto da festa de reapertura da biblioteca no DíA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES e xa andamos metidos na celebración do OUTONO do SAMAÍN e do MAGOSTO.
Como sabedes, podedes acudir á nosa recompilación de recursos clicando abaixo e nas imaxes que aparecen no panel lateral:
Tamén nos chegan interesantes propostas desde os blogues Ghafos e Campolongoteca:
Como vos contei en entradas anteriores, o rockeiro Joao Tomba foi convidado a participar na nosa festa da biblioteca. Unha vez máis, queremos agradecerlle que xenerosamente nos brindase o seu tempo, a súa música e o seu bo facer. MOITAS GRAZAS!!!
Aquí está a magnífica actuación da rockeira Banda do Pupas, formada polo alumnado de 6º de EI, na festa de reapertura da biblioteca. Espléndida a súa actuación en solitario como "teloneiros" de Joao Tomba e fantásticos como músicos acompañantes de Joao. PARABÉNS, pequenos-grandes rockeiros!!!
Aquí están os fantásticos traballos que fixestes en colaboración coas vosas familias. Moitísimas grazas a tod@s polo voso entusiasmo e a vosa implicación nas propostas da biblio. A vosa colaboración e o voso apoio dános pulo para seguir traballando co obxectivo de conseguir que a lectura sexa un valor fundamental na vida dos nosos nenos e nenas.
FAN-TÁS-TI-CO!!!! Pois si, a festa de reapertura da nosa biblio resultou unha experiencia inesquecible. Alumnado e profesorado gozamos dunha xornada chea de actividades superdivertidas e moi emocionantes. Como todos os anos, o salón de actos convertiuse nun lugar cheo de maxia onde celebramos con enorme ilusión unha nova andaina ao abeiro da nosa querida biblioteca. No marco do PDI deste curso sobre a nosa cidade, "Vigo, un mar de música" foi o lema que presidiu o escenario onde se desenvolveu o espectáculo "ROCK EN VIGO" que protagonizaron JOAO TOMBA e a BANDA DO PUPAS.
Moitísimas grazas ao papá de Kepa e Igor, que sempre está disposto a axudarnos e que nos facilitou contar coa música do artista rockeiro Joao Tomba. Por suposto, agradecemos tamén a colaboración das familias que nos achegaron os instrumentos que necesitamos para a espléndida actuación da Banda do Pupas. E un enorme bico ratuno e unha agarimosa aperta do noso alumnado para AID, unha xenerosa rapeira viguesa que nos enviou o seu saúdo e as súas preciosas rimas desde Los Angeles (EEUU).
A continuación, unha pequena mostra do que aconteceu no día de hoxe, que foi moito e moi bo. Proximamente, vídeos e moitas fotos para lembrar un día marabilloso. Ao longo da mañá, todos os grupos de alumnado baixaron á biblioteca onde atoparon varias exposicións: mesa de novidades (últimas adquisicións de libros e materiais para incorporar aos fondos da biblio), exposición temática (libros e materiais sobre Vigo) e exposición de traballos en 3D sobre Vigo (que completaban a exposición dos corredores da entrada, na que se poden admirar moitos recunchos de Vigo recreados pola imaxinación do alumnado e as súas familias). Despois do percorrido cada grupo recolleu as mochilas viaxeiras que mañá empezarán a circular polos fogares.
Ademáis, o alumnado de 1º de EP e o de nova incorporación ao centro recibiron o carné e a carpeta da biblioteca.
Antes de marchar aínda os agardaba unha magnífica sorpresa que emocionou a tod@s: a videomensaxe de AID que incluía un fermoso rap. Despois de escoitala atentamente, algúns animáronse a bailar:
Para rematar a visita dun xeito moi doce, tod@s recibiron una piruleta de parte de MIK:
QUE VOS PARECEU? GUSTOUVOS? Pois mañá contareivos máis cousas e traereivos todos os detalles da actuación musical de Joao Tomba e a súa banda. De momento, xa temos bastantes fotos AQUÍ e AQUÍ, pero iremos engadindo máis. ATA MAÑÁ!!! Moitos PARABÉNS a tod@s e moitos bicos ratunos!!!
Xa está todo listo para o gran día!! Mañá celebraremos o Día das Bibliotecas Escolares e reabriremos as portas da nosa biblio para toda a comunidade educativa. Este ano temos un PROGRAMA superdivertido co que gozaremos das actividades que MIK nos ten preparadas. ESTAMOS IMPACIENTES!!
Por certo, Joao está encantado de compartir con nós a súa música rockeira!!
Aquí están dous estupendos xornalistas do TRÉCOLA.COM que nos presentan o Proxecto Documental de Centro que este ano será o eixe das nosas investigación e aprendizaxes:
Grazas aos nosos estupendos xornalistas xa temos a primeira edición deste curso do telexornal da biblioteca: o TRÉCOLA.COM
O alumnado de terceiro preparou dúas noticias sobre actividades que se levarán a cabo nos vindeiros días. Aquí está a primeira:
E como din os presentadores: ESTADE ATENTOS AS PRÓXIMAS EDICIÓNS!!
A semana pasada recibimos nas aulas unha carta de MIK!!! A verdade é que estamos un pouco preocupados porque non sabemos onde está nin que anda argallando. Non o atopamos pola biblioteca nin o temos visto polo cole facendo das súas falcatrúas. Xa estamos desexando que chegue o Día das Bibliotecas Escolares pois na súa carta falábanos de moitas sorpresas superdivertidas. Agardamos que para ese momento el xa estea de regreso de quen sabe onde e que a festa de reapertura da biblio sexa tan chula como nos anos anteriores. Claro que vós e as vosas familias tamén teredes que colaborar e facer esa tarefa "vigorizante" que vos encomendou o noso ratiño. Seguro que serán uns traballos fantásticos!!!
Aquí tendes algunhas fotos
Se queredes ler de novo a carta de MIK e as normas para participar na convocatoria, facede clic nas imaxes de abaixo