Non sabedes que facer nun día chuvioso e sen cole como o de hoxe? Aquí tendes unha idea: facede un marcapáxinas monstroso seguindo as instrucións que se explican AQUÍ e despois... aLER!!
Por fin aquí tendes a terceira e última entrega de cartaces que o noso alumnado elaborou en colaboración coas súas familias co motivo da celebración do Día das Bibliotecas Escolares. Novamente,MOITASGRAZASATOD@S!!
LER, un deporte para tod@s III on PhotoPeach
Se queres ver a totalidade dos traballos preme na imaxe seguinte:
"LER,undeporteparatod@s" Con este lema, o martes vivimos no noso cole unha xornada especial na que celebramos o Día das Bibliotecas Escolares e reabrimos a nosa biblioteca a toda a comunidade educativa. Nos días previos todas as titorías e as familias do noso alumnado recibiron unha carta de MIK para encomendarlles unha tarefa "moi deportiva" (VER). Como xa ven sendo habitual, a resposta foi masiva e os traballos presentados resultaron ESPECTACULARES. Con todos eles fixemos unha exposición que decora o vestíbulo e os corredores da zona de entrada á biblioteca. O mural da parede, cartaces nos paneis e moitos globos contribuíron a crear un ambiente de festa que convidaba a practicar un dos nosos deportes favoritos, A LECTURA.
Como o prometido é deuda, aquí vos deixo a segunda entrega desa colección de magníficos traballos que elaborastes xunto coas vosas familias. Pronto teredes tamén a crónica do día da reapertura da biblioteca. ESTADE ATENT@S!!
Mañá será un día moi especial no noso cole xa que reabriremos a biblioteca a toda a comunidade educativa e celebraremos o Día Internacional das Bibliotecas Escolares (clic aquí para ver o programa). Ao longo deste mes, o noso alumnado, en colaboración coas familias, contribuiu á festa coa elaboración duns magníficos cartaces que ilustran o lema da nosa campaña de fomento da lectura "LER, un deporte para tod@s", alusiva ao tema do proxecto documental integrado do centro: Os xogos olímpicos. Novamente, a creatividade e a orixinalidade espalláronse polos corredores do vestíbulo nunha exposición de traballos que causan admiración e que recomendamos enormemente que non deixedes de visitar. Iremos traendo a este recanto algunhas fotos, para todas aquelas persoas que non poidan pasar polo cole. Queremos aproveitar para agradecer ás familias a súa constante colaboración e a súa numerosísima participación nesta proposta. MOITASGRAZAS!!! E como seguro que moitos de vós xa o estades desexando aquí vos deixo a primeira entrega dunha fermosa colección de esforzos e de moito entusiasmo:
Para celebrarmos o Día da biblioteca (24 de outubro), o mes da biblioteca escolar (segundo convocatoria da IASL), un curso máis, a Consellería de Educación edita un cartaz cunha imaxe dun autor galego. Nesta ocasión, Emma Ríos, ilustradora do mundo do cómic, interpreta o lema proposto, Biblioteca escolar, última xeración, e ofrécenos unha visión alegre e cómplice do que son e poden ser as bibliotecas escolares: lugares de encontro e de convivencia, espazos de aprendizaxe e de contacto gozoso coa cultura escrita; integración dos distintos soportes e formatos que albergan a información e os contidos culturais, oportunidades para soñar e imaxinar; apoio para a adquisición de competencias básicas e construción de coñecementos de calquera tipo; escolas de cidadanía. As bibliotecas escolares están xa inmersas en proxectos e actividades porque, por moi escuro que sexa o futuro, nas nosas bibliotecas non se deixa de soñar. (De Asesoría de Bibliotecas Escolares Galegas)
Onte, 22 de outubro, nun acto celebrado en Vigo, baixo o lema Eis o canto eterno dunha terra, recollido dun verso de Lois Pereiro, foron entregados os Premios da Crítica Galicia 2011, cos que se pretende poñer de manifesto a excelencia e relevancia dos traballos individuais e colectivos máis destacados ao longo do ano 2010 en todos os campos da creación cultural e da investigación de Galicia. Foron galardoados nesta XXXIV edición a escritora Ana Romaní no apartado Creación Literaria, o físico e divulgador científico Jorge Mira en Investigación, a orquestra Son de Seu en Música, Proxecto Terra, do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), en Iniciativas Culturais, Ángela de la Cruz en Artes Plásticas e Visuais, e a compañía Teatro Chévere en Artes Escénicas e Audiovisuais. Á cerimonia de entrega asistiron preto de catrocentas persoas do ámbito da cultura, da política e da sociedade galega. Moitos parabéns aos organizadores do evento e, por suposto, a tod@s os galardoados!! Serigrafía de Antón Pulido coa que foron agasallados todos os asistentes ao acto:
O aforo da sala do Museo do Mar de Vigo quedou pequeno ante a grande afluencia de público á presentación de Extramunde, de Xavier Queipo, a novela gañadora do PremioXerais de Novela 2011. Ao longo dunha hora asistimos a un espectáculo que, baixo o título ?O embigo do mundo?, unha metáfora que pretende transmitir a idea dun mundo creado a partir da nosa propia identidade, mesturaba o teatro, a danza, a fotografía e a música con anacos da obra literaria de Xavier Queipo. Poucas veces teño presenciado un acto destas características que, ao tempo que se ía desenvolvendo, facía medrar no meu estómago o verme da fame de ler, unha ansia voraz de meterme en Extramunde, provocando en min a necesidade de comezar canto antes a lectura desta obra que de seguro marcará u fito na novela contemporánea galega. E niso estou, cos primeiros bocados que saboreo intensamente e que me levan a engulir sen parar, gozando da travesía que me conducirá ata a illa de Borneo...
Se queres saber máis cousas sobre Xavier Queipo, visita a súa páxina web.
E despois de bailar podemos descansar un pouco con este xogo de preguntas sobre o SAMAÍN. Poderás facer o puzzle para gañar o xogo? Preme na imaxe para comezar: