O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

¡BULE, BULE, QUE VEN O SAMAÍN!
¡Xa temos aquí o Samaín! E para escorrentar o medo non hai cousa mellor que cantar, e cantar ben alto. Aquí tes dúas cancións moi chulas do grupo Mamá Cabra, para que nin meigas, nin bruxas, nin curuxas, se acerquen a ti.




(A letra da canción está AQUÍ)

Comentarios (4) - Sección: Samaín - Publicado o 26-10-2010 22:14
# Ligazón permanente a este artigo
MIGUEL HERNÁNDEZ: Recursos

O próximo sábado, 30 de octubre, celébrase o centenario do nacemento do poeta Miguel Hernández.
Aquí vos deixo algúns recursos para achegarnos á figura deste insigne escritor:

- No Lar de Frianciño ofrécennos esta presentación baseada nun poema de Carmen Gil titulado Miguel Hernández para niños:

Miguel Hernandez





- Para o 3º ciclo de Primaria unha Caza do tesouro:



- Desde a Biblioteca Escolar do C.E.I.P. A Ramallosa, unha presentación coa biografía e algúns poemas:




NAVEGANDO POLA REDE:
- Unha completísima páxina con libros do autor para todas as idades e ligazóns a páxinas con todo tipo de recursos:

- Na revista dixital SEHACESABER.ORG, unha selección de recursos para achegar a vida e a obra do autor aos nosos alumnos/as:

- MIGUEL HERNÁNDEZ EN EL AULA: Unha magnífica páxina cunha proposta pedagóxica que os autores presentan así: "... esperamos os sea útil para trabajar la sensitiva lírica del poeta. Se trata de una selección de poemas de Hernández, musicados por el cantautor Paco Damas en su disco Tristes Guerras, y de una serie de recursos y materiales para el aula, surgidos del trabajo en equipo de un grupo de profesores y profesoras."
Esta colección de recursos no recorre toda la obra de Miguel Hernández, ni siquiera todas las canciones del disco. Sólo pretenden sugerir para divulgar, ser siembra y semilla que ha de adaptarse a cada contexto, y que cada cual deberá cargar de utilidad para que prospere. En cualquier caso, es para escuchar, para leer, para sugerir escrituras, para vivir y convivir en paz, para compartir...


- LA VIDA Y LA POESÍA DE MIGUEL HERNÁNDEZ. Recursos didácticos: actividades sobre o libro de Rosa Navarro Durán, da editorial EDEBÉ

- Unha WEBQUEST para Educación Secundaria:



Actividades diseñadas por José Hernández (Apuntes de Lengua) para o 1º ciclo da ESO:



Relación de POEMAS do autor

Comentarios (0) - Sección: Tics - Recursos - Xogos - Publicado o 24-10-2010 16:50
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA DA NOSA BIBLIOTECA ESCOLAR: UNHA XORNADA ESPECIAL
"DÉIXATE ENVOLVER POLA MAXIA DA BIBLIOTECA"
Este foi o lema co que se abriron as portas da nosa biblioteca, e esta é a crónica dunha xornada chea de sorpresas e de maxia que estabamos agardando con moita ilusión:

Hoxe vivimos no noso cole un día moi especial: celebramos o Día das bibliotecas escolares e aproveitamos a data para abrir "oficialmente" a nosa biblioteca a toda a comunidade educativa.
Nos días previos todas as titorías recibiron unha carta de Mik (preme no sobre para ler a carta):


E, como era de esperar, o alumnado preparou uns traballos ESPECTACULARES, que deixaron na biblioteca, e cos que montamos unha exposición polos corredores do centro para que tod@s poidades disfrutalos.
E despois do traballo veu a festa, cun PROGRAMA de actividades no que houbo de todo: visita á biblioteca, exposición de novidades, contos, lendas, cancións, agasallos... e para rematar, un estupendo espectáculo de maxia a cargo do mago Cali.
¡¡Pasámolo xenial!!


¿Queredes ver a reportaxe gráfica? Pois aí van as fotos deste día máxico:


DIA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2010 on PhotoPeach



Se queres ver máis fotos fai clic AQUÍ ou nas ligazóns de máis arriba.

Comentarios (15) - Sección: Club de escritores/as - Publicado o 22-10-2010 20:12
# Ligazón permanente a este artigo
OUTONO, MAGOSTO, SAMAÍN: ACTIVIDADES E RECURSOS


Como xa está cerquiña o Samaín seguramente andaremos procurando actividades e recursos para traballar estas datas na aula. Lembrámosvos que no panel lateral temos o acceso a diferentes recursos para as distintas efemérides que adoitamos celebrar ao longo do curso. Ademáis da nosa recompilación, podedes consultar a selección da biblioteca do Ceip Víctor Sáenz de Mazaricos, ou se o preferides, nesta páxina (BIBLIOCOLE) atoparedes ambas listaxes.
E se aínda andades a voltas co OUTONO e o MAGOSTO, aquí atoparedes moitas ideas:



Moitas gracias aos compañeir@s de Bibliovictorsaenz pola súa xenerosidade.




Comentarios (0) - Sección: Tics - Recursos - Xogos - Publicado o 15-10-2010 01:02
# Ligazón permanente a este artigo
CIENCIA QUE CONTA
¡Xa o sabíamos! Sabíamos que entre o noso alumnado hai moitos pequenos grandes escritores e escritoras. E agora acabamos de recibir a espléndida noticia de que dous relatos presentados ao 2º concurso de relatos curtos de ciencia: Ciencia que conta 2009, promovido pola Universidade de Vigo, foron recollidos no libro Cienciaqueconta2009, publicación resultante da selección dos mellores relatos participantes. Os relatos seleccionados foron "O martelo multiusos" de Brais Míguez Benavides (4º de EP) e "O galo Quirico" de Ramón Requejo Ferreiroa (4º EP). Podes ler ou descargar os relatos en Pdf.
Xa está convocado o 3º concurso de relatos 2010. Podes consultar as bases no Blogue de ciencia que conta. ¡Anímate a participar ti tamén!
¡OS NOSOS PARABÉNS A BRAIS E A RAMÓN!



Comentarios (2) - Sección: Club de escritores/as - Publicado o 11-10-2010 22:08
# Ligazón permanente a este artigo
PRADOMEDIA: UN FANTÁSTICO RECURSO
PradoMedia é unha nova canle do Museo do Prado dedicada en exclusiva a recompilar e dar acceso directo a todos os contidos multimedia da web: vídeos, audioguías, infografías, xogos...
Inclúe contidos relacionados coas exposicións temporais (actuais, pasadas e futuras), a Colección e a actividade de restauración e formación do Museo. Entre eles, cinco novos xogos con distintos niveis de dificultade e novas audioguías infantís.



Comentarios (0) - Sección: Recursos - Materiais - Publicado o 11-10-2010 14:32
# Ligazón permanente a este artigo
MES DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES II
Con este cartel, obra da ilustradora Marina Seoane, a Consellería de Educación quere poñer de manifesto as posibilidades da biblioteca escolar e apoiar a visibilidade do traballo que o profesorado dos centros vén realizando para facer útiles estes importantes recursos educativos (blog Bibliotecas escolares galegas).
Co lema "Biblioteca Escolar: Un mundo de oportunidades", a
IASL (Asociación Internacional de Biblioteconomía Escolar), fai referencia ao reto que as bibliotecas escolares do século XXI teñen por diante, dando resposta á variedade de lectores, de lugares, de información, de soportes?, é dicir, ao desafío de atender á diversidade.


Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 10-10-2010 13:49
# Ligazón permanente a este artigo
EN MARCHA A HORA DE LER

O pasado luns, día 4 de outubro, comezamos a actividade ?Hora de ler?, tal e como se ven facendo no noso centro desde hai varios cursos. Nos días previos, en cada aula fixéronse todos os preparativos: libros, colorear marcapáxinas, carteis para as portas da aula, decoración do recuncho dos materiais, establecemento das normas..., para que nada fallase e tod@s puidésemos gozar cada día, despois do recreo, dos nosos marabillosos 25 minutos de lectura silenciosa.
Ademáis do pracer que nos proporciona o feito de ler aquilo que nos apetece, o que nos interesa, o que nos divirte, o PLSS (Programa de Lectura Silenciosa Sostida) ten outras virtudes:
- A persoa progresa na lectura ao seu propio ritmo
- Desenvolve a lectura segundo os seus intereses (pode saltar parágrafos que non lle agraden ou deterse naquilo que motiva a súa imaxinación)
- Pode reler cando non entende algo.
- Pode deterse por cansazo, polo tempo, etc.
- Diminúe a inseguridade que produce a lectura oral.
- Diminúe a ansiedade de ler rápido pola competencia
- Permite desenvolver a habilidade da escritura.
- A lectura é asimilada a partir da concentración e a atención, mentres que na lectura en voz alta céntrase na pronuncia, o ritmo e a entonación.
- Non resulta molesta cando as demais persoas non están involucradas.

O que nos induce a pensar que son uns 25 minutos moi ben empregados.

HORA DE LER on PhotoPeach


Comentarios (5) - Sección: Tempo de lecturas - Hora de ler - Publicado o 07-10-2010 22:54
# Ligazón permanente a este artigo
¿POR QUE LER?
Animación realizada pola Profesora Marina Frecha, no curso "La producción audiovisual como estrategia didáctica" en el Portal Educ.ar, 2008



Visto aquí
Comentarios (0) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 04-10-2010 23:19
# Ligazón permanente a este artigo
ANIMANDO A LER DESDE A BIBLIOTECA
Hai xa algún tempo elaboramos esta presentación onde se recollen os comezos do noso plan de animación á lectura e algunhas das actividades que se desenvolveron para poñelo en práctica. Recuperamos este documento como reflexo de parte do labor que se leva a cabo na nosa biblioteca, aproveitando que é o mes internacional das bibliotecas escolares, e porque, aínda que se fixo no curso 08/09, o noso plan de animación lectora segue respondendo aos mesmos plantexamentos.


Comentarios (1) - Sección: Biblioteca - Publicado o 04-10-2010 22:16
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0