|
|
|
VIBRACIÓNS... |
|

GRAZAS, FRAN!!
AQUÍ tés os libros de Fran Alonso que podes atopar na nosa biblioteca
|
|
|
|
A MELLOR BIBLIOTECA DO MUNDO... |
|
E chegou o día...! E que mellor día para a inauguración da nosa Biblioteca que este, o Día Internacional das Bibliotecas??
É moi difícil contar unha xornada tan especial onde alumnado, profesorado e familias, compartimos unha morea de actividades e disfrutamos coa visita de Benxamín Míguez, Manuel Solla e de Fran Alonso. Tamén contamos coa compañía da concelleira de educación do Concello de Vigo, Laura López Atrio.
Os máis pequenos asistiron a unha sesión de contacontos a cargo do animador Benxamín Míguez, que fixo as delicias de todos eles e que participaron entusiasmados nos relatos que respondían moi ben aos seus intereses: a caída dos dentes, a comida, os medos... e todo co adobío dos seus debuxos.
Manuel Solla fixo unha sesión de animación á lectura e contacontos para os nenos e nenas do 2º ciclo de Primaria que resultou moi divertida cando eles tiveron que facer todo tipo de imitacións.
 O alumnado do 3º Ciclo e as familias asistiron á charla do escritor Fran Alonso que nos falou de libros, lecturas e biblioteca, que nos fixo reflexionar con frases como "a lectura capacítanos como persoas", "a lectura fainos máis libres", "a lectura é como un edificio moi alto dende o que podemos observar todo o que ocurre sen que nada estorbe a nosa visión..."
Por último, as palabras da concelleira animándonos a seguir no camiño que vimos percorrendo con ilusión.
E ao final, a guinda: cando xa marchabamos para casa, co sorriso posto, cruceime cun grupiño de tres rapaces aos que por inercia preguntei "Que tal ?", e un deles respondeu : "TEMOS A MELLOR BIBLIOTECA DO MUNDO !!"
FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS A TODOS/AS!!
(LER o manifesto de Agustín Fernández Paz)
|
|
|
|
UN MERECIDO PREMIO |
|

Hoxe recibimos a agradable noticia de que o escritor Agustín Fernádez Paz ven de ser galardoado co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil pola súa obra O único que queda é o amor, ilustrada por Pablo Auladell e editada en galego por Xerais. Trátase dunha serie de relatos onde o protagonista é o amor en todas as súas variantes, desde o amor adolescente ata o que se mantén máis alá da morte, e tamén o desamor, a ausencia, os amores rotos...
Un merecido premio para un escritor que xa é un referente na literatura infantil e xuvenil.

Se queres ler algún libro deste autor consulta AQUÍ para ver os que hai na nosa biblioteca
|
|
|
|
INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA |
|
O próximo día 24 de outubro celebraremos a reapertura "oficial" da nosa biblioteca coincidindo co Día Internacional das Bibliotecas. Levaremos a cabo un programa de actividades no que participará todo o alumnado do centro, contaremos coa visita do escritor vigués Fran Alonso que dará unha charla sobre a importancia dos libros e a lectura e estaremos acompañados pola concelleira de educación Laura López Atrio. Todos os membros da comunidade educativa están convidados a asistencia a este acto co que queremos "presentar en sociedade" a Biblioteca e co que vos queremos facer partícipes dun proxecto que xa está a dar os primeiros froitos.
VÉMONOS O VENRES!!
|
|
|
|
II ENCONTROS BIBLIOTECAS ESCOLARES. |
|

Durante os días 17 e 18 de outubro celebráronse en Santiago os
II Encontros de Bibliotecas Escolares de Galicia co lema Bibliotecas para ler e aprender. De novo a organización foi perfecta, indiscutible a categoría dos relatores e a calidade das ponencias, e impagable o ambiente de entusiasmo e compañeirismo que se respiraba. Grazas a todo iso marchamos para a casa reafirmándonos no convencemento de que as bibliotecas escolares teñen un imprescindible labor que realizar, recollemos moitas ideas e comprobamos que todo é posible cando hai arredor de nós un colectivo de persoas xenerosas sempre dispostas a axudar e compartir.
MOITAS GRAZAS A TODOS/AS!!
PROGRAMA DE CONFERENCIAS:
Lectura e aprendizaxe: á procura do lector comprometido.
Isabel Solé Gallart, profesora do Departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación da Universidade de Barcelona- Autora de referencia en materia de aprendizaxe da lectura (Estrategias de lectura, 1992).
Contribución da biblioteca escolar ao desenvolvemento corresponsable da lectura e a escritura.
José García Guerrero. Mestre.Pioneiro na promoción e o desenvolvemento das bibliotecas escolares en Andalucía. Coordinador provincial do Plan LyB da Consejería de Educación e da Rede Profesional de Lectura e Biblioteca Escolar da provincia de Málaga.
Os proxectos documentais integrados: en que consisten e forma de elaboración.
Rosa Piquín Cancio, responsable da biblioteca escolar do CP Pablo Iglesias de Soto de Ribera (Asturias), Premio nacional de bibliotecas escolares 2005.
Conferencia de peche:
A primeira biblioteca.
Antonio Basanta, Vicepresidente Executivo e Director Xeral da Fundación Germán Sánchez Ruipérez, institución de referencia no ámbito do estudo e promoción da Literatura Infantil e Xuvenil, da lectura e das bibliotecas escolares. Autor de numerosos artigos sobre a promoción da lectura.
Cadro de experiencias presentadas

E para rematar, a "lectura de conclusións" a cargo de Ohiulari Clawn que nos fixo rir e, ás veces, reflexionar coa "chispa" do seu humor.
|
|
|
|
POIS SI QUE INSPIRA... |
|

E non só a Arcimboldo, Vivaldi, Machado, Joan Manuel Serrat... senón tamén ao noso alumnado que está a facer uns traballos estupendos sobre o outono. E para mostra aquí vos deixo unha poesía de Carmen Costas Ferreira, de 6º de EP, que nos fai unha descrición moi atinada desta época do ano. A ilustración é da mesma autora.
DISFRUTÁDEA!!
(Para ler preme na imaxe)
|
|
|
|
JAMIE LEE CURTIS |
|
Agora que se acerca o tempo do samaín, tempo de medos, bruxas e difuntos, seguramente lembrarás a película HALLOWEEN, xa un clásico do terror, interpretada pola actriz Jamie Lee Curtis, filla dos tamén actores Tony Curtis e Janet Leigh. Pero ademais de excelente actriz, gañadora de diferentes premios, Jamie Lee é unha recoñecida escritora de libros infantís, con moito éxito de ventas e grande aceptación entre a crítica. Todos os seus libros propoñen unha perspectiva positiva da vida, como en ?Me gusto? ou en ?Hoy me siento tonta?, onde se anima ao neno a analizar e mesmo xogar cos seus estados de ánimo.
Os seus contos foron ilustrados por Laura Cornell, unha artista con moito talento, moi aplaudida pola súa orixinalidade.
Hoxe Mik quere recomendar aos máis novos ?Cuando yo era pequeña? Ed. SERRES, onde a protagonista, de catro anos, relata as súas memorias: "Cuando yo era pequeña, solamente tenía dos dientes. Ahora tengo muchos, y me los cepillo yo sola?" Gracias a esta nena os lectores toman conciencia dos cambios e progresos que conleva o seu crecemento.

Outros títulos desta autora:
- ¿ ESTAMOS TODOS EN EL MISMO EQUIPO?
- CUÉNTAME OTRA VEZ LA NOCHE QUE NACI
- DONDE VAN LOS GLOBOS?
|
|
|
|
PARABÉNS, ALMUDENA!! |
|
Hai uns meses a nosa compañeira Almudena Janeiro dábanos a coñecer o seu proxecto "Contos en cantos" e xa daquela prometía ser un traballo fermoso, cheo de sensibilidade... Hoxe xa é unha auténtica realidade que supera as expectativas iniciais. A súa presentación e edición é exquisita, como cabía esperar da editorial OQO, a escolla dos textos das cancións moi acertada, a delicadeza da voz de Almudena resulta próxima e garimosa... Un auténtico agasallo para tod@s!!!
Así explica Almudena este precioso traballo:
"Chocolata, Mariluz, Loboferoz, Titiritesa, O Papón? os personaxes dos álbumes de OQO convértense en cancións para darmos a volta ao mundo nun mar de contos en cantos."
VER VÍDEO: preme na imaxe

PARABÉNS, ALMUDENA!!
Para ir facendo boca escoita o tema "Chocolata" e canta co karaoke:
|
|
|
|
LE CLÉZIO, PREMIO NOBEL DE LITERATURA 2008 |
|
O Premio Nobel de Literatura 2008, Jean-Marie Gustave Le Clézio é un humanista, un erudito e tamén un viaxeiro incansable.
Novelista francés, de pai inglés e nai francesa, viviu na illa Mauricio, onde as paisaxes marítimas espertaron moi pronto a súa imaxinación. De neno soñaba con ser mariñeiro e hoxe en día reparte o seu tempo entre longas viaxes e a escritura. A súa obra 'Le Procès-Verbal', considerada unha obra mestra, concedeulle a notoriedade con só vinte e tres anos e o Premio Renaudot, un dos máis importantes das letras francesas.
Ata hoxe escribiu ao redor de 30 libros entre historias curtas, novelas, ensaios, traducións da mitoloxía india e ata publicou volumes de fotografía e tocou ademais a literatura infantil e xuvenil con 'Lullaby' (1980) e 'Balaabilou' (1985). Entre as súas novelas máis coñecidas están 'O Africano' e 'Urania'. A súa última obra é 'Ritournelle da faim', publicada este mesmo ano.
|
|
|
|
HAI DE TODO... |
|
Pois é verdade que o título dun libro ou dunha película inflúe decisivamente á hora de ser elexido polos lectores/espectadores. Cando chegamos a unha librería setímonos atraídos por aqueles libros que portan o título máis impactante, máis extraño ou máis orixinal. Ás veces simplemente soa ben... 
En pagina2 aparece unha reportaxe sobre "a arte de titular" con exemplos clásicos e a opinión de dous escritores e un editor.
O Premio Diagram organizado pola editorial británica The Bookseller otórgase ao título de libro máis raro publicado durante o ano e concédese desde 1978, no que o seu receptor foi a obra Procedementos do segundo taller internacional de ratos espidos. (Papel en blanco)
Algúns dos destacados nomeados (libremente traducidos) son:
ANO 2007:
¿Cuán verdes eran os Nazis?, editado por Franz Josef Bruggeimer, Mark Cioc e Thomas Zeller
O delicioso xelado de D. Di Mascio: D. Di Mascio de Coventry: Unha compañía de xelados de boa reputación, con unha flota interesante e variada de furgonetas de venta de xelado, por Roger De Boer, Harvey Francis Pitcher e Alan Wilkinson
Os carros de compra perdidos do leste de América do Norte: unha guía de identificación, por Julian Montague
Mulleres tatuadas da montaña e caixas de vaixela de Daguestán, por Robert Chenciner, Gabib Ismailov, Magomedkhan Magomedkhanov e Alex Binnie
Actas do decimoitavo simposio internacional sobre algas marinas, por Robert J. Anderson, Juliet A. Brodie, Edvar Onsoyen e Alan J Critchley
Mellor nunca que ter sido: o dano de comezar a existir, por David Benatar
A xente que non sabe que está morta: cómo se apegan a transeúntes non precavidos e qué facer con iso. Leon Hill
ANO 2008:
· Fun torturado pola Raíña do Amor Pigmeo, de Jasper McCutcheon
· Como escribir un libro sobre como escribir un libro, de Brian Paddock

· Son as mulleres humanas? E outros diálogos internacionais, de Catharine A. MacKinnon
· Problemas do queixo resoltos, de P. L. H. McSweeney
· Se queres pechar a túa relación empeza polas túas pernas, de Big Boom
· Xente que importou en Southland e máis aló: Do Rei Canoto ao Dr. Feelgood, de Dee Gordon
Aínda que o refraneiro pupular advirte "non xulgues un libro pola súa tapa", lerías ti un libro con un título semellante a estes?
|
|
|
|
|
|
|
|
|