Como sabedes, todo o alumnado do centro está traballando nunha reportaxe arredor de dúas figuras moi significativas dentro do mundo do cine. Trátase do realizador DANI DE LA TORRE e do músico e compositor MANUEL RIVEIRO. Para que teñades unha primeira aproximación a estes artistas, o profe Antonio preparou as seguintes presentacións. GRAZAS, PROFE ANTONIO!!!!
Xa están completos os paneis de xaneiro e febreiro coas sorpresas que iremos descubrindo ata que cheguemos ao 1º DÍA GRANDE, o domingo de entroido. Cada día sinalado imos con moita curiosidade para saber que atoparemos dentro do sobre. O próximo luns abriremos o que ten o número 27 e o número 28!!!
AH!!! Non esquezades que o día 29 comeza a exposición sobre o ENTROIDO DE MACEDA onde descubriredes cousas moi interesantes e curiosas. Animamos a todas as familias para que visitedes esta fantástica exposición!
Bueno, amiguiños, atopei por aquí unhas imaxes moi bonitas e interesantes e, por máis voltas que lle dou ao miolo, non sei o que queren dicir. Como vós sodes tan listos e espelidos, seguro que podedes axudarme. Aí van as preguntas:
Que representan?Con que persoas teñen relación?
Explicádeme todo o que averigüedes e escribídeo nun comentario. Estou que xa non como nin durmo de tanta curiosidade!!!Terá algo que ver co noso PDI??? Ai, ai ai..., que poden ser estas imaxes??!!
O noso amiguiño MIK non para!!!! O venres, os axudantes da biblioteca tiveron traballo extra: repartir polas aulas unha nova mensaxe de MIK. Desta vez, a tarefa cinematográfica consistirá en pescudar sobre as propostas que aparecen nun ficheiro moi chulo que acompañaba a carta. Pois xa sabedes, A TRABALLAR!!!!
Por suposto, MOITAS GRAZAS aos estupendos AXUDANTES!!
Xa está chegando o entroido ao Mestres Goldar!!! O alumnado estase preparando para celebrar un ENTROIDO DE CINE!!! A porta da biblioteca está fermosamente decorada con carteis de festas e celebracións en moitos lugares de Galicia.
O ENDL do centro, xunto co equipo da biblioteca, está a preparar unha morea de actividades moi interesantes e divertidas. Para facer boca, un calendario "conta atrás" que contén moitas sorpresas que os nenos e nenas irán descubrindo cada día.
O alumnado de 4ºA foi o que inaugurou o calendario!!!
Pero aínda haberá máis sorpresas!!! Seguide atent@s!!!
Ola, nenos e nenas!!!! Aquí estou outra vez, despois das vacacións de Nadal, moi contento porque estamos nun cole DE PELÍCULA e estades facendo uns traballos fantásticos!!!
Agora ando un pouco despistado porque atopei unhas cartas grandes e misteriosas que teño que investigar. Seguro que tendes a tanta curiosidade coma min, pero non vos preocupedes porque xa estou pescudando. Atent@s porque axiña teredes noticias miñas!!!
XA ESTÁ!!!!! Xa teño moitas pistas!!! Atopei as cartas e descubrín o que conteñen: mooooita información sobre o ENTROIDO TRADICIONAL GALEGO!!! Podemos facer un percorrido polos pobos e vilas de Galicia e atoparemos en todas elas celebracións e máscaras moi pintorescas. O noso entroido é un dos máis antigos e interesantes de toda a península!!!QUE MARABILLA!!!
CANTAS COUSAS IMOS APRENDER!!!! Moitas GRAZAS aos Concellos de Touro (A Coruña) e da Estrada (Pontevedra) pola súa amabilidade e atención.