|
|
DÍA DA PAZ: NELSON MANDELA EN INFANTIL |
|
Este é o precioso mural que preparou o alumnado de E. Infantil para o Día da Paz, en homenaxe a Nelson Mandela. Traballaron moitísimo e quedoulles fantástico. Encantounos a tod@s!!! Queredes ver aos artistas en acción? Pois aquí os tendes:
VER ÁLBUM |
|
|
|
DÍA DA PAZ: NELSON MANDELA |
|
No Día escolar pola PAZ e a NON VIOLENCIA, o alumnado do noso centro homenaxea a NELSON MANDELA, investigando e escribindo a súa biografía e creando fantásticas caricaturas deste persoaxe. Aquí tendes unha mostra:
VER ÁLBUM COMPLETO |
|
|
|
PDI: A ALIMENTACIÓN |
|
Xa están listos os caderniños de investigación sobre a ALIMENTACIÓN para o segundo ciclo de EP. Son tres bloques temáticos, CONCEPTOS BÁSICOS, PARA SABER MÁIS e OS ALIMENTOS E A ARTE, que se poden traballar de xeito independente, secuenciados e temporalizados segundo se acomode ao currículo e á nosa programación de aula. Nos ANEXOS podemos descargar fichas para complementar os traballos.
VER CADERNO COMPLETO EN PDF
ANEXOS |
|
|
|
ADIVIÑA NÚMERO 5 |
|
QUE COUSA COUSIÑA É?
Xa estou aquí outra vez cunha nova adiviña!! A VER CANTO TARDADES EN ACERTALA!! VELAÍ VAI:
Branca fun cando nacín
vermella despois vivín
e mouriña moura me puxen
cando de vella morrín.
Escribe nun comentario a resposta e non esquezas poñer o teu nome, apelido e o curso.
SORTE, AMIG@S!!!
|
|
|
|
HORA DE LER |
|
Despois do recreo... TOD@S A LER!!!!
VER ÁLBUM |
|
|
|
HORA DE BIBLIOTECA: TERCEIRO DE EP |
|
Hoxe, como todos os mércores, os nenos e nenas de terceiro de EP tivemos "hora de biblioteca". Baixamos coas nosas carpetas e, como vedes nas imaxes, fixemos distintas actividades:
FORMACIÓN DE USUARI@S: LEMOS: ESCOLLEMOS LECTURAS PARA CASA: FIXEMOS PRÉSTAMO: AQUÍ MÁIS FOTOS (ÁLBUM):
|
|
|
|
DÍA DA PAZ: HOMENAXE A NELSON MANDELA |
|
Xa temos a primeira obra de arte sobre Nelson Mandela. A autora é Sara Teijeira Olivier, de terceiro de EP:
PARABÉNS, SARA!! |
|
|
|
PRIMEIRO DE EP NA BIBLIOTECA |
|
Ola, amiguiñ@s!!! Hoxe estou moi contento porque o alumnado de 1º de EP veu visitarme no recreo, pois, ao igual que todos os martes, tivo a ocasión de estar na biblioteca despois da merenda. Alí poden ler contos, ver revistas ou usar os ordenadores. O equipo de axudantes da biblioteca permanece atento por se estes nenos e nenas necesitan axuda e moi amablemente resolven todas as dúbidas que lles van plantexando. Aquí os tendes gozando duns agradables momentos de lecer:
|
|
|
|
ADIVIÑA NÚMERO 4 |
|
QUE COUSA COUSIÑA É?
Xa estou aquí outra vez cunha nova adiviña!! A VER CANTO TARDADES EN ACERTALA!! VELAÍ VAI:
Son redonda coma o mundo,
para morrer toda me esgazan,
déixanme só o pelexo
e todo o sangue me sacan.
Escribe nun comentario a resposta e non esquezas poñer o teu nome, apelido e o curso.
SORTE, AMIG@S!!! |
|
|
|
ENTREGA DE MIKOPUNTOS |
|
O venres recibimos unha visita moi desexada polo alumnado do cole: MIK veu ás aulas cargadiño cos MIKOPUNTOS que gañaron os nenos e nenas nas diferentes actividades que propuxo a biblioteca ata o de agora. O noso "arguiñano", que viaxa nun vehículo moi particular, foi acollido con entusiasmo por todos os cursos, pois debecían por recoller o premio aos fantásticos traballos que levan feito. PARABÉNS, RAPACES!!! E xa sabedes, A SEGUIR PARTICIPANDO!!!
VER ÁLBUM COMPLETO |
|
|
|
|
|
|