O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

PARTES DUN LIBRO: ACTIVIDADES LIM
Desde Xiralibronofleming chegan máis actividades LIM para traballar a Formación de Usuarios/as. Nesta ocasión poderás aprender dun xeito divertido as diferentes partes dun libro, tanto no exterior como no interior.


Se queres acceder en pantalla completa preme AQUÍ


Comentarios (0) - Sección: Formación usuarios - Educación documental - Publicado o 31-01-2011 23:59
# Ligazón permanente a este artigo
ALEGORÍA POLA PAZ
CRÓNICA DUN DÍA:

O día 28 de xaneiro celebramos no cole o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia cun sinxelo acto cheo de simbolismo no que participou todo o alumnado do centro xunto co profesorado. Ás 12 da mañá reunímonos no ximnasio dispostos a reivindicar a necesidade de construir un mundo no que a PAZ envolva agarimosamente a todos os seres humanos.
Durante moitos días houbo lecturas, reflexións e postas en común nas aulas sobre os valores e as actitudes que nos conducirían á PAZ, e elaborouse unha recreación alegórica cos nosos pensamentos e coas nosas conclusións:
A PAZ é como unha árbore sustentada por unhas fortes raíces de XENEROSIDADE, XUSTIZA, AMOR, RESPECTO, TOLERANCIA, EMPATÍA, ALTRUISMO?


... que alimentan un robusto tronco e unhas vigorosas pólas que levan a savia da paz ata os milleiros de follas que xurden espléndidas formando unha frondosa copa de AMOR, AMIZADE, COMPAÑÍA, CARIÑO, IGUALDADE, ESPERANZA?, chea de froitos como a ALEGRÍA, os SORRISOS, o PROGRESO, a CULTURA?


E á sombra desta árbore marabillosa queremos ter o noso MUNDO:

Un MUNDO agradecido que nos agasalla coa ledicia de COMPARTIR:


E así rematou o noso acto pola PAZ, con moitas apertas e coa sensación de ter berrado con forza e cunha mesma voz: ¡QUEREMOS PAZ!
¿Gustouvos? Pois se queredes podedes ver a continuación máis imaxes:

ALEGORÍA POLA PAZ on PhotoPeach


VER TODAS AS FOTOS DO DÍA DA PAZ

Comentarios (13) - Sección: Paz - Día da Paz - Publicado o 29-01-2011 13:56
# Ligazón permanente a este artigo
LECTURAS PARA A PAZ: SADAKO
Sadako y las mil grullas de papel de Eleanor Coerr. Ilustración: Ronald Himler
Ver FICHA DE LECTURA

Existe unha lenda xaponesa moi arraigada de que ao realizar 1.000 grullas de papel concédese un desexo á persoa que as realizou.
Sadako Sasaki tiña dous anos cando caeu a bomba en Hiroshima, cidade na que vivía. Nove anos máis tarde, como consecuencia da irradiación, diagnosticáronlle unha leucemia.
Internada no hospital, dedicouse con gran entusiasmo a realizar, unha tras outra, grullas de papel. Segundo a tradición xaponesa, se alcanzaba a crear mil, cumpriríase o seu desexo e melloraría da súa enfermidade.
Morreu en outubro de 1955, despois de ter dobrado 644 grullas de papel. Simbolicamente, os seus amigos continuaron a súa misión e completaron as mil grullas, coa esperanza de que se evitasen as guerras no futuro, e construíron no Parque da Paz de Hiroshima un monumento a Sadako e as súas grullas.
Cada ano, no Día da Paz, chegan miles de grullas de papel a Hiroshima desde os puntos máis afastados do planeta. Os nenos e nenas da cidade colgan as grullas no monumento de Sadako, coa esperanza de transmitir esta mensaxe a todo o mundo.





Con este vídeo podes probar a facer ti mesmo unha grulla de papel.
Comentarios (0) - Sección: Paz - Día da Paz - Publicado o 27-01-2011 23:41
# Ligazón permanente a este artigo
MÁIS LIBROS, MÁIS PAZ

"MÁIS LIBROS, MÁIS PAZ"
Este é o lema da nosa exposición de lecturas para a PAZ na que temos seleccionados algúns títulos sobre este tema. Negros e brancos é un deles:

David McKee é un escritor e ilustrador británico coñecido especialmente por ser o creador da serie ELMER, o elefante de cores inspirado na obra de Paul Klee. Nesta ocasión volven aparecer os elefantes como protagonistas dunha historia de enemizades e pelexas sen outra causa que a diferenza de cor da pel. Unha guerra orixinada por motivos absurdos como absurdas son todas as guerras... Ao final, cando xa todo semellada discurrir polos camiños pacíficos, aparece unha actitude que nos deixa un pouso de preocupación. Un texto axeitado para reivindicar a paz, contra a intolerancia e o racismo, moi apropiado para introducir nas aulas a reflexión arredor da violencia e as súas causas.



BÚSCAO NA BIBLIOTECA!!

Comentarios (0) - Sección: Club de escritores/as - Publicado o 27-01-2011 17:45
# Ligazón permanente a este artigo
SIGAMOS PEDINDO
Sigamos pedindo e desexando que a PAZ se faga realidade en todos os corazóns:






Comentarios (2) - Sección: Paz - Día da Paz - Publicado o 27-01-2011 15:34
# Ligazón permanente a este artigo
UNIDADE DIDÁCTICA PARA O DÍA DA PAZ
 Outro excelente recurso didáctico para traballar o Día escolar pola Paz e a Non Violencia, proposta do Ceip Torre del Castillo:

PROPOSTA DIDÁCTICA PARA O DÍA DA PAZ


Comentarios (0) - Sección: Paz - Día da Paz - Publicado o 25-01-2011 00:37
# Ligazón permanente a este artigo
PARABÉNS PARA ANTÍA
Unha alumna de Sexto de Primaria do noso centro, ANTÍA PRIETO GONZÁLEZ, acadou un segundo premio de Debuxo no concurso "Como é unh@ científic@?" convocado polo CSIC de Galicia, co gallo da "Semana da Ciencia", no marco das actividades da "Noite d@s investigador@s". Antía competiu na segunda categoría (de 11 a 14 anos) con alumnado de toda Galicia, cun precioso traballo que expón a súa visión do labor que desenvolven estes homes e mulleres a quen tanto debemos toda a humanidade. O premio foille entregado na aula polo Director do centro, nun sinxelo e emotivo acto.
¡MOITAS FELICIDADES!



(Fai clic nas imaxes para agrandalas)

VER FOTOS
Comentarios (18) - Sección: Varios - Publicado o 23-01-2011 23:16
# Ligazón permanente a este artigo
FORMACIÓN DE USUARIOS/AS: ACTIVIDADES LIM SOBRE A CDU
Para reforzar o que estades aprendendo sobre a biblioteca, déixovos unhas actividades moi divertidas sobre a CDU, elaboradas por Lupe González e Luz Díaz. Preme na imaxe para empezar:



Comentarios (0) - Sección: Formación usuarios - Educación documental - Publicado o 19-01-2011 20:57
# Ligazón permanente a este artigo
CONTOS PARA A PAZ

Un precioso álbum ilustrado  e unha deliciosa historia para traballar cos máis pequenos valores como a solidariedade, a amizade, o amor...

-¡Otra vez sopa de verduras!-se quejó el viejo lobo-¡Ojalá tuviera una ovejita!Me prepararía un buen estofado, mi comida favorita...Justo entonces....Era una ovejita-¿Puedo pasar?-dijo la ovejita-Si querida, pasa, pasa. LLegas justo a tiempo para cenar!

O vello lobo da cabana do bosque está farto de comer sempre a mesma sopa. Un día chama á súa porta unha ovelliña e, ao vela, relámbese pensando nun rico estofado. Pero a pobre ovelliña está morta de frio, de fame e con hipo. Despois de coidar a esta ovelliña, ¿será demasiado tarde para comer estofado?

Autor/a: Dreidemy, Joelle (podes ver as súas ilustracións clicando no seu nome)
Editorial: Ediciones Beascoa, S.A.
Xénero: Álbum Ilustrado



Comentarios (2) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 18-01-2011 22:52
# Ligazón permanente a este artigo
LIM PARA O DÍA DA PAZ
Para aprender dun xeito divertido moitas cousas sobre a PAZ  aquí tendes unhas actividades interactivas elaboradas por Belén Junquera. Podes facelas en castelán, galego ou inglés (preme na imaxe):




Atoparás outros recursos en http://casadetolos.nireblog.com/post/2011/01/16/dia-da-paz

Comentarios (2) - Sección: Paz - Día da Paz - Publicado o 17-01-2011 01:37
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0