|
|
|
ADIVIÑA 9 |
|

Eu no campo me criei
metida entre verdes lazos,
e quen máis chora por min
é quen me corta en pedazos.
Non esquezas poñer o teu nome, apelido e curso no teu comentario coa resposta. Por cada adiviña que acertes obterás un mikopunto
|
|
|
|
PINCELADAS... (Urbano Lugrís, o pintor do mar) |
|

Lugrís foi un pintor case autodidacta, bohemio e anárquico, poeta, ilustrador e muralista. A súa obra pictórica reflicte unha predilección polos temas mariñeiros, e nela transcribe un detallado mundo onírico, idealizado e soñador. Os seus cadros, case sempre pintados sobre táboa en pequenos e medianos formatos, reflicten un poeta recreador de mitos e lendas, de aventuras de barcos desaparecidos baixo as augas, e narracións fantásticas ao xeito de Stevenson ou Conrad. Estivo influenciado polo seu padriño, o escritor Francisco Tettamancy e Gastón, gran amigo do seu pai. Este contáballe unha grande cantidade de lendas célticas e contaxioulle a fascinación polo mundo dos soños.
No referido á literatura, están presentes na súa obra pictórica autores como Manuel Antonio, Luz Pozo Garza, Valle-Inclán e, sobre todo, Julio Verne, escritores relacionados co mundo mariño. Nos seus artigos e poesías, Lugrís utiliza o alcume literario de Ulyses Fingal, unha fusión da herdanza grecolatina e o mundo das sagas nórdicas de raíz céltica.
|
|
|
|
O PINTOR DO MAR (Urbano Lugrís) |
|

O poeta e pintor Urbano Lugrís González naceu na Coruña en 1908 e morreu en Vigo no 1973. Polo tanto este ano celebramos o centenario do seu nacemento.
Un dos temas máis representado nos seus cadros é o mar, por iso a súa obra pictórica lle acae tan ben á nosa Biblioteca xa que, como sabes, este ano o mar é o tema arredor do que xira toda a actividade.
Busca máis información sobre este pintor e observa os seus cadros. De seguro que te levan por un mundo MARabilloso...
"Acostumbraba a dibujar un ancla junto a su rúbrica, en una esquina de sus cuadros, murales o ilustraciones. Una pequeña seña de identidad que no hacía más que remarcar la evidente fascinación por el mar y por el océano de leyendas y fantasías que pueblan casi obsesivamente la obra pictórica de Urbano Lugrís, el genial artista gallego del siglo XX nacido hace ahora 100 años en A Coruña." Paola Obelleiro. Cien años de magia marina. EL PAÍS.com (Ler máis...)

PARA SABER MÁIS:
O pintor do mar
|
|
|
|
PARA PENSAR |
|
A través do blog do Ceip de Andrade nos chegan estes preciosos vídeos que nos fan reflexionar sobre as moitas inxusticias e desigualdades que, por desgracia, aínda existen.
Merece a pena pensar que a PAZ, a XUSTIZA e a SOLIDARIEDADE son posibles. Está nas nosas mans...
|
|
|
|
POEMAS POLA PAZ |
|
Dentro desta rede colaborativa e no noso empeño por reflexionar sobre a importancia da non violencia, aportamos hoxe o vídeo "Poemas pola Paz", unha marabillosa iniciativa que se produciu na vila de Guernica 70 anos despois de ser arrasada polas bombas en 1937, e que nesta ocasión sería bombardeada por poemas: converter a dor en arte, cambiar bombas por poesía, solucionar os conflitos con palabras.
Iniciativas tan marabillosas como esta deberían espallarse e facer posible que os únicos bombardeos que houber polo mundo foran de poemas. ?A poesía é unha arma cargada de futuro?
Gabriel Celaya
Segundo traballo colaborativo dos Blogs das Bibliotecas Escolares en prol da PAZ
|
|
|
|
ADIVIÑA 8 |
|

Son moi bonito por diante
e moi feo por atrás;
vou cambiando a cada instante
porque imito ós demais
Non esquezas poñer o teu nome, apelido e curso no teu comentario coa resposta. Por cada adiviña que acertes obterás un mikopunto
|
|
|
|
X.M. ÁLVAREZ BLÁZQUEZ : Poema pola Paz |
|
(Damos as grazas aos responsables do Blog da Biblioteca do Ceip Fermín Bouza Brey pola súa xenerosidade)
Achégase a celebración do día da Paz o 30 de xaneiro , data na que lembramos a figura de Gandhi como exemplo da práctica da non violencia .Violencia é que aínda no século 21 , os dereitos das nenas e nenos de todo o mundo seguen sen respectarse. Pois ben, queremos achegarvos un poema de Xosé María Álvarez Blázquez , escritor que vai ser homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano e que pouco a pouco iremos coñecendo ao longo do curso. Fálanos duns nenos que teñen que vivir na rúa , da esmola da xente, e como ata algunha xente lles chega a parecer ? normal? esta situación tan inxusta .
Non é certo que os nenos teñan fame
Non pode ser.
Ben o sabedes todos
os que andades no mundo atafegados
á percura do pan dos vosos fillos.
Ises outros que vedes pola rúa
pedindo esmola,
non teñen fame, non, porque daquela
vos teríades morto de vergonza.E ben vos vexo andar nos vosos
coches ou nos tranvías, a berrar de cousas
estranas: -¡viva, beba, baba, buba¡-sen reparar naquil esfarrapado
que coa moura mauciña está petando
na porta de ferro.Por iso penso que non é verdade
o que algún caviloso di dos nenos
que andan así petando pola vida.-¡Non, home, non!- lle dixen a un
de aqueles
-A xente pasa leda......¡Fora boa
que andivesen a rirse dos seus crimes! .
Xosé María Álvarez Blázquez (Tui 1915-1985)
|
|
|
|
POLA PAZ ( I ) |
|
Para ver o vídeo elaborado polos compañeiros de Trafegando Ronseis preme AQUÍ
Os blogues das bibliotecas escolares galegas, unha vez máis, unímonos na loita do dereito primordial de todo ser humano: a convivencia pacífica. Porque sabemos que a base de toda coexistencia é o entendemento, o diálogo, o feito de saber abrir os nosos ollos e os nosos oídos para escoitar e entender, desexamos elevar as nosas voces como unha soa, un só berro unido por unha soa palabra, a palabra máis fermosa que debe reinar as nosas existencias: PAZ.
E para reclamala, para pedir aos gobernos que senten a dialogar, para pedir a todo home e muller que habite sobre a face da terra que sexa quen de trocar puños e fusís por verbas e entendemento, por conmiseración e diálogo, por amizade e respecto, é polo que estamos aquí. Dende hoxe até o día 30, lembrarémosvos que podemos vivir en paz, que só hai que crer nela, confiar nela, traballar por ela. O noso labor primordial é e será sempre ensinar respecto, democracia e educación. O noso labor é axudar unha mellor sociedade do futuro
|
|
|
|
ADIVIÑA 7 |
|

o meu pai é cantador;
teño branco o meu vestido
e amarelo o corazón.
Non esquezas poñer o teu nome, apelido e curso no teu comentario coa resposta. Por cada adiviña que acertes obterás un mikopunto
|
|
|
|
EL BARCO VELERO (Conto) |
|

Un novo conto dos nosos estupendos escritores e escritoras. Sabela, de 5º de EP, ofrécenos este orixinal relato rimado. Seguro que vos gustará moito... (Preme enriba do conto)
|
|
|
|
|
|
|
|
|