¡¡Non leades!!, dicíanos hoxe Fina Casalderrey, ¡¡non comades chocolate!!, ¡¡non comades xeados!!, ¡¡non teñades amigos nin amigas!!... Pero nós diciamos que sí, que queremos comer xeados e chocolate, ter amigos e ler, porque nos gusta gozar coas cousas boas da vida... E foi un pracer escoitar hoxe, na biblioteca, á nosa admirada Fina. Chegou un pouquichiño tarde, pero ben pagou a pena agardar polos seus fermosos contos envoltos na súa garimosa voz. Canto nos emocionou escoitala ao relatarnos a historia de "Eu son eu"! Preguntámoslle sobre Manuel, o avoíño que buscaba unha familia, e por Chamizo, un gato que nos engaiolou. Ao finalizar a charla asinou os nosos libros, que imos gardar con cariño para lembrar este fantástico encontro.
¡¡GRAZAS, FINA!!
Se queredes saber máis cousas de Fina Casalderrey, a súa vida, os seus libros, os premios que recibiu..., visita a súa páxina web
Eu tamén disfrutei moito cos contos de Fina e por suposto que a súa voz e a súa maneira de contar as historias fixome emocionar.
Tamén gustoume moito ver as caras dos nenos e nena#blgtk08#s así como as gañas que tiñan de preguntarlle cousas e o atentos que estaban a todo o que estaba contándolles.
Un bico para todos e grazas a Fina por compartir con nós o seu tempo.
É o que dixo María (15-04-2010 23:53)
2
Que sorte!
Escoitar a Fina é#blgtk08# sempre unha delicia!
bicos