O 22 de decembro celebrouse no cole o festival de nadal. O alumnado do centro participou nunha representación colectiva baseada no conto de Chema HerasCando Martiño tivo ganas de mexar na Noite de Reis. Como ven sendo habitual, o evento foi organizado e dirixido polo profe Toniño, que novamente fixo gala do seu bo facer ofrecéndonos un estupendo espectáculo, orixinal e divertido. As familias asistiron á representación e participaron aportando o aguinaldo que reclamaban os peques do cole. Como remate do acto chegou Papá Noel con agasallos para todos os nenos e nenas, que recibiron cadanseu libro. Moitos parabéns ao alumnado, que demostrou unha vez máis que o escenario non ten segredos para os nosos artistas. E moitas, moitísimas grazas ás familias pola súa colaboración e pola súa asistencia.