Moitas persoas no mundo carecen dos recursos máis elementais e imprescindibles para vivir, polo que contraen terribles enfermidades, a meirande parte das veces incurables e, a miudo, mortais. Así nos conta Suaba a historia da súa vida:


En "Enrédate con Unicef" podes ver/ler outros cómics, vídeos, xogos ...
Plan de traballo para o DÍA DOS DEREITOS HUMANOS (proposta para os diferentes niveis de Primaria):
- Visionado da "Historia de Suaba"
- Debate/coloquio sobre as condicións de vida ás que se ven sometidas moitas persoas por carecer de recursos imprescindibles para a supervivencia.
- Busca de información (mediante fichas-guion) sobre:
UNICEF / Enfermidades orixinadas por consumo de auga non potable
- Realización da webquest DÍA DOS DEREITOS HUMANOS (Ceip Andrade)
- Analizar e interpretar os seguintes carteis:
IES Río Cabe
Ceip Pazos
- Elaboración en grupo dun cartel que faga referencia aos DDHH
|