O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

MENSAXE DE AXUDA PARA OS REIS MAGOS E PARA PAPÁ NOEL
MENSAXE DE AXUDA PARA OS REIS MAGOS E PARA PAPÁ NOEL

Como sabedes, nestas datas os pobriños Reis Magos e mais Papá Noel vense mergullados nun bombardeo de publicidade, anuncios, consellos, suxestións... que moitas veces, en lugar de axudalos, créalles unha morea de dúbidas e incluso decisións desafortunadas ou pouco axeitadas ás súas pretensións de agradar aos cativos. Recoméndolles vivamente a lectura do artigo CONSELLOS PARA ELEXIR REGALOS NO NADAL no interesantísimo blogue do Departamento de Orientación do noso centro, onde se fan unhas atinadas recomendacións para ter en conta antes de mercar os agasallos para os nenos e nenas.

E a modo de resumo aquí lles deixo unhas pautas recollidas na guía de lecturas do Cra Antía Cal:
ORIENTACIÓNS PARA ESCOLLER OS MELLORES XOGUETES:
  • Un bo xoguete ten que permitir o xogo e desenvolver a imaxinación.

  • Os xoguetes deben ser variados porque cada xogo estimula funcións diferentes

  • Comprobade que o xoguete está recomendado para a idade dos nenos e das nenas aos que vai destinado, que lle axudará a manifestar a súa personalidade e que lle permitirá relacionarse.

  • O xoguete máis sofisticado non sempre é o que máis gustará; a miúdo os máis sinxelos acostuman ser os máis divertidos

  • Non vos deixedes embobar pola publicidade, probade os xoguetes antes de adquirirlos e lembrade que o xoguete máis custoso non é sempre o mellor.

  • Lede ben as etiquetas, as regras e as instrucións e seguide as recomendacións de seguridade

  • Os xoguetes son para nenos e nenas por igual: evitade as distincións sexistas ó repartir os xoguetes.

  • Rechazade tamén os xoguetes bélicos, que disparen obxectos pequenos ó aire ou que fagan ruidos estridentes.

  • Non lle traiades demasiados xoguetes a un só neno ou nena porque un exceso destrúe a fantasía e produce aburrimento

  • Os videoxogos non son xoguetes, son produtos de ocio interactivo; se os regalades estudiade con atención os contidos e a clasificación por idades


  • E lembrade? un LIBRO é sempre o mellor agasallo.



BO NADAL!!
Comentarios (7) - Sección: Dep. Orientación - Educación - Familias - Publicado o 20-12-2008 14:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
7 Comentarios
1 pobles reis magos e papa noel,anda que era mellor que os ingnoraran e non lles cargaran tantos anuncios,etc.Un #blgtk08#ano destos se van a artar e la van os regalos.Espero que no pase nunca jo...senon seria aburrida anavidad non.
É o que dixo belen-quinto (21-12-2008 20:28)
2 Por un ano cheo de saúde, boas lecturas e mellores amizades coas que compar#blgtk08#tir momentos inesquecibles.
Felices Festas
Bicos dende Fene!!
É o que dixo O Segrel do Penedo (22-12-2008 11:42)
3 Moitas grazas, Loly. Os nosos mellores desexos tamén para ti e o meu agradecemento pol#blgtk08#a túa incondicional disposición para compartir e axudar.
Un bico,
Julia
É o que dixo MIK (22-12-2008 11:50)
4 Atinados consellos para as súas maxestades que, ás veces, andan algo despistadas sobre todo coas cousas da modernidade.#blgtk08# Bos agasallos, boas lecturas e bos amigos. Tamén no 2009.
Bicos malpicáns, que mañá serán vigueses.
olga
É o que dixo olga (22-12-2008 22:17)
5 Olga,eu tamén che desexo o mellor para o vindeiro ano. Que chegue repleto de ilusións e ledicia, de éxitos e, sobre #blgtk08#todo, de amor e amizades coas que compartir lembranzas, proxectos e unhas boas risas.
Un bico,
Julia
É o que dixo MIK (23-12-2008 01:07)
6 Estupendas recomendacións.Aproveitamos para enviarvos un saúdo navideño d#blgtk08#ende o outro lado da ría.
Feliz nadal e moitos biquiños!!!!!!!!!!
É o que dixo Isa (24-12-2008 11:46)
7 Moitas grazas, Isa. Nós tamén vos desexamos o mellor. Que o 2009 veña cheo de bo#blgtk08#s momentos e de moita ledicia para compartir.
Moitos bicos,
Julia
É o que dixo MIK (24-12-2008 12:36)
E ti que dis?
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0