O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

COMO UNHA NOVELA
Título: Como unha novela
Autor: Daniel Pennac
Editorial: Edicións Xerais de Galicia

Pennac proponse unha tarefa tan simple como necesaria nos nosos días: que o adolescente perda o medo á lectura, que lea por pracer, que se embarque nun libro como nunha aventura persoal e libremente elexida.

"Como unha novela" é unha reflexión sobre a literatura e a súa relación co ser humano que non só interesa en calidade de educadores senón tamén como lectores.
Ao final do libro Pennac establece os dez dereitos do lector. Dereitos obvios cando pensamos en nós como lectores pero que quebrantamos cando se trata dos nen@s lectores:


1. O dereito a non ler. A liberdade de escribir non debe ir acompañada do deber de ler. Evitarase considerar a priori a calquera individuo que non le como un bruto potencial ou un cretino contumaz.

2. O dereito a saltar as páxinas. Un pode saltar perfectamente os parágrafos, páxinas ou partes do libro que non lle interesan.

3. O dereito a non terminar un libro. Hai 36.000 motivos para abandoar unha novela antes do final: a historia non interesa, sensación de tela lido antes, non gusta o tema... Un libro cáenos da man? Que caia.

4. O dereito a reler. Pódese reler simplemente polo pracer da repetición, a ledicia do reencontro.

5. O dereito a ler calquera cousa. Pódense ler malas novelas. A certa idade poden estimular o saudable vicio da lectura.

6. O dereito ao bovarismo. A satisfacción inmediata e exclusiva das sensacións. Non porque unha moza coleccione novelas rosas acabará tragando unha culler de arsénico.

7. O dereito a ler en calquera lugar. Un exemplo vale máis que mil palabras: o soldado Fulano preséntase voluntario para limpar as letrinas. É un traballo despreciable pero rápido. Un cuarto de hora de limpeza permítelle ler as obras completas de
Gógol.

8. O dereito a pasar follas sen máis. Coller calquera volume da biblioteca e pasar as follas. Pódese abrir
Proust, Shakespeare ou Chandler por calquera parte; seguro que proporciona cinco minutos interesantes.

9. O dereito a ler en voz alta. Ler en voz alta para un mesmo ou para os outros é un exercicio estimulante.

10. O dereito a calar. Absoluto dereito a non opinar sobre o que se leu.

Daniel Pennac. Como unha Novela

Algunhas reseñas e opinións: Solodelibros - Los cuadernos de azul y marrón


Comentarios (4) - Sección: Recomendacións de lectura - Novidades - Publicado o 10-12-2008 23:14
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentarios
1 ¡... e non perde actualidade!

Caeu nas miñas mans no ano 96, cando estabamos a crear a que hoxe é a nosa biblioteca. Nunca agradecerei ab#blgtk08#ondo aquela casualidade.
Paréceme moi acertado que o volvades a traer a colación así que, probablemente vos copiemos a entrada.(Con permiso :-)
É o que dixo olga (11-12-2008 18:13)
2 Foi un libro que lin no meu primeiro ano de carreira, e cando fixen o proxecto da miña libraria tiña moi claro que ese sería o seu nome e así é e agardo que lagún día veñades a coñecer a libraría Como unha novela do mesmo xeito que vos recomendo quesexa cal sexa a vosa ida#blgtk08#de, xénero literario favorito etc sumerxidevosnas palabras de pennac. Àproveito para recomendarvos Malde escola, recentemente publicado tamén por Xerais. Grazas. Como unha novela esta na Laracha e este son o tel 981 642 111 e enderezo electrónico raquel_cf_cun@hotmail.com
É o que dixo RAQUEL (11-12-2008 19:55)
3 Olga,por suposto que podedes copiar a entrada, faltaría máis! A cousa é que me parecía que quedara un pouco esquecido este libro marabilloso engulido polo seu irmán #blgtk08#por parte de pai, Mal de escola. E sen querer quitar méritos a este último (Deus me libre!) quixen lembrar aqueloutro ao que tanto debemos algúns.
Unha aperta
É o que dixo MIK (11-12-2008 21:29)
4 Raquel, que precioso nome ten a túa librería! Visitareina seguro en canto se me presente a oc#blgtk08#asión.
E, por suposto, coincido contigo ao recomendar as palabras do mestre Pennac.
É o que dixo MIK (11-12-2008 21:35)
E ti que dis?
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0