|
|
|
DÍA ESCOLAR POLA PAZ |
|
Impresionad@s polos horrores das guerras, pola manipulación da realidade que teñen feito os grandes e pequenos poderes para xustificala e pola destrución da memoria dos pobos, os ensinantes, os bibliotecarios, debemos seguir buscando co noso traballo o fortalecemento da PAZ e a verdade. A verdade porque somos os administradores dos materiais que conteñen todas as verdades, porque dunha información completa xorde a verdade. A PAZ porque o entendemento entre as persoas é a base do noso traballo; tratamos que comprendades, coñezades e aceptedes o que din outros, tentando abrir mentalidades, facilitando o acceso ás ideas expresadas ao longo dos séculos; todo o contrario do que conseguen as guerras. Por iso, colocamos a tarefa de nos opoñer a elas como a primeira e máis importante do noso labor cotián.
Un bo xeito de ir contra a guerra é divulgar a obra dos poetas que con palabras emocionantes, moito máis impactantes que as balas, fixéronlles fronte. As persoas somos unha mestura de razón e sentimento; nas grandes cuestións necesitamos alimentar o corazón tanto como a cabeza, e os poetas saben alimentar o corazón.
ENTRE TOD@S CONSTRUIREMOS A PAZ
|
|
|
|
1 Comentarios |
|
1 |
deixame abraiada a capacidade que tes de decir cusas bonitas,#blgtk08# sentidas e sinselas, sen caer na pedanteria o a cursileria. |
|
|
É o que dixo (01-02-2008 13:57) |
|
|
E ti que dis? |
|
|
|
|