|
|
|
SAMAÍN TERRORÍFICO!! |
|
O miolo do noso ratiño non para de argallar sorpresas superdivertidas e moi emocionantes! Desta vez tocoulle ao alumnado de E. Infantil tremer e gozar dun terrorífico contacontos nun misterioso lugar do noso cole. Primeiro, os nenos e nenas tiveron que entrar por unha porta moi tenebrosa, pero como son tan valentes... nin chisca de medo!!!! Logo, todo estaba escuro e, de súpeto, apareceu a maxia! Alí agardaba un amigo algo particular da profe Rocío, xunto coa súa axudante "Man". Entre os dous relataron as aventuras e peripecias dun simpático morcego. Pasámolo xenial!!! GRAZAS, MIK!!!! O ALUMNADO DE 4º de EDUCACIÓN INFANTIL tamén o pasou DE MEDO!!! |
|
|
|
E ti que dis? |
|
|
|
|