O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

FESTA RACHADA NO DÍA DA BIBLIOTECA!!!
QUE DÍA TAN DIVERTIDO E EMOCIONANTE!!! Hoxe foi o gran DÍA DA BIBLIOTECA no que, por fin, a biblio comeza a súa andaina no curso 18/19. Xa estaba desexando que chegara o momento porque vos tiña preparadas unha morea de sorpresas requeteguais e, por suposto, botaba moito de menos as vosas visitas. A partir do luns xa podedes facer uso dos servizos de préstamo semanal e de lectura nos recreos.
Antes de facer a crónica deste día tan especial queremos agradecer a colaboración e xenerosidade de Roscón e Uxía, compoñentes da banda de música infantil UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA, que nos dedicaron desinteresadamente o seu bo facer e o seu tempo. MOITÍSIMAS GRAZAS!!!

UN DÍA PARA LEMBRAR:
Cando chegou a hora todos os grupos de alumnado baixaron á biblioteca, decorada dun xeito moi artístico e colorido, onde se atoparon coa exposición de novidades e a exposición temática sobre PINTURA, o tema do PDI deste curso. Despois de repasar as normas e os servizos que se ofrecen na biblioteca, puideron botarlle unha ollada aos libros novos, recolleron as mochilas viaxeiras, que xa emprenderon hoxe a súa viaxe, saborearon o doce agasallo de benvida e fixeron un pousado no photocall que achegou a familia dun alumno.
Ao rematar a visita á biblioteca, percorreron a exposición de traballos en familia arredor do lema "LER vaiche que nin PINTADO"
Ademáis, aos nenos e nenas de primeiro de EP e aos de nova incorporación ao centro entregáronlles as súas carpetas e os seus flamantes carnés de usuari@s.
Para ver as fotos clica na ligazón correspondente:
SEXTO EP - QUINTO EP - CUARTO EP - TERCEIRO EP - SEGUNDO EP - PRIMEIRO EP
Como guinda do pastel, o magnífico espectáculo de música e baile que nos ofreceron Uxía Lambona e Roscón, coa colaboración especial dunha estupenda actriz revelación, que fixeron as delicias do noso animadísimo alumnado.

ÁLBUM DE FOTOS
Como mostra do ben que o pasamos aquí vos deixo o vídeo do comezo da festa!!!
Se queres ver máis vídeos do fantástico espectáculo fai clic AQUÍ
QUE DÍA TAN XENIAL!!!!
Moitos bicos ratunos para tod@s e moitas grazas, novamente, a Roscón e a Uxía Lambona por esta xornada inesquecible.
E xa sabedes, AGÁRDOVOS NA BIBLIO!!!
Comentarios (8) - Sección: Biblioteca - Publicado o 26-10-2018 21:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
8 Comentarios
1 nos gusto la #blgtk08#vaca lambona
É o que dixo isergi (29-10-2018 10:14)
2 me gusto mucho la actuación de uxia y me#blgtk08# gusto mucho cuando me subi al escenario
É o que dixo violeta (29-10-2018 10:16)
3 me gusto mucho #blgtk08#Uxia lambona.
É o que dixo davi (29-10-2018 10:17)
4 que chula foi#blgtk08# a actuacion
É o que dixo lauriuxi (29-10-2018 10:20)
5 Me gustó mucho la f#blgtk08#iesta de la biblio
É o que dixo VICTORIA (29-10-2018 10:23)
6 me gusto mucho,f#blgtk08#ue muy divertido
É o que dixo Alba F (29-10-2018 10:25)
7 Me encanto la obr#blgtk08#a y eol baile!!!!
É o que dixo VICTORIA (29-10-2018 10:26)
8 Fue muy dibertido ,aunque el gato me daba mucho miedo ,pero me rey mucho . La #blgtk08#niebla molaba mucho .Se notaba que los fantasmas eran de mentira .
É o que dixo Cecilia (29-10-2018 10:27)
E ti que dis?
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats