O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

REFRANEIRO DO MES DE OUTUBRO
Desde o blog Ghafos achégannos o refraneiro do mes de outubro:

- Por San Francisco bota o liño mourisco, se o botas en San Simón nin da estopa nin estopón.
- Por San Francisco, risco, risco. Por san Lucas alza o boi da suca, mata o porco e tapa a cuba.
- En san Francisco trae a vela, en San Xosé lévaa.
- Pasados os Remedios e san Roque, xa non hai sesta nin merendotes.
- Polo Pilar, os nabos na terra e o viño a envasar.
- Polo san Lucas mata o teu porco e barra a túa cuba / as túas cubas.
- Polo san Lucas saben ben as uvas.
- Polo san Lucas solta os bois, mata os porcos e tapa as cubas.
- Por san Xudase san Simón, collidas as uvas son.
- Polo san Simón proba o viño, e o porco polo san Martiño.
- Polo san Simón, áncoras ó fondón.
- Por san Simón a xeira do cogordón.
- Por san Simón cada moneda vale un doblón.
- Por san Simón e san Xudas, collidas as uvas.
- Por san Simón e san Xudas, mata o teu porco e atesta as túas cubas.
- Por san Simón o néspero se repón.
- Por san Simón, aperta o baldón.
- Por San Simón, camiñar si, navegar non.
- A verdura de San Simón dá pro (para o) amo e mais pro (para o) ladrón.
- Áncoras ó fondo, que chega San Simón.
- As avenidas de San Simón, antes ou despois sonadas son.
- As enchentes de San Simón sonadas son, ou antes ou despois enchen o carro e mais os bois.
- Por san Martiño e san Xudas, piñeiriña das túas uvas.
- Por san Quintín castañas ó rolín.
- A lúa de outubro a sete cubre, e se chove, nove.
- A lúa de Outubro sete lúas cobre, e se chove, cobre nove.
- En outubro, a terra esterca e cobre.
- En outubro, non molesta o lume.
- Outubro viñateiro, pai de bo xaneiro.

AS DATAS (para telo máis claro):
- San Francisco, 4 de outubro.
- Os Remedios, o segundo domingo de outubro;
- O Pilar, 12 de outubro.
- San Lucas, 18 de outubro
- San Xudas e San Simón, 28 de outubro.
- San Quintín, 31 de outubro.
Nota:
- Baldón ou bandón é o tapón de cortiza ou madeira co que se tapa o burato da tapa superior dos bocois.
- "Barrar as cubas" é tapar calquera greta ou abertura que poida ter a cuba para asegurar a súa hermeticidade. Facíase con lama ou pez.
Neste mes entrarían tamén moitos dos refráns que hai sobre o outono, que tanto pode ser chamado estación ou mes  do ano.

Ver tamén curiosidades de outubro.
Comentarios (0) - Sección: Outono - Publicado o 05-10-2013 16:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
E ti que dis?
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats