O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

QUE LIORTA, MIÑA MADRIÑA!!!
Ai, ai , ai...amiguiñ@s: que liorta que acaba de suceder! Cóntovos: 

Eran sobre as 7 da tarde. Só se escoitaba a vasoira da señora da limpeza... ata que, de súpeto oín unha tremendísima discusión. Achegueime con moito tino de que non me vise ninguén, puxen en forma as miñas orellas de rato...
Nestas vexo un calamar xigante... si, grande, pero grande, que viña acompañado dunha chea de peixes de cores e algunha que outra medusa fachendosa.
Alí comezaron a falar a voces:


Calamares.- Eh, señores elefantes !! Protexedes a selva, as nubes, o río e tamén os mares. Que vai pasar cos que andamos polas profundidades? Acaso, por ser elefantes credes que tedes dereito a mandar nos calamares?

Elefante 1.- Tranquilos, seres de moitos brazos. Con vós ninguén se meteu. Non esteades preocupados. Seguide no fondo do mar. O home é un perigo na terra, onda vós non vai chegar. Se vos vedes en perigo, entón si que nos avisades. Estaredes protexidos por todos os elefantes.

Calamares.- Non queremos protección, xa volo dixemos antes. Vimos aquí a reclamar. Queremos ser gobernantes! Estar coma vós, aí ben cómodos subidos. A ver se credes que sodes os únicos entendidos.

Elefante 2.- Compartir estas alturas? Pero... señor calamar !! se en canto vos quitan da auga non sabedes respirar. Non nos veñades con contos. Cada un no seu lugar. Que prendan as luces da sala, que hai que continuar!!

Non sei que pasará o venres 8... pero algo moi serio. Co susto que levei esquecín a cámara de fotos. Mañá, se voltan os calamares, quítolles unhas fotos. Ata mañá. Non esquezades as ordes de don Porcallán!!
Comentarios (5) - Sección: ENTROIDO - Publicado o 05-02-2013 19:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentarios
1 de parte de Toniño que como te pi#blgtk08#lle na aula vaite poñer a andar.
É o que dixo noa .aurora.sofia (06-02-2013 11:49)
2 De parte de TONIÑO QUE ES UN MÉTOME EN TODO.#blgtk08#r /> dE ONDE QUITACHES ESAS FOTOS TAN CHULAS?
É o que dixo Lucia y Laura (06-02-2013 11:50)
3 eu escoitei que os calamares se en#blgtk08#fadaron e fixeron unha marea negra.
É o que dixo noa (06-02-2013 11:53)
4 Que nerbios espero que sea viern#blgtk08#es.
Ufffffffffff¡¡¡¡¡¡¡¡¡
É o que dixo sofia (06-02-2013 11:59)
5 Hola mik , amin gustariame que tibeses xa s#blgtk08#a fotos .Un bico humán da túa amiguiña Ana.
É o que dixo ana (06-02-2013 17:33)
E ti que dis?
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats