Rematamos o trimestre cun día moi especial!!! O ratiño MIK enviounos dous duendes á biblio do cole para que nos contara un conto moi chulo que se titula "SER O NO SER UNA MANZANA". Á hora prevista todas as aulas conectamos por videoconferencia cos axudantes de MIK, que se atopaban moi preparados a carón da cheminea. MOITAS GRAZAS, MIK!!!
Por último, neste remate de ano tan especial, o equipo da biblioteca quere felicitar a toda a comunidade educativa e desexarlle un bo Nadal e un espléndido 2021.
Seguimos coa conta atrás para chegar ao Nadal co calendario de adviento. Hoxe tocou abrir catro sobres nos que atopamos as pezas que faltaban para completar o puzzle da pintura de Leandro Lamas:
Tamén descubrimos anécdotas sobre pintores famosos como Picasso e saboreamos o queixo Camembert, que foi a inspiración de Dalí para o seu cadro "A persistencia da memoria"
Pois non sei como fai este ratiño MIK para enterarse dos segredos que o profe Toniño garda para o Nadal. Grazas ás pescudas de MIK xa sabemos unha das cancións que soarán nese día especial. Aquí volas deixo para que vaiades ensaiando: Ssshhhh!! Dice o ratiño MIK que esta canción será o número navideño dos nenos e nenas de 1º e 2º de EP (non llo digades a ninguén!!!!)
Bueno, bueno... Por fin xa chegaron as vacacións de Nadal!! Como sabedes, nestas últimas semanas ando moi atarefado coas obras da biblioteca e non podo vir polo Recanto a contarvos todas as cousas interesantes que ocorren na nosa escola, pero prometo ir deixando toda a información, as fotos , os vídeos e todas as novas, que son moitas, que temos no noso cole e, por suposto, na nosa biblio. Para empezar, aquí tendes o vídeo do festival. Menudos actores e actrices!!! Sodes fantásticos e fixestes un traballo estupendo!
PARABÉNS e moitas grazas a tod@s, alumnado, profesorado e, por suposto, ás familias, que sempre están dispostas a colaborar en todas as nosas propostas.
Tamén podedes ver o guion da obra "O DEMO ASUBIADOR", froito da imaxinación do noso profe Toniño, facendo clic na imaxe de abaixo. Moitos bicos ratunos para tod@s e... estade atentos porque axiña teredes aquí as fotos!!
Xa chegaron os Reis Magos aos fogares dos nenos e nenas de todo o mundo. Por alí pasaron, deixaron os seus agasallos e, en moitas ocasións, comeron mazapán ou turrón.
E a ti, que che trouxeron? Se queres compartir coa nosa comunidade a túa alegría, podes contalo nun comentario. Se non fuches moi afortunado (ou portácheste mal), cóntanolo tamén! Se prefires enviar unha foto ao correo bibliotics3@gmail.com incluirémola no álbum de agasallos. Agardo que tod@s teñades recibido bonitos regalos e que gozarades do día coas vosas familias, porque as vacacións de Nadal rematan xa e toca volver ao traballo. Vémonos axiña!!! Moitos bicos ratunos!!
Desde este recanto queremos desexar a toda a comunidade educativa un Nadal cheo de ledicia e que o ano 2015 nos traia novos e frutíferos proxectos e moitas e renovadas ilusións. BO NADAL A TOD@S!!