Aínda que o tempo non axudou, a festa do magosto resultou moi animada e superdivertida. Os preparativos comezaron días antes elaborando colares, coroas e cestiños para as castañas. O alumnado estivo moi creativo:
Alumnado de 5º de EI
Os nenos e nenas de 5º de EP encargáronse de facer uns preciosos cartaces para empregar durante os xogos:
O ximnasio do centro foi o campo de xogos onde tod@s gozaron pasando polas distintas "estacións" con propostas inxeniosas e que "molaban" moito.
Para finalizar, chegou a papatoria das riquísimas castañas asadas que nos tiña preparadas Alfonso, o noso querido conserxe. Queremos dar as GRAZAS e unha agarimosa aperta á profe MARILUZ e ao profe VICENTE, sempre dispostos a brindarnos a súa axuda.
Que ben o pasamos hoxe!!! Despois de ter que aplazar a celebración do magosto, por fin
puidemos gozar dunha festa estupenda na que houbo moitas castañas, e non só para comer, xa que as castañas foron as protagonistas de todos os xogos que fixemos: "A castaña sorpresa", "Castañas no camiño", "Castañada", "Tragacastañas" "Carreiras de culler con castaña", Carreira de sacos de castañas"... Houbo quen logrou completar todos os xogos e outros conseguiron récors de velocidade. A verdade é que sodes moi habilidosos!!!
Pero, claro, mentres nós estabamos rindo e xogando, Alfonso, coa axuda de dous convidados moi especiais, prepararon a fogueira e asaron as castañas como os grandes chefs: estaban boíiiiiisimas!!!
Os nenos, nenas e profes estaban na zona de xogos, aproveitando ben o tempo nos xogos e facendo sitio na barriga:
Despois todo o alumnado, EI e EP xuntámonos para cantar "O rap das castañas" e bailar o "Baile da castañeira":
E, para finalizar, unha enchenta de riquísimas castañas asadas!!!
Por suposto, non podía faltar a "maquillaxe":
FOI UN DÍA XENIAL!!!!Queremos dar as grazas e unha agarimosa aperta a Alfonso, Vicente e Mariluz por ser tan estupendos cociñeiros. Moitos parabéns ao profe Toniño e á profe Vinca pola perfecta organización, e a todos os profes e profas pola súa colaboración e entusiasmo na dirección dos distintos xogos. E, por suposto, a todas as familias que, como sempre, nos axudaron coa achega de castañas e leña.HAI MOITÍSIMAS FOTOS MOI CHULAS E SIMPÁTICASAQUÍ.Nos próximos días iremos subindo máis, só tes que estar atento e seguro que atoparás as túas!!
O vindeiro venres, día 6 de novembro, se o tempo nolo permite, celebraremos no cole a festa do magosto. Xa andan todos os nenos e nenas atarefados cos preparativos: elaboran murais, fan os seus cestiños para as castañas, aprenden refráns e cantigas e, ademáis, o alumnado de 5º de EP inventou un rap que cantaremos e bailaremos ese día. Será moi divertido!!! Se queredes ver os artísticos cestiños que prepararon noutros anos premede aquí ou aquí.
O día 29 de outubro celebramos o MAGOSTO no cole. Pasámolo requetebén!! Primeiro baixamos ao patio cos nosos preciosos CESTIÑOS preparados para enchelos de castañas:
Mentres Alfonso asaba as castañas...,
os nenos e nenas divertíronse xogando a moitos xogos tradicionais:
Cantamos e bailamos ...
"Maquillámonos..."
E, por suposto, comemos castañas a fartar!!!
Convidamos ás familias a acompañarnos no "banquete" de castañas e agradecémoslle moito que quixeran acompañarnos unha vez máis nun día tan divertido. GRAZAS A TOD@S!!
Podedes ver moitas máis fotos AQUÍou na presentación de abaixo:
Como tamén andamos a voltas co MAGOSTO, déixovos aquí algunhas propostas de actividades para ir meténdonos na festa. No panel lateral atoparedes a ligazón a moitos máis recursos e AQUÍ veredes as actividades que levamos feito en cursos pasados arredor desta celebración. RECURSOS E ACTIVIDADES:
O MAGOSTO NA ESCOLA (do colectivo Ollo de Sapo):
ACTIVIDADES LIM PARA 2º E 3º CICLO (Ana Martínez Rey):
ACTIVIDADES LIM SOBRE A CASTAÑEIRA, de Ana Martínez Rey:
OUTRO SOBRE O CONTO "A castaña que rebentou de risa", da mesma autora:
¡Que ben o pasamos o venres na nosa festa do magosto! Nenos e nenas, profes e algunhas familias xuntámonos para celebrar a festa das castañas. Xogamos moito, rimos, cantamos e comemos a fartar.
Gracias a Alfonso, o noso conserxe, que se encargou da fogueira e de asar as castañas que, por certo, estaban riquísimas, no seu punto. Gracias tamén ás familias polas súas achegas e a todas as persoas que quixeron acompañarnos neste día tan especial no que ata o sol brillou espléndido, facendo do venres unha xornada perfecta.
Axiña vos traerei a reportaxe fotográfica. Polo de agora déixovos as seguintes actividades, que son moi divertidas, para que demostredes todo o que sabedes sobre a castaña e o magosto:
Se premes no cucurucho de castañas poderás ver as fotos dos nenos e nenas do 1º ciclo de Primaria, un aperitivo mentres agardamos que nos cheguen todas as demáis.
O vindeiro venres, día 5 de novembro, celebraremos no cole a festa do magosto. Xa andan todos os nenos e nenas atarefados cos preparativos: elaboran murais, fan os seus cestiños para as castañas, aprenden refráns e cantigas... Estade atentos porque ireivos contando o que fan estes pequenos artistas. De momento déixovos aquí un "aperitivo" para ir facendo boca (preme nas imaxes para facelas máis grandes):
E aquí tendes unha canción moi chula para cantar mentres se asan as castañas:
E agora, como "postre", anímate a realizar esta webquest sobre o MAGOSTO, elaborada no Ceip Pombal. Seguro que aínda aprenderás máis cousas!! (Preme na imaxe das castañas)