|
|
CAZA O GAZAPO |
|
 ¿Considéraste desas persoas que as pilla todas, que non deixan escapar unha "pifia" por ben camuflada que estea? ¿Gústache expresarte con propiedade e claridade? Pois ponte a proba con este recurso interactivo para a identificación e corrección de erros expresivos (erratas, ambigüidades, fallos ortográficos, léxicos, sintácticos, de puntuación?) de trinta textos con tres niveis de dificultade: Terceiro Ciclo de Primaria, ESO e Bacharelato.

A la caza del gazapo
Visto en Leer.es
|
|
|
|
PRADOMEDIA: UN FANTÁSTICO RECURSO |
|
PradoMedia é unha nova canle do Museo do Prado dedicada en exclusiva a recompilar e dar acceso directo a todos os contidos multimedia da web: vídeos, audioguías, infografías, xogos...
Inclúe contidos relacionados coas exposicións temporais (actuais, pasadas e futuras), a Colección e a actividade de restauración e formación do Museo. Entre eles, cinco novos xogos con distintos niveis de dificultade e novas audioguías infantís.

|
|
|
|
DÍA DA POESÍA. POEMAS E OUTROS RECURSOS |
|
De cara á celebración do Día da Poesía, e como ven sendo habitual, a biblioteca ofrece aos docentes unha recompilación de recursos para facilitar o traballo na aula. Atoparedes a ligazón no panel lateral, premendo en "Día da poesía". Esta recompilación pódese ir enriquecendo coas vosas achegas polo que se coñecedes algún recurso de interés agradecemos que nolo comuniquedes para engadilo á nosa listaxe.
.jpg)
|
|
|
|
RECURSOS ENTROIDO E SAN VALENTÍN |
|
 Como ven sendo habitual, a nosa biblioteca pon a disposición do alumnado e dos docentes unha recompilación de recursos educativos arredor das diferentes datas e efemérides. Nesta ocasión chegan xuntiños o Entroido e o Día de San Valentín, así que xa tendes no panel lateral as ligazóns correspondentes. Esperamos que vos gusten e que vos sexan de utilidade. Se coñecedes algún recurso que consideredes de interese podedes deixalo nun comentario.
|
|
|
|
IGUALDADE DE XÉNERO, COEDUCACIÓN - RECURSOS |
|
Relación de recursos para promover a igualdade de xénero
(Preme na imaxe)

|
|
|
|
FÁLAME DE TI |
|
Háblame de ti é unha proposta didáctica de interculturalidade para nenos e nenas de Educación Infantil e primeiros cursos de Primaria, promovida polo Instituto da Muller e o Instituto de Migracións e Servizos Sociais. O material ten como obxectivo facer real a igualdade de oportunidades recoñecendo e valorando as diferenzas.

Moita máis información, materiais e ferramentas didácticas sobre este tema no portal Aula intercultural

|
|
|
|
|
|
|