Para traballar durante a semana da prensa nos centros escolares temos na seguinte ligazón unha escolma de actividades e recursos que nos poden ser útiles para levar ás aulas:
Podedes acceder a esta ligazón permanente no panel lateral da esquerda, no botón:
Como ven sendo habitual, a biblioteca do centro ofrécenos unha selección de recursos, materiais e propostas didácticas para levar a cabo nas aulas. Esperamos que vos sexan útiles:
Velaquí algunhas páxinas onde atoparedes información, lecturas, actividades, recursos, xogos... para traballar nas aulas arredor desta data. Esperamos que vos sexan útiles:
O 8 de marzo en O RECANTO DE MIK: diferentes anotacións sobre esta data que recollen presentacións, recomendacións de libros, suxestións de películas...
Non deixes de pasar por Trafegando ronseis, onde nos ofrecen o seu excelente traballo de compilación nunha completísima panorámica coas propostas dos blogs das bibliotecas escolares e dos equipos de normalización:
Seguro que andades moi atarefados preparando os vosos disfraces para participar no festival do cole ou nas festas e desfiles da vosa localidade, para disfrutar neses días de troula que xa están a piques de chegar.
Pero..., que sabedes sobre o ENTROIDO? Se queredes poñer a proba os vosos coñecementos sobre esta tradicional celebración empezade por este cuestionario:
Igual xa eres un expert@ en entroidos pero aínda podes aprender máis con estas actividades que atopamos na Casa de tolos:
E se queres imitar a Mik Holmes proba con esta caza do tesouro, ninguén saberá máis ca ti!!
E para rematar, se es un trouleiro/a de primeira, aquí tes unhas páxinas onde atoparás de todo: información, xogos, manualidades, imaxes...
De cara á celebración do Día Internacional dos Dereitos Humanos, achégovos unha recompilación de recursos que irei completando estes días. Espero que vos sexa útil (preme na imaxe).
Tamén poderedes atopalos nunha ligazón permanente no menú de navegación (panel lateral).
O 20 de novembro conmemórase a data en que a Asemblea Xeral aprobou a Declaración sobre os Dereitos do Neno en 1959 e a Convención sobre os Dereitos do Neno en 1989. Por iso, o 20 de novembro pasou a ser o Día Universal dos Nenos e as Nenas.
Aquí tes aos Lunis cantando os teus dereitos:
Na páxina web de Rayuela atoparás textos, contos e xogos para traballar todos e cada un dos Dereitos dos nenos e as nenas. Para aprender divertíndonos! Bótalle unha ollada, merece a pena:
A continuación, varias páxinas de recursos que nos poden ser útiles nas aulas para traballar valores e contidos transversais: