O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

OS NENOS DO CABLE
Lembrades a entrada de hai uns días sobre o transporte escolar e as diferenzas, vergoñentas, entre uns nen@s e outr@s? Pois aquí temos outro "caso" de transporte escolar, con outros protagonistas e noutro país:

Nun antigo programa da televisión colombiana, chamado "la banda francotiradores" apareceu esta historia conmovedora de como uns nenos campesinos de moi baixos recursos deben "arriscar" a súa vida todos os días para poder ir á escola. A crónica data de decembro do 2007 e eu pregúntome se terán solucionado a día de hoxe este perigoso percorrido. Oxalá!!



Comentarios (0) - Sección: Varios - Publicado o 22-07-2009 13:16
# Ligazón permanente a este artigo
A IMPORTANCIA DE NACER NUN LUGAR
Está claro que non todos teñen as mesmas oportunidades (Grazas, Cristina, polas imaxes)

SCHOOL BUS IN JAPAN




SCHOOL BUS IN PAKISTAN



Comentarios (0) - Sección: Varios - Publicado o 17-07-2009 20:10
# Ligazón permanente a este artigo
PROGRAMA LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 09/10
Información recollida vía Reibonteca:
Nota enviada pola Consellería con data 26 de xuño
A Consellería de Educación informa aos centros educativos das novidades no programa de libros de texto para o vindeiro curso escolar:

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria aportará 180 ? por alumno de familias con rendas baixas grazas ao novo sistema de axudas á compra de libros en centros públicos e concertados, que vai sustituír progresivamente ao mecanismo de préstamo vixente. O novo programa dotará ás familias de bolsas que cubrirán a compra en función do nivel da renda, asegurando axudas para as familias con menos recursos.
A bolsa cubrirá a totalidade do gasto en libros para familias con ingresos de ata 5.400 euros anuais por persoa no fogar ?ou ata 6.000 ?, se a familia é monoparental- cunha axuda máxima de 180 euros por cada neno. Para as familias con ingresos entre 5.400 e 9.000 euros por persoa no fogar ?ou entre 6.000 e 9.000 ? no caso das monoparentais-, a Consellería garante unha axuda aproximadamente da metade do custo.
Ademais, a bolsa será de ata 250 euros para o alumnado de Educación Especial, independentemente dos ingresos familiares.
A convocatoria de solicitudes de bolsas sairá publicada este verán e abrirá un prazo durante o mes de setembro para que as familias soliciten as axudas nos centros educativos. A Consellería implantará un sistema de tramitación que non supoña un traballo adicional para
os centros, do que se informará en canto se ultimen os detalles.
Implantación progresiva:
O sistema de axuda á compra de libros comezará nos dous próximos cursos para 1º, 2º, 5º e 6º de Primaria e Educación Especial, que son os niveis nos que o calendario fixaba a reposición total. No curso 2011-12 sumaranse 1º e 3º da ESO, para pasar a cubrir todos os niveis a partir do curso 2012-13. Polo tanto o programa actual de préstamo irá desaparecendo paulatinamente durante a implantación do novo sistema, polo que o vindeiro curso os alumnos de 3º e 4º de Primaria e os de Secundaria recibirán os lotes xa existentes nos centros no mes de setembro. Durante o mes de xullo sariá publicado no DOG a convocatoria de reposición para estes cursos nos que se mantén o préstamo o vindeiro curso, que será similar á de anos anteriores en canto a importes máximos.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2009
O DIRECTOR XERAL DE CENTROS E RECURSOS HUMANOS
José Manuel Pinal Rodríguez




Comentarios (0) - Sección: Varios - Publicado o 27-06-2009 11:14
# Ligazón permanente a este artigo
VALE A PENA
APAGA AS LUCES, ACENDE OS ALTAVOCES E MIRA ATENTAMENTE. NON CRES QUE ESTAMOS A ESTRAGAR O NOSO MARABILLOSO FOGAR? FAI O QUE ESTEA NA TÚA MAN PARA CONSERVALO, VALE A PENA!!



Comentarios (4) - Sección: Varios - Publicado o 08-04-2009 22:20
# Ligazón permanente a este artigo
SELO VIOLETA
Desde o blog amigo CONTOMUNDI chéganos O Selo Violeta, un agasallo que nos gusta moito xa que este selo representa, segundo os seus creadores, ?as sensações que a cor violeta traz para a nossa mente. Este prêmio é dado aos blogs que têm algumas das sensações da cor violeta. São algumas delas: magia, encantamento, graciosidade, magnetismo... e tudo aquilo que parece mágico". Moitísimas gracias!!
E tamén lle damos as gracias a BIBLIOTECA BREA SEGADE e a BIBLIOBELESAR por agasallarnos con outro selo violeta. É estupendo ter amigos!!

As regras son as seguintes:

- Exhibir o Selo Violeta no seu blog coas regras;
- Indicar cantos blogs consideras que merecen este selo;
- Avisar aos indicados, non te esquezas diso!;
- Escribir dous poderes máxicos que xa imaxinaches ter.

"Blogs violeta":

Biblioteca Milladoiro Malpica
Biblioteca Ceip Bouza Brey
A tartaruga lectora
Bibliobelesar
Departamento de Orientacion
Aprendemos junto a nuestro alumnado

En canto aos poderes máxicos , creo que me viría ben aquel de Mathilda que facía que puidese recordar á perfección todo o que lía ou mesmo me valerían os da fada madriña de Cincenta ou ter no meu bolso a lámpada de Aladino, ou...

Comentarios (3) - Sección: Varios - Publicado o 06-04-2009 21:08
# Ligazón permanente a este artigo
PRECIOSO AGASALLO
Estamos encantados porque hoxe recibimos unha agradable noticia: o blog Blogmaniacos deunos o premio "Olha que blog Maneiro" que significa "Mira que blog tan creativo, tan bonito..." A que é un premio precioso? E témolo por partida doble: para O RECANTO DE MIK e para TI TAMÉN CONTAS
Agradecémoslle este agasallo xa que estas cousas sempre traen folgos renovados. MOITAS GRACIAS!!

Esta mención ten as súas normas, que son:

- Exhibir a imaxe do premio ?Olha que blog Maneiro?.
- Poñer o nome do blog que cho deu.
- Indicar os teus 10 blogs.
- Avisar aos indicados.
- Publicar as reglas.
- Comprobar que os blogs indicados sigan as reglas.

Nós pasamos o premio a:

- Escola de Ismaíl
- Papacontos
- Aprendendo todos xuntos
- Cadernos de Vide
- Biblioteca do Ceip de Pazos
- Curso de sexto en Quintela
- Calotic
- Casa de tolos
- Raioteca
- O Segrel do Penedo


E AGORA DOBLE ALEGRÍA POIS O BLOG BIBLIOBLOGREBOREDA TAMÉN NOS FAI ESTE FERMOSO AGASALLO. GRACIAS, MARGARIDA!!



Comentarios (10) - Sección: Varios - Publicado o 05-04-2009 13:03
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0