Pilar, dende o fantástico blog Los enanitos de mi cole, agasállanos con este precioso selo. Sempre resulta agradable recibir estes recoñecementos que nos aportan unha dose de enerxía para continuar nisto con ilusión. Moitas grazas, Pilar!!! Aínda que as normas esixen enviarllo a 5 blogs, tomareime a liberdade de compartilo cun colectivo ao que me sinto moi orgullosa de pertencer: Blogs das Bibliotecas escolares
Estamos moi contentos e orgullosos porque Alba Crispín Pazó, alumna deste centro ata hai só uns meses e agora alumna do IES Valadares, é unha das cinco galardoadas no Concurso Escolar de Dibujo sobre Derechos Humanos convocado polo Defensor do Pobo e a Fundación de Dereitos Humanos da Comunidade Valenciana.
Por fin veu visitarnos A Maga da Selva! Xa o tentara varias veces, pero sempre aconteceu algo. Nunha ocasión Ikki, o ourizo traveso, agochoulle as gafas, e noutra vez, a pobre, colleu a gripe? pero, por fin, a semana pasada veu á nosa clase e cambiou a cor da auga, converteunos en animais e deixounos unha sorpresa como agasallo. GRAZAS, MAGA DA SELVA!!
Carmen Lodeiro fainos unha crónica da celebración no seu cole da festa do Samaín, no seu estupendo blog A contadora de soños. Aquí vos deixo a presentación da cerimonia druida que levaron a cabo:
En Samaín os druidas, sacerdotes celtas, facían un ritual: prendían lumes sagrados frotando pólas de serbal e de teixo. Logo, deste lume, alimentábanse todas as lareiras das casas. Servía para axudalos a pasar o tempo de sombras e protexer e guiar as ánimas.
Para rematar ben este domingo chuvioso podes ver esta curta de dibuxos animados que seguro que che vai encantar:
?O Diario de Berto? xira en torno á historia dun neno que decide apuntar no seu diario todo o que lle vai contecendo: as relacións cos seus amigos e familia; e todo o vinculado ao seu entorno físico e social. Tamén os seus desexos e inquietudes, os pequenos problemas que resultan inmensos para el? É un neno dunha grande sensibilidade e imaxinación que quere ser astronauta, pero considérase a si mesmo demasiado feo, baixiño e pequeno para alcanzar o seu soño. A través dos seus ollos saberemos qué é a gravidade, por qué vai friaxe no inverno ou cómo funciona un avión, entre outras cousas. (Extraído da Ficha da web da Axencia Audiovisual Galega)
Queridos amigos e amigas, o venres, día 16, estaremos de aniversario. Como pasa o tempo!! Xa levamos dous anos compartindo as nosas experiencias, descubrindo novos camiños, recollendo ideas, facendo amig@s e aprendendo moito con todos vós. Queremos darvos as GRACIAS polas vosas visitas, polos vosos comentarios ou simplemente por estar aí, acompañándonos nesta aventura. Mik atopou neste "recanto" unha fiestra pola que asomarse ao mundo e pola que deixar entrar os ventos fresquiños doutras escolas, coas que compartimos inquedanzas e ilusións. GRACIAS tamén ás familias que nos visitan, ás que participan, ás que nos dan pulo..., e a todo o alumnado, que se involucra dun xeito entusiasta nas nosas propostas. E, por último, GRACIAS ao profesorado, que se implica, media, motiva, anima... MOITÍSIMAS GRACIAS A TOD@S!!!
Pero temos dúas celebracións!! Por unha banda, o segundo aniversario de "O recanto de Mik", e por outra, MIK tamén celebra o seu cumpleanos. E vouvos dicir un segredo (non llo contedes a MIK): os nenos e nenas do cole están preparando unhas tarxetas de felicitación chulísimas.
Por fin chegou o día!! Os nenos e nenas voltaron ao cole cheos de ilusión e alegría, contentos de atopar aos compañeiros, desexosos de contar todas as experiencias do verán e algúns un pouco nerviosos á espera das novidades: aula nova, profes novos, libros novos... Ás nove abríronse as portas do cole, as familias despedíanse con bicos e sorrisos e os nenos e nenas enchían de novo as aulas. Un día moi especial para todos! Claro que entre os máis pequenos ...
TODO O PROFESORADO DO CENTRO DESEXAMOS UN MOI FELIZ CURSO 09/10 A NENOS, NENAS E FAMILIAS. ¡¡BENVID@S!!
No Portal Educativo da Xunta de Galicia aparece publicada a Orde do 20 de agosto de 2009 pola que se convocan bolsas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en centros sostidos con fondos públicos en 1º, 2º, 5º e 6º de educación primaria e en educación especial no curso escolar 2009/2010