O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

PREMIOS XERAIS: UNHA XORNADA INESQUECIBLE

Os gañadores (clic para ampliar).
Procedencia da imaxe.
Son moitas as satisfaccións que, dun xeito ou doutro, me teñen dado os libros e sempre me considerei deudora impenitente e irredenta das persoas que fan posible que chegue ás nosas mans a testemuña do talento, do pensamento, da historia, da cultura... É por iso que me sinto tan honrada por ter formado parte do xurado dos Premios Merlín deste ano, ao carón de persoas de recoñecido prestixio profesional e de grande calidade humana: Gracia Sanctorum, Ángeles Roca, Rodrigo Chao, Antonio Reigosa e Helena Pérez.
Na illa de San Simón, un escenario incomparable pola súa fermosura e polo seu simbolismo, tivo lugar o emotivo acto da entrega de premios, coas intervencións dos gañadores: Anxo Fariña, Héctor Carré e Xavier Queipo polas obras A chave da Atlántida, Febre e Extramunde, respectivamente.
Foi todo un pracer escoitar a María Xosé Queizán, quen actuou como mantedora literaria cun espléndido discurso titulado "Escribir en nome propio".
Non podo deixar de mencionar a Leo Arremecaghona, que amenizou a velada cun espectáculo nada convencional, cun humor cargado de chiscadelas á nosa idiosincrasia, humor do noso, con dobres sentidos e cheo de reivindicacións, co que engaiolou ao auditorio.
Rematou o acto Manuel Bragado cunha breve e atinada intervención na que fixo unha lembranza de Juan Farias, escritor galego falecido recentemente, e solicitou das administracións públicas un maior apoio ao sector do libro e unha clara e decidida aposta pola nosa lingua.

Os meus parabéns aos galardoados e, por suposto, a Xerais pola impecable organización deste evento.

Atoparedes máis información deste acto no blog de Xerais e en Trafegando Ronseis.

Héctor Carré, Xabier Queipo e Anxo Fariña.


FOTOGALERÍA

PREMIOS XERAIS 2011 NOS MEDIOS


Comentarios (2) - Sección: Varios - Publicado o 12-06-2011 17:48
# Ligazón permanente a este artigo
A INSOPORTABLE LEVEDADE DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES GALEGAS


Ante a previsible retirada de formadores específicos no ámbito das bibliotecas escolares no Servizo de Formación do Profesorado, no Centro Autonómico de Formación e Innovación e nos centros de formación e recursos dependentes da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, segundo o borrador da orde que convocará concurso público de méritos para cubrir postos de persoas directoras e asesoras nestes centros queremos manifestar o seguinte:
Hai proxectos que nacen marcados pola vulnerabilidade e a razón desta circunstancia non ten nada que ver coa falta de rigor ou a pouca entrega das persoas que os poñen en marcha. Máis ben ten que ver co feito de que nacen destinados a nadar contra corrente. Con todo, esa é a principal razón da súa existencia: xorden porque responden a unha necesidade non satisfeita pero compartida por un número crecente de persoas que senten que é posible compartir e facer viable o proxecto xuntos. Así naceu o movemento que cristalizou na iniciativa que todos coñecemos como PLAMBE. De xeito que dende hai algúns anos, esa iniciativa levou o mellor da creatividade e o esforzo de moitos docentes que xenerosamente regalaron o seu tempo e a súa capacidade de formar equipos e ilusionar a outros docentes en centros e centros de toda a nosa comunidade. Xuntos aprendemos a ser rigorosos e esixentes nos nosos proxectos, a crear espazos de aprendizaxe colaborativo, de cambios de estratexia, de achegamento ás novas tecnoloxías, de racionalización na xestión da información. Que ninguén se equivoque: os responsables das bibliotecas escolares non son seres evanescentes perdidos en vanas quimeras que tentan ?roubar? horas a materias ?importantes? para que o alumnado esmoreza entre mundos de ficción. Nada máis lonxe da realidade. Nun centro onde hai un equipo que xestiona a biblioteca de forma eficaz nótase. Os fondos adquírense con criterio, establécense acordos para xestionar a información, créanse espazos de colaboración e docencia compartida. Non é doado porque a maquinaria educativa ten unhas inercias difíciles de combater. A pesar de todo, estes docentes fórmanse e exercen a súa dura misión en horas non retribuídas, roubadas ás súas familias, ao descanso, ao lecer. Fomos coordinados con rigor e seriedade pola Asesoría de Bibliotecas Escolares pero sempre nos faltou o marco legal axeitado. A nosa misión é dura porque queda moito por definir. Na nosa inxenuidade e boa fe esperabamos conseguir progresivamente tempos e formación para seguir mellorando na nosa función se demostrabamos que eramos rigorosos e eficaces. Os nosos méritos como colectivo son dabondo coñecidos polos nosos gobernantes e acreditados por diferentes administracións e ámbitos a nivel estatal. Os numerosos e constantes premios anuais de boas prácticas concedidos polo Ministerio de Educación y Ciencia non caeron do ceo. Durante todos estes anos a formación recibida foi fundamental para levar a cabo actuacións rigorosas e enfocadas na dirección correcta.

Sabemos das cuantiosas axudas que a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, destina a outros proxectos, dos incentivos para a elaboración de contidos dixitais por parte das empresas editoriais, entre outras iniciativas. Non sería tamén interesante fomentar a produción de materiais propios e promover desde cada centro a estandarización de procedementos que axuden a xestionar a información entre o noso alumnado sen confiar todo a eses materiais externos que proceden da industria editorial, por valiosos que poidan ser? Por que non seguir aproveitando a experiencia e valía dos equipos das bibliotecas escolares nestes cometidos?. O noso empeño sempre foi crear nos centros pequenos focos que tentan estender esas boas prácticas de innovación e excelencia. Non entendemos este novo e repentino xiro na política de formación desta Dirección Xeral. Non nos parece xusto posto que, podemos dicir honestamente que, pola nosa banda, cumprimos con fartura. Ao desmantelar as estruturas que nos sosteñen o deterioro será proporcional ao entusiasmo e o esforzo investidos: inmenso e imparable. Algúns lembramos como o noso Conselleiro lanzou un bico ao aire ao despedirse dos asistentes aos últimos encontros despois dunhas entusiastas palabras de eloxio polos éxitos logrados polas bibliotecas escolares galegas a nivel estatal. Onde quedou ese entusiamo? Que interpretación debemos facer? O noso país pode permitirse tirar pola borda todo este traballo? E nós?. En que situación quedaremos agora diante das nosas comunidades educativas se despois de tanta insistencia é a propria Consellería a que nos invisibiliza?.


Colectivo coordinadores/as Plambe

Comentarios (0) - Sección: Varios - Publicado o 01-06-2011 00:47
# Ligazón permanente a este artigo
UNHA XORNADA ESPECIAL
O día 24 de maio todo o alumnado de Primaria do centro, xunto co seu profesorado, disfrutamos dunha xornada moi especial chea de aprendizaxes e novas experiencias. Trátase dunha actividade lúdico-educativa coa que se pretende fomentar a convivencia, a autonomía, o xogo colaborativo, a solidariedade..., ao tempo que coñecemos lugares significativos do noso entorno.
Nesta ocasión visitamos a cidade de Tui, coas súas rúas cheas de historia, e o monte Aloia, parque natural de incomparable beleza.
Primeiro, paseamos pola ?corredoira?, vimos a escultura dos cabalos de Oliveira, entramos na catedral e admiramos o seu magnífico órgano, o seu claustro e estivemos nos seus miradores, sentámonos ao pé da muralla medieval e da igrexa de S. Telmo, gozamos do paseo fluvial e da súa espectacular paisaxe... Despois subimos ao monte Aloia, onde comemos, fomos ao ?mirador da raíña? e xogamos moito tod@s xuntos...
QUE BEN O PASAMOS!


Comentarios (0) - Sección: Varios - Publicado o 25-05-2011 17:25
# Ligazón permanente a este artigo
COOPERATIVISMO
O luns, día 9, o alumnado de Cuarto, Quinto e Sexto de Primaria participou nunha actividade de promoción e divulgación do Cooperativismo no Ensino. Resultou moi interesante, amena e proveitosa para todos os nenos e nenas, quen puideron comprobar como a natureza nos ofrece múltiples exemplos de cooperación que os humanos podemos e debemos imitar na vida cotiá: achegando cadaquén o seu esforzo, conseguiremos grandes obxectivos, cuxo beneficio recaerá en nós mesm@s."



Comentarios (0) - Sección: Varios - Publicado o 12-05-2011 19:49
# Ligazón permanente a este artigo
PRIMEIRO PREMIO NO CONCURSO DE CASAPLANTA
Está demostrado, os nenos e nenas do noso cole son uns auténticos artistas!!
Unha nova proba do ben que traballa o noso alumnado é o 1º premio da súa categoría conseguido por Raúl Radú, de 4 anos, no concurso patrocinado por Casaplanta.

E aquí o temos cos seus agasallos:

PARABÉNS, RAÚL!!

Comentarios (1) - Sección: Varios - Publicado o 04-05-2011 10:33
# Ligazón permanente a este artigo
A HERBA DE NAMORAR
En todas as culturas e tradicións sempre houbo ritos para namorar e que a persoa obxecto dos nosos desexos caia rendida nos nosos brazos. A auga, o lume, as flores e as herbas, forman parte da maxia que atrae o amor.

En Galicia, terra de meigas e feitizos, existe unha lenda que di que esta planta, recollida na noite de San Xoán, ten o poder de namorar á persoa máis esquiva. Para iso debe chegar dunha maneira discreta á persoa querida, escondida, por exemplo, nun peto da súa roupa. A partir dese momento a herba encargarase de namorala.
A herba de namorar ou namorareira (armeria splendens) atópase preto dos cantís e zonas costeiras batidas polo vento. É unha planta dura e resistente, pero os ecosistemas onde se atopa son extremadamente fráxiles, e por desgraza en moitos lugares estamos a facelas desaparecer. Esta planta ten unhas flores claras e miúdas, de pequenos e finos pétalos que se axitan, sen desprenderse dos seus talos, ao son dos fortes ventos. Hai quen di que o seu efecto é tan eficaz que non existe antídoto capaz de desfacer o amor que a súa axuda provoca.

Herba de namorar


Faltriqueira - A herba de namorar







Comentarios (0) - Sección: Varios - Publicado o 15-02-2011 00:27
# Ligazón permanente a este artigo
PARABÉNS PARA ANTÍA
Unha alumna de Sexto de Primaria do noso centro, ANTÍA PRIETO GONZÁLEZ, acadou un segundo premio de Debuxo no concurso "Como é unh@ científic@?" convocado polo CSIC de Galicia, co gallo da "Semana da Ciencia", no marco das actividades da "Noite d@s investigador@s". Antía competiu na segunda categoría (de 11 a 14 anos) con alumnado de toda Galicia, cun precioso traballo que expón a súa visión do labor que desenvolven estes homes e mulleres a quen tanto debemos toda a humanidade. O premio foille entregado na aula polo Director do centro, nun sinxelo e emotivo acto.
¡MOITAS FELICIDADES!



(Fai clic nas imaxes para agrandalas)

VER FOTOS
Comentarios (18) - Sección: Varios - Publicado o 23-01-2011 23:16
# Ligazón permanente a este artigo
O RECANTO DE MIK COMO RECURSO
Un lector habitual deste espazo comunícanos vía mail que O recanto de Mik aparece recomendado en diferentes webs como recurso para o ensino e aprendizaxe da Lingua Galega, o que nos enche de orgullo e satisfacción, no só polo prestixio das entidades que nos recomendan senón polo servizo que podemos facer á nosa lingua como axentes difusores e normalizadores nuns tempos que parecen pouco propicios para o noso idioma. O noso agradecemento ao Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia do Consello da Cultura Galega por valorar o noso traballo e integrarnos nos recursos recomendados (De bolina. Recurso recomendado desta semana e Programa LOIA.ORG, Recursos sobre a Lingua Galega) e ao equipo Anaya (Libro guía de recursos. Lingua 5º) ¡Moitas gracias!





Comentarios (4) - Sección: Varios - Publicado o 06-01-2011 00:43
# Ligazón permanente a este artigo
CONTOS, TECNOLOXÍA E SOFTWARE GALEGO
Vía Bibliovaladares chéganos unha noticia aparecida en La voz de Galicia.es do día 4 deste mes e que pode ser unha opción interesante de cara a próxima chegada de Papá Noel, Reis Magos ou Apalpador, aos fogares de todos os nenos e nenas do país. Trátase da estrea dun software desenvolvido en Galicia que permitirá a lectura de contos infantís nos tablets. Esta aplicación pódese descargar gratuitamente e é compatible co IPHONE, IPAD e co IPOD Touch.
Ademais dos textos e das ilustracións, os lectores teñen acceso a unha morea de posibilidades. (Ler máis)
Os seus promotores afirman que, xunto coa súa función de entretemento, esta ferramenta ten usos de carácter pedagóxico.
Galaxia é a editorial que facilita as primeiras historias para esta nova aplicación. De momento son cinco os títulos que están previstos para ser publicados nos próximos días, e Fina Casalderrey, Alicia Borrás, Xan López Domínguez e Kristina Sabaite son os autores destas primeiras historias.


Que che parece? A que ten boa pinta? Pois nada, a ver se hai sorte cos agasallos de Nadal...!!



Comentarios (0) - Sección: Varios - Publicado o 08-12-2010 18:57
# Ligazón permanente a este artigo
BERLANGA: PASTILLAS CONTRA A DOR ALLEA
Seguramente nestes días tivestes a ocasión de coñecer polo miúdo todas as caras deste xenial cineasta, Luis García Berlanga. Eu quero deixarvos aquí outro dos ángulos do seu perfil, o dun ser solidario e preocupado polos graves problemas do mundo que nos rodea.
Berlanga protagoniza un dos anuncios da campaña promovida pola organización Médicos Sin Fronteiras na que varias persoalidades medícanse con pastillas contra a dor allea. Gracias, mestre, por todo.


Comentarios (1) - Sección: Varios - Publicado o 14-11-2010 15:51
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0