O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

PRIMEIRO DE EP NA BIBLIOTECA
Ola, amiguiñ@s!!! Hoxe estou moi contento porque o alumnado de 1º de EP veu visitarme no recreo, pois, ao igual que todos os martes, tivo a ocasión de estar na biblioteca despois da merenda. Alí poden ler contos, ver revistas ou usar os ordenadores. O equipo de axudantes da biblioteca permanece atento por se estes nenos e nenas necesitan axuda e moi amablemente resolven todas as dúbidas que lles van plantexando. Aquí os tendes gozando duns agradables momentos de lecer:
Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 21-01-2014 16:47
# Ligazón permanente a este artigo
ENTREGA DE MIKOPUNTOS
O venres recibimos unha visita moi desexada polo alumnado do cole: MIK veu ás aulas cargadiño cos MIKOPUNTOS que gañaron os nenos e nenas nas diferentes actividades que propuxo a biblioteca ata o de agora. O noso "arguiñano", que viaxa nun vehículo moi particular, foi acollido con entusiasmo por todos os cursos, pois debecían por recoller o premio aos fantásticos traballos que levan feito. PARABÉNS, RAPACES!!! E xa sabedes, A SEGUIR PARTICIPANDO!!!

VER ÁLBUM COMPLETO
Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 18-01-2014 21:45
# Ligazón permanente a este artigo
SESIÓN SEMANAL NA BIBLIOTECA
Hoxe, na biblioteca, o alumnado de terceiro de EP fai as súas tarefas:
FORMACIÓN DE USUARIOS/AS: as clases da CDU


ESCOLLENDO LECTURAS:
FACENDO PRÉSTAMO:
Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 27-11-2013 16:04
# Ligazón permanente a este artigo
REUNIÓN DE AXUDANTES DA BIBLIOTECA
Hoxe, durante o tempo do recreo, os axudantes da biblioteca deste curso tiveron a reunión previa ao comezo das quendas de colaboración na biblio. Asistiron todos os voluntarios/as de 4º, 5º e 6º e lembraron as normas e "obrigas" do seu compromiso, explicouse o contido da GUÍA DE AXUDANTES, fixeron prácticas de colocación de libros nos andeis e resolveron todas as dúbidas que foron xurdindo. Non nos queda máis que agradecerlles a súa xenerosidade ao renunciar ao seu tempo de lecer para axudar aos seus compañeiros e compañeiras. MOITAS GRAZAS E BOA ANDAINA!!!
Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 21-11-2013 18:28
# Ligazón permanente a este artigo
NA BIBLIOTECA...
O alumnado de terceiro de EP cóntanos a súa experiencia na biblioteca:
Hoxe baixamos por primeira vez á biblioteca para facer préstamo de libros e traballar no noso caderno de pescudas sobre os animais. Xa sabemos que para atopar libros sobre o tema que nos interesa temos que acudir ao andel que ten o número 5 e debemos utilizar os marcadores para que poidamos recolocar os libros sen confundirnos de lugar. Deste xeito asegurámonos de que todos seguen na orde que lles corresponde e que non haberá problema para atopalos de novo.
Así, mentres uns/unhas buscaban lecturas para levar...


... outros/as achegábanse ao andel do número 5 para seleccionar materiais de consulta:
Os demáis traballaban no caderno, lían, consultaban...
Queres ver máis fotos? Preme AQUÍ
Comentarios (20) - Sección: Biblioteca - Publicado o 15-11-2013 20:54
# Ligazón permanente a este artigo
PRÉSTAMO ENTRE FAMILIAS 13/14
Desde o 24 de outubro está funcionando o servizo de préstamo entre familias con fondos que achegan voluntariamente as propias familias. Xa temos arredor de 50 títulos que podedes consultar na páxina web creada para tal fin, pero agardamos que sigades colaborando achegando novos libros para que tod@s poidades atopar lecturas do voso agrado. Tamén podedes consultar as normas ou facer a vosa solicitude de préstamo cubrindo o formulario nesta mesma páxina.
Así loce o noso recuncho para familias lectoras:



GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!
Comentarios (2) - Sección: Biblioteca - Publicado o 14-11-2013 16:19
# Ligazón permanente a este artigo
QUERES SER AXUDANTE DA BIBLIOTECA??
QUERES SER AXUDANTE DA BIBLIOTECA?

Desde o luns, día 11 estamos recibindo solicitudes para formar parte do equipo de axudantes da biblioteca. Xa hai moitos candidatos pero aínda estás a tempo de presentarte ti tamén xa que o prazo estará aberto durante toda esta semana. Só tes que seguir as instrucións que atoparás nas fichas que están á túa disposición na biblioteca...

... igual que fixeron Mario e Lorena:
ANÍMASTE?!! Pois xa podes ir lendo a túa GUÍA DE AXUDANTES!!
Comentarios (2) - Sección: Biblioteca - Publicado o 13-11-2013 16:58
# Ligazón permanente a este artigo
REVIVINDO EMOCIÓNS
Como o prometido é débeda, aquí vos deixo a primeira parte da actuación de Beatriz e Begoña Riobó durante a nosa festa da biblioteca. Axiña teremos o espectáculo completo co que actualizaremos esta mesma entrada.

ACTUALIZACIÓN: xa está aquí o resto do espectáculo do 23 de outubro. DISFRUTÁDEO!!!
Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 24-10-2013 22:42
# Ligazón permanente a este artigo
CRÓNICA DUN DÍA MOI ESPECIAL: O NOSO DÍA DA BIBLIOTECA
IM-PRE-SIO-NAN-TE!!! Hoxe, por fin, a biblioteca do centro reabriu as súas portas para toda a comunidade educativa, cun "menú" de propostas que nos gustaron moitísimo. Todos agardabamos con impaciencia este día e abofé que non decepcionou a ninguén. De primeiro plato, cada grupo/clase visitou a biblioteca onde atoparon un "kiosko" moi especial e onde "saborearon" diferentes actividades: lembraron as normas de uso, leron un conto, viron un vídeo, examinaron as dúas exposicións (temática e de novidades) e, por suposto!, recolleron os estupendos agasallos de MIK.

Alí estaban as carpetas da biblioteca para os nenos e nenas de primeiro, xunto cos seus carnés de usuari@s, as mochilas viaxeiras, repletas de fantásticas lecturas, e unha "amorosa" lambetada preparada polo noso "Arguiñano" particular.





De plato forte tivemos unha espléndida actuación musical a cargo de dúas profesionais con moitísimo talento: Bea e Begoña Riobó, nai e tías de alumnos do centro, que nos entusiasmaron co seu bo facer, achegándonos ao mundo do "bel canto", mostrándonos o seu virtuosismo e encantándonos coas súas explicacións sobre os distintos instrumentos que utilizaron: violín, zanfona, flauta, arpa e gaita. Foi durante a súa interpretación de música galega cando subiu ao escenario unha "espontánea" de cinco anos que nos encandilou co seu baile. O público, sorprendido ao principio por un tipo de canción pouco afeito a escoitar, non paraba de aplaudir.




E xa de sobremesa, paseamos polos corredores para disfrutar dos magníficos traballos elaborados en familia para este día.
Rematou a mañá coa ledicia de ter vivido uns momentos moi emocionantes e marchamos para as nosas casas cun saboroso regusto e moi satisfeitos polo exquisito "banquete" que compartimos un ano máis.
Queremos agradecer moi especialmente a xenerosidade de Bea e Begoña por ternos ofrecido unha velada tan fantástica. MOITÍSIMAS GRAZAS!!!

Podedes ver o álbum con todas as fotos deste día AQUÍ

Permanecede atent@s porque proximamente traeremos os vídeos da actuación musical para que toda a comunidade poida gozar duns momentos tan especiais.
Comentarios (2) - Sección: Biblioteca - Publicado o 23-10-2013 19:16
# Ligazón permanente a este artigo
UNHA CITA MOI IMPORTANTE
Mañá é o gran día da nosa biblioteca xa que se reanudan os servizos para toda a comunidade educativa. Xa estamos impacientes por ver as sorpresas que Mik nos ten preparadas!! Seguriño que o pasaremos requetebén vendo as actuacións e visitando a biblioteca por primeira vez este curso. A partir de agora xa poderemos levar en préstamo libros, películas, revistas..., e tamén as MOCHILAS VIAXEIRAS!!
Por certo, MIK deixounos ver por un buraquiño un KIOSKO moi xeitosiño cheo de LECTURAS CON SABOR. Que non o credes??! Pois aquí vos deixo un petisco:
EXPOSICIÓN TEMÁTICA "LECTURAS CON SABOR":


A que vos gustou? Pois mañá haberá máis sorpresas! Aquí está o PROGRAMA.

Queremos agradecer a colaboración dos Supermercados FAMILIA que nos cedeu os carriños da compra para complementar a decoración dos espazos. MOITAS GRAZAS!!!
Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 22-10-2013 22:04
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [5] [6] [7] 8 [9] [10] [11] ... [15]
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats