O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

CUARTO DE EP: PRIMEIRA VISITA Á BIBLIOTECA
Seguindo co programa de actividades para celebrar o Día das Bibliotecas Escolares, hoxe foi a quenda do alumnado de cuarto de EP para facer a súa ansiada primeira visita á biblioteca do centro. Primeiro repasaron as normas e ensaiaron a utilización dos "marcadores de sitio" para que os libros estean sempre ben colocados nas estanterías:

Os encargados recolleron as "mochilas viaxeiras" que andarán polos seus fogares este curso:
Miraron con entusiasmo a exposición de novidades:
E, para finalizar, recolleron o agasallo de benvida que MIK lles tiña preparado:
FOI XENIAL!!!
FOTOS
Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 25-10-2016 15:55
# Ligazón permanente a este artigo
24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
O 24 de outubro é, desde hai 20 anos, o Día da Biblioteca, pois van xa dúas décadas desde que a Asociación Amigos del Libro Infantil y Juvenil propuxera esta data para facer fincapé nos beneficios destas institucións ao servizo da lectura, da cultura e da cidadanía. Posteriormente, o Ministerio de Cultura apoiou esta celebración e todos os anos edítase un cartel cun texto conmemorativo e realízase un acto de celebración oficial. Nesta ocasión foron dúas mulleres da "periferia", a ilustradora vasca Elena Odriozola e a escritora galega Ledicia Costas, as encargadas de darlle fondo e forma e esta mensaxe a prol da existencia das bibliotecas.
Fermosísimo é o texto de Ledicia Costas, Premio dos Clubs de Lectura 2016, que nos facilita GALIX na súa orixinal versión en galego e do que entresacamos un parágrafo:
"Alguén me contou que o 24 de outubro é o Día da Biblioteca. Sería xenial organizar unha festa con confeti e pompas de xabón. Celebrala ao grande. Encantaríame vestirme para tal ocasión como o personaxe dalgún libro, sentarme na mesa dunha biblioteca da cidade onde vivo e esperar a que fosen visitarme. Nas bibliotecas podes ser quen ti queiras. Desde Mary Poppins ata Matilda, Atreyu, Drácula ou mesmo Pippilotta Viktualia Rullgardina Krusmynta Efraimsdotter Långstrump. Podes poñerte botas de pelo, plumas, zancos e chapeus. Chapeus! Iso é! Imaxino a unha pequena lectora achegándose a min discretamente, atraída polas cores e formas do meu chapeu:
-- Sombreireira tola, que festa máis marabillosa! Sería tan amable de servirme unha cunca de té?"

En Galicia, a campaña de visibilidade da biblioteca escolar deste curso 2016/2017 lembra que a Biblioteca Escolar é "territorio das Artes", un espazo no que aproximarse á produción artística do noso país e de todas as culturas, a través dos libros, dos vídeos, dos mil sitios aos que internet nos permite acceder... pero é tamén un espazo no que vivir a música, a pintura, as artes visuais (fotografía, cómic, cine), a escultura, a danza, o teatro e, moi especialmente, a literatura en todos os seus xéneros e temáticas; e vivir é experimentar e compartir, pero tamén expresarse e comunicar a través das distintas opcións artísticas.
Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 25-10-2016 15:43
# Ligazón permanente a este artigo
ENTREGA DE DIPLOMAS E AGASALLOS AOS AXUDANTES DA BIBLIOTECA
Ao finalizar as actuacións dos "artistas" da SEMANA DA MÚSICA, procedeuse á entrega de diplomas e agasallos para o alumnado "axudante da biblioteca", que durante todo o curso estivo colaborando xenerosamente, renunciando ao seu tempo de lecer, para apoiar no traballo da biblioteca, un traballo moi valioso para o bo funcionamento deste servizo. Desde aquí enviámoslles o noso profundo agradecemento polo seu bo facer ao longo de todos os recreos deste curso. MOITAS GRAZAS A TOD@s!! SODES ESTUPEND@S!!
Máis FOTOS, AQUÍ
Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 21-06-2016 21:46
# Ligazón permanente a este artigo
GOOGLE: CIENCIA EN FEMININO - ÁNGELA RUIZ ROBLES
https://es.wikipedia.org/wiki/%C3%81ngela_Ruiz_Robles

Novamente, no seu doodle de hoxe, Google pon de relevancia un nome en feminino e en galego conmemorando o 121º aniversario do nacemento da mestra e inventora Ángela Ruiz Robles, creadora da enciclopedia mecánica, considerada a precursora do actual libro electrónico.
O 12 de novembro de 2013, no canal La 2, de RTVE, o programa Con ciencia, fóra de emisión na actualidade, dedica un reportaxe a esta polifacética muller:

Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 28-03-2016 16:03
# Ligazón permanente a este artigo
O NOSO NOVO RÓTULO DE ENTRADA Á BIBLIOTECA
Xa estou aquí de novo!! Aproveito para desexarvos a todos un fantástico ano 2016, cheo de alegrías e momentos ilusionantes. Agora comeza o segundo trimestre do curso e seguro que tendes moitas ganas de traballar, aprender e facer cousas divertidas. Bueno, eu estou impaciente por ver rematadas as obras da biblioteca e que veñades visitarme. O caso é que aínda queda agardar uns días para gozar dos libros chulísimos que vos teño preparados. E que vos parece o rótulo da entrada?? A min encántame, tan cheo de libros, letras e ratiños tan feitucos. Os nosos parabéns e agradecemento á autora Belén Pérez Herrera. Recoméndovos unha visita ao seu blog, onde nos conta todo o proceso de creación.
Podedes ver o traballo da artista AQUÍ e AQUÍ
Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 07-01-2016 17:15
# Ligazón permanente a este artigo
POESÍA: OS MESES

Ver Pdf
Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 09-11-2015 19:39
# Ligazón permanente a este artigo
ROCK NA ESCOLA: JOAO TOMBA
Como vos contei en entradas anteriores, o rockeiro Joao Tomba foi convidado a participar na nosa festa da biblioteca. Unha vez máis, queremos agradecerlle que xenerosamente nos brindase o seu tempo, a súa música e o seu bo facer. MOITAS GRAZAS!!!
Comentarios (2) - Sección: Biblioteca - Publicado o 26-10-2015 19:37
# Ligazón permanente a este artigo
ROCK NA ESCOLA: A BANDA DO PUPAS
Aquí está a magnífica actuación da rockeira Banda do Pupas, formada polo alumnado de 6º de EI, na festa de reapertura da biblioteca. Espléndida a súa actuación en solitario como "teloneiros" de Joao Tomba e fantásticos como músicos acompañantes de Joao. PARABÉNS, pequenos-grandes rockeiros!!!
Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 25-10-2015 18:00
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA DA NOSA BIBLIOTECA: VIGO, UN MAR DE MÚSICA
FAN-TÁS-TI-CO!!!! Pois si, a festa de reapertura da nosa biblio resultou unha experiencia inesquecible. Alumnado e profesorado gozamos dunha xornada chea de actividades superdivertidas e moi emocionantes. Como todos os anos, o salón de actos convertiuse nun lugar cheo de maxia onde celebramos con enorme ilusión unha nova andaina ao abeiro da nosa querida biblioteca. No marco do PDI deste curso sobre a nosa cidade, "Vigo, un mar de música" foi o lema que presidiu o escenario onde se desenvolveu o espectáculo "ROCK EN VIGO" que protagonizaron JOAO TOMBA e a BANDA DO PUPAS.
Moitísimas grazas ao papá de Kepa e Igor, que sempre está disposto a axudarnos e que nos facilitou contar coa música do artista rockeiro Joao Tomba. Por suposto, agradecemos tamén a colaboración das familias que nos achegaron os instrumentos que necesitamos para a espléndida actuación da Banda do Pupas. E un enorme bico ratuno e unha agarimosa aperta do noso alumnado para AID, unha xenerosa rapeira viguesa que nos enviou o seu saúdo e as súas preciosas rimas desde Los Angeles (EEUU).
A continuación, unha pequena mostra do que aconteceu no día de hoxe, que foi moito e moi bo. Proximamente, vídeos e moitas fotos para lembrar un día marabilloso.
Ao longo da mañá, todos os grupos de alumnado baixaron á biblioteca onde atoparon varias exposicións: mesa de novidades (últimas adquisicións de libros e materiais para incorporar aos fondos da biblio), exposición temática (libros e materiais sobre Vigo) e exposición de traballos en 3D sobre Vigo (que completaban a exposición dos corredores da entrada, na que se poden admirar moitos recunchos de Vigo recreados pola imaxinación do alumnado e as súas familias). Despois do percorrido cada grupo recolleu as mochilas viaxeiras que mañá empezarán a circular polos fogares.




Ademáis, o alumnado de 1º de EP e o de nova incorporación ao centro recibiron o carné e a carpeta da biblioteca.






Antes de marchar aínda os agardaba unha magnífica sorpresa que emocionou a tod@s: a videomensaxe de AID que incluía un fermoso rap. Despois de escoitala atentamente, algúns animáronse a bailar:


Para rematar a visita dun xeito moi doce, tod@s recibiron una piruleta de parte de MIK:


QUE VOS PARECEU? GUSTOUVOS? Pois mañá contareivos máis cousas e traereivos todos os detalles da actuación musical de Joao Tomba e a súa banda. De momento, xa temos bastantes fotos AQUÍ e AQUÍ, pero iremos engadindo máis. ATA MAÑÁ!!! Moitos PARABÉNS a tod@s e moitos bicos ratunos!!!
Comentarios (4) - Sección: Biblioteca - Publicado o 22-10-2015 20:45
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 15/16
Xa está todo listo para o gran día!! Mañá celebraremos o Día das Bibliotecas Escolares e reabriremos as portas da nosa biblio para toda a comunidade educativa. Este ano temos un PROGRAMA superdivertido co que gozaremos das actividades que MIK nos ten preparadas. ESTAMOS IMPACIENTES!!
Por certo, Joao está encantado de compartir con nós a súa música rockeira!!
Comentarios (2) - Sección: Biblioteca - Publicado o 21-10-2015 17:55
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats