O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

A HORA DE BIBLIOTECA
Hoxe, como todos os venres, os nenos e nenas de cuarto de EP tivemos "hora de biblioteca". Baixaron coas súas carpetas para realizar diferentes tarefas relacionadas coa FORMACIÓN DE USUARI@S, a EDUCACIÓN DOCUMENTAL ou facer o PRÉSTAMO... Podes ver AQUÍ en que consiste a NOSA HORA DA BIBLIOTECA.

Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 31-03-2017 22:20
# Ligazón permanente a este artigo
ITINERARIO LECTOR 16/17
Como cada ano, o alumnado do centro mergúllase nos libros do itinerario lector propostos polo equipo docente de cada nivel. Ao finalizar, complementarase a experiencia lectora coa visita dos autores/as das obras. O alumnado de PRIMEIRO de EP está gozando do libro O cociñeiro Martiño, de Iago López quen será o que inaugure as visitas á nosa biblioteca o próximo 3 de abril:

Os nenos e nenas de SEGUNDO de EP decantáronse pola poesía co libro de Fran Alonso, O meu gato é un poeta
El baño de Cleopatra, de Ana Alonso, e Rubicundo, de María Canosa, son os títulos dos libros que lerán os nenos e nenas de TERCEIRO de EP



















O alumnado de CUARTO de EP está engaiolado con Nata y Chocolate, de Alicia Borrás Sanjurjo, a historia de Sonia, unha nena albina con moitos problemas na súa escola:

Os nenos e nenas de QUINTO e SEXTO de EP están lendo A lagoa das nenas mudas, de Fina Casalderrey, e Mil cousas poden pasar, de Jacobo Fernández Serrano

MOI BOAS E FELICES LECTURAS PARA TOD@S!!!
Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 26-03-2017 16:16
# Ligazón permanente a este artigo
TRABALLANDO NA BIBLIOTECA
O alumnado de cuarto de EP baixa todos os venres á biblioteca para facer traballo documental, de formación de usuari@s e para realizar a devolución ou empréstito dos libros que levan para ler na casa. Aquí os tendes en acción:
Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 02-12-2016 21:49
# Ligazón permanente a este artigo
REUNIÓNS DE AXUDANTES DA BIBLIO 16/17
Durante os recreos do martes e mércores desta semana levaranse a cabo na biblioteca as reunións dos equipos de axudantes. Os grupos de colaboradores asistirán no día que teñan asignado para poñerse a punto e comezar co traballo sen ningún atranco. Por outra banda, o alumnado de cuarto de EP incorpórase este curso ás tarefas da biblioteca, polo que é preciso unha boa formación previa. Tod@s se mostraron moi dispostos e ilusionados. Seguro que, como sempre, farán un labor extraordinario. MOITAS GRAZAS, RAPACES, VÉMONOS NA BIBLIO!!!!
Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 28-11-2016 18:53
# Ligazón permanente a este artigo
NOVOS AGASALLOS PARA MIK
Máis fantásticas versións sobre "A VOLTA AO MUNDO EN 80 HISTORIAS":
Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 28-11-2016 18:40
# Ligazón permanente a este artigo
EXPOSICIÓN DE LIBROS E MATERIAIS PARA O PDI E ÚLTIMAS ENTREGAS DE TRABALLOS SOBRE O LEMA DA BIBLIOTECA
Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 27-11-2016 23:07
# Ligazón permanente a este artigo
NOVAS ENTREGAS DE TRABALLOS PARA A BIBLIOTECA
Novas entregas de traballos do alumnado e as súas familias:

A VOLTA AO MUNDO EN 80 HISTORIAS - BIBLIOTECA
Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 25-11-2016 19:30
# Ligazón permanente a este artigo
SEGUIMOS DANDO A VOLTA AO MUNDO
PARABÉNS a Sergio e a Birhanu polos preciosos traballos que realizaron en colaboración coas súas familias. Con Birhanu fixemos unha longa viaxe desde Etiopía ata Vigo; con Sergio viaxamos ao futuro. FANTÁSTICO!!


A VOLTA AO MUNDO EN 80 HISTORIAS
Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 23-11-2016 18:55
# Ligazón permanente a este artigo
NOVOS TRABALLOS, NOVAS HISTORIAS
O alumnado e as súas familias sorpréndennos cada día cos seus magníficos traballos arredor do lema deste ano da nosa biblioteca. Aquí tendes algún deles. Parabéns, artistas!!!
Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 21-11-2016 16:07
# Ligazón permanente a este artigo
PALABRAS DE ÁFRICA, CONTOS DUN CONTINENTE EN CAMIÑO
Palabras de África é un precioso libro que recolle unha serie de contos que visibilizan o continente africano fuxindo dos estereotipos e visións negativas ás que parece que nos afixemos. Unha pequena aproximación a unha cultura que é berce da civilización e veciña de Europa.

Buscando Amigos (Mali), A Galiña e o Elefante (Etiopía), As dúas Caras do Mundo (Sudán do Sur), Os Ríos Tristes (inspirado en Chad), A Ra e a Serpe (Congo), A Ratiña Valente (inspirado en Mozambique) e Como a sabedoría se espallou polo Mundo ( Camerún) son sete contos marabillosos que nos farán viaxar de forma máxica a unha África rica en diversidade e memoria e na que valores como a superación, a amizade, a igualdade ou o respecto polo medio ambiente están moi presentes.
PALABRAS DE ÁFRICA é unha iniciativa da ONGD SEDE e o Grupo Edelvives, que pretende achegar África a todos os lectores, en colaboración coa ONGD Fundación PROCLADE e a Asociación PROYDE.
Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 19-11-2016 19:00
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats