O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

O ALUMNADO DE SEGUNDO DE EP ESCRIBE CARTAS AO NOSO AMIGUIÑO MIK
Despois da frenética actividade destes últimos días na biblioteca, os nenos e nenas de segundo de Primaria responden cunha enorme cantidade de cartas para Mik que foron deixando na súa caixa de correo. Estamos impacientes por coñecer o contido das mensaxes e tamén por ver o contentísimo que se pon o noso querido ratiño. Cóntanos, MIK, que che dixeron estes nen@s tan guapos e espelid@s!??
Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 01-11-2017 16:54
# Ligazón permanente a este artigo
ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO, GAÑADOR DO PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL 2017
Desde a biblioteca do Ceip Mestres Goldar queremos enviar os nosos máis afectuosos parabéns a Antonio García Teijeiro polo merecidísimo recoñecemento que ven de acadar ao recibir o Premio Nacional de Literatura Infantil pola súa obra POEMAR O MAR. Poemar o mar, un libro de poemas fermosamente ilustrado por Xan López Domínguez, forma parte dunha triloxía que ten o mar como protagonista. O xurado decidiu premiar ao autor e a súa obra "por ser un libro cargado de emoción, cunha brillante elección léxica, onde o mar é o gran protagonista, poboado de criaturas que transitan por orixinais e suxestivas composicións poéticas". Cunha ampla e variada contribución á literatura infantil e xuvenil, García Teijeiro é un dos grandes poetas e narradores da nosa terra. Entre as súas publicacións atópanse «Ventos», «Lueiro de Papel» e «Na fogueira dous versos», obra premiada co Premio Merlín en 1996.
Nesta LIGAZÓN podedes acceder ao último encontro do autor co alumnado do noso centro e a continuación algunhas imaxes para lembrar aqueles emotivos momentos:
Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 04-10-2017 16:37
# Ligazón permanente a este artigo
BENVID@S AO CURSO 2017 / 2018!!!!
Ola, nenos, nenas e familias! Xa estamos aquí un novo curso!! Esta semana voltamos ao noso cole con moita ilusión e algo nervios@s por atoparmos cos nosos compañeiros e compañeiras e cos profes e "profas", para percorrer xunt@s unha andaina na que seguro teremos novas e fantásticas experiencias, coas que aprenderemos moito e gozaremos aínda máis.
Desde este recanto, o Claustro de profesores do noso centro quere darvos a benvida e desexarvos un estupendo 2017/2018. Eu agárdovos na biblioteca pois xa estou argallando cousas moi divertidas para vós. Teño algunhas ideas de película! que vos encantarán, xa veredes! Estade atent@s, axiña teredes noticias miñas!! Moitos bicos ratunos e FELIZ CURSO 2017/2018!!
Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 13-09-2017 20:59
# Ligazón permanente a este artigo
APRENDER A PENSAR COA BIBLIOTECA ESCOLAR
"Aprender a pensar coa biblioteca escolar" é o lema escollido para os materiais que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita a comezos do curso 2017/2018 con destino ás bibliotecas escolares dos centros educativos galegos.
O ilustrador Xosé Tomás foi o encargado, nesta ocasión, de realizar a  interpretación gráfica do lema anual.
Unha biblioteca escolar actualizada no seu modelo, nos seus recursos e equipamentos, nas súas propostas; atendida con profesionalidade e integrada no día a día do centro educativo, supón unha oportunidade única para axudar a nenas e nenos a desenvolver o seu pensamento crítico, a "aprender a pensar".
Aprender a pensar a través dos contos, da tradición oral, das lecturas de ficción, da poesía, do teatro; a través das lecturas de materiais de divulgación científica, a través das investigacións. Aprender a pensar co cine e coa música. Aprender a pensar baixo a guía e orientación dun profesorado consciente da importancia da curiosidade como motor vital e, tamén, da importancia de activar no alumnado os mecanismos para desenvolver o pensamento complexo. A biblioteca escolar é un espazo privilexiado para que o alumnado non perda a súa capacidade de asombro; para que aprenda a formularse preguntas diante dos distintos fenómenos naturais ou sociais e, tamén, a procurar algunhas respostas á complexidade que lle toca vivir. (Recollido en: BEGA)
Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 13-09-2017 20:42
# Ligazón permanente a este artigo
NOVA MENSAXE DE MIK!!!
QUE SORPRESA!!! A primeira hora da mañá o noso conserxe, Alfonso, colocou unhas preciosas caixas de correo nas portas das aulas. Que misterio!! Non sabiamos que pensar, pero, ao pouco tempo, o noso amiguiño MIK enviounos unha mensaxe!

Como vedes, xa temos traballo! Haberá que buscar nos xornais e recortar as noticias que falen de Carlos Casares, semellantes a estas que nos mandou MIK:
Pero..., ademais da mensaxe, dentro da caixa había unha carta nun sobre azul que levaba o debuxo dunha galiña tamén AZUL!! Que haberá dentro??? Cada curso deberá descubrilo e... INVESTIGAR!!! Que emoción! Este MIK é XENIAL!!
Comentarios (2) - Sección: Biblioteca - Publicado o 08-05-2017 19:05
# Ligazón permanente a este artigo
MISTERIO NOS PANEIS DA BIBLIOTECA
Durante os últimos días estiveron aparecendo misteriosas mensaxes nos paneis da biblioteca e quedamos moi intrigados cunha feituca e moi simpática GALIÑA AZUL!!! Que andaría argallando o noso amiguiño MIK??
Por fin, hoxe resolvemos o enigma: o Día das Letras Galegas está dedicado ao escritor CARLOS CASARES, autor de moitas obras dirixidas aos lectores máis novos como A galiña azul, As laranxas máis laranxas de todas as laranxas, Lolo anda en bicicleta ou O can Rin e o lobo Crispín. Agora só temos que seguir lendo nos paneis para enterarnos de todas as cousas interesantes relacionadas coa súa historia ou coas súas historias. XENIAL!!!
Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 05-05-2017 18:58
# Ligazón permanente a este artigo
A HORA DE BIBLIOTECA
Hoxe, como todos os venres, os nenos e nenas de cuarto de EP tivemos "hora de biblioteca". Baixaron coas súas carpetas para realizar diferentes tarefas relacionadas coa FORMACIÓN DE USUARI@S, a EDUCACIÓN DOCUMENTAL ou facer o PRÉSTAMO... Podes ver AQUÍ en que consiste a NOSA HORA DA BIBLIOTECA.

Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 31-03-2017 22:20
# Ligazón permanente a este artigo
ITINERARIO LECTOR 16/17
Como cada ano, o alumnado do centro mergúllase nos libros do itinerario lector propostos polo equipo docente de cada nivel. Ao finalizar, complementarase a experiencia lectora coa visita dos autores/as das obras. O alumnado de PRIMEIRO de EP está gozando do libro O cociñeiro Martiño, de Iago López quen será o que inaugure as visitas á nosa biblioteca o próximo 3 de abril:

Os nenos e nenas de SEGUNDO de EP decantáronse pola poesía co libro de Fran Alonso, O meu gato é un poeta
El baño de Cleopatra, de Ana Alonso, e Rubicundo, de María Canosa, son os títulos dos libros que lerán os nenos e nenas de TERCEIRO de EP



















O alumnado de CUARTO de EP está engaiolado con Nata y Chocolate, de Alicia Borrás Sanjurjo, a historia de Sonia, unha nena albina con moitos problemas na súa escola:

Os nenos e nenas de QUINTO e SEXTO de EP están lendo A lagoa das nenas mudas, de Fina Casalderrey, e Mil cousas poden pasar, de Jacobo Fernández Serrano

MOI BOAS E FELICES LECTURAS PARA TOD@S!!!
Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 26-03-2017 16:16
# Ligazón permanente a este artigo
TRABALLANDO NA BIBLIOTECA
O alumnado de cuarto de EP baixa todos os venres á biblioteca para facer traballo documental, de formación de usuari@s e para realizar a devolución ou empréstito dos libros que levan para ler na casa. Aquí os tendes en acción:
Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 02-12-2016 21:49
# Ligazón permanente a este artigo
REUNIÓNS DE AXUDANTES DA BIBLIO 16/17
Durante os recreos do martes e mércores desta semana levaranse a cabo na biblioteca as reunións dos equipos de axudantes. Os grupos de colaboradores asistirán no día que teñan asignado para poñerse a punto e comezar co traballo sen ningún atranco. Por outra banda, o alumnado de cuarto de EP incorpórase este curso ás tarefas da biblioteca, polo que é preciso unha boa formación previa. Tod@s se mostraron moi dispostos e ilusionados. Seguro que, como sempre, farán un labor extraordinario. MOITAS GRAZAS, RAPACES, VÉMONOS NA BIBLIO!!!!
Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 28-11-2016 18:53
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats