O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

MES INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Co lema "Alfabetización e Aprendizaxe na Biblioteca Escolar" celébrase durante o mes de outubro o I Mes Internacional da Biblioteca Escolar de xeito que en lugar de adicarlle un día concreto, como viña sendo habitual nos últimos anos, serán as persoas responsables das bibliotecas escolares de todo o mundo as que elixan o día de outubro que mellor se adapte ás súas necesidades co fin de resaltar a importancia da biblioteca na vida do centro e presentarse á comunidade educativa como lugar de encontro e saber, onde conflúen o pracer da lectura e a inquietude por aprender dun modo diferente. O presidente da IASL (Asociación Internacional de Biblioteconomía Escolar), Henri James, declarou: "o Día Internacional da Biblioteca Escolar chegou a ser tan importante que creceu ata converterse no Mes Internacional da Biblioteca Escolar (ISLM). Isto significa que os responsables das bibliotecas poderán elixir o día, a semana ou ata ata todo o mes, para fomentar a súa biblioteca escolar, co que isto significa para a comunidade educativa".
(Extraído de Planetalector)



Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 01-10-2008 22:11
# Ligazón permanente a este artigo
DECÁLOGO DUNHA FAMILIA COMPROMETIDA COA LECTURA

No noso convencemento de que a familia xoga un papel fundamental no fomento do hábito lector, durante este curso a nosa biblioteca tentou acercarse ao entorno familiar, mediante as mochilas viaxeiras e outras actuacións, con resultados moi positivos. Agora que se aproximan as vacacións queremos facer con vós algunhas reflexións para que esa boa práctica de ler en familia, ou simplemente de ler, se reforce nesta época de ocio.

A formación de todo individuo depende de dous ambientes fundamentais: a familia e a escola. En principio, a creación de hábitos lectores, así como dos hábitos de comportamento, das actitudes e valores, áchase inicialmente na familia.
A escola non pode suplir a responsabilidade que corresponde á contorna familiar no achegamento ao libro. A creación dun hábito lector, a promoción e difusión da lectura, non son competencia única da escola. Son as familias as que propician o acercamento temperán do neno/a aos libros e por iso cremos que é moi conveniente convertirnos en FAMILIAS COMPROMETIDAS COA LECTURA.

DECÁLOGO DUNHA FAMILIA COMPROMETIDA COA LECTURA:

1. Unha familia comprometida coa lectura é aquela que anima aos seus fillos a ler ata antes de que estes o saiban facer. Deixan aos pequenos/as que investiguen, que se recreen mirando as ilustracións dos libros...

2. É aquela que conta contos aos seus fillos, que lles recita pequenas rimas, que enche os seus oídos de musicalidade e beleza.

3. É aquela que nunca forza a ler.

4. É unha familia que selecciona moi ben os libros dos seus fillos ( ata determinada idade ), valorando o feito de que as boas ilustracións axudan a formar o seu gusto pola arte e polo fermoso.

5. É aquela que dá exemplo de lectura a diario.

6. É aquela que comparte as lecturas dos seus fillos e fillas e xuntos coméntanas.

7. Unha familia comprometida coa lectura procura coñecer os gustos dos seus fillos e respéctaos no posible.

8. É unha familia que acode cos fillos aos lugares onde están os libros -librerías e bibliotecas-, e anímaos a facerse socios dalgunha biblioteca.

9. É aquela familia que fomenta o gusto e coidado da biblioteca persoal dos seus fillos, e que dispón para tal efecto dun espazo apropiado.

10. Unha familia comprometida coa lectura considera que a compra dun libro non é algo excepcional con motivo dunha celebración, aínda que nestas ocasións o libro ten que estar presente como agasallo, senón que o considera parte dos gastos de educación.

(Extraído de Plataforma educativa)

Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 04-06-2008 20:01
# Ligazón permanente a este artigo
ENCONTROS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Pilar Sampedro e Gonzalo Moure
Os coordinadores das Bibliotecas Escolares do PLAMBE fomos convocados en Sanxenxo aos ENCONTROS DO PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES durante os días 3 e 4 de abril.
A perfecta organización das xornadas, a relevancia dos relatores, a calidade das ponencias e o agradable ambiente de compañeirismo, convertiron estes días de traballo intenso nun auténtico pracer. Voltamos ás nosas escolas abrumad@s pola cantidade de información, de ideas e de camiños por percorrer, pero coa sensación de apoio, de pulo e de alento dos compañeir@s embarcad@s na mesma tarefa. Grazas a tod@s.

As ponencias estiveron a cargo de importantes persoeiros do mundo da Educación procedentes de distintos lugares de España e Portugal: José A. Camacho, María de Lourdes Dionisio, Manuel Bragado, Antón Castro, Charo Pita, José Fariña, José L. Barreiro, Villar Arellano, José Manuel Luque, Laura Borrás Castanyer e Gonzalo Moure.




Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 06-04-2008 18:27
# Ligazón permanente a este artigo
BIBLIOBLOGUES

Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 30-03-2008 21:41
# Ligazón permanente a este artigo
OBXECTIVO: ¡ESCRIBIR!
O profesorado do Centro vimos observando que co nacemento deste blogue desvelouse no alumnado, e especialmente en 5º de EP, unha canteira de escritores e escritoras que "de motu propio" se lanzaron á aventura de idear as súas propias historias, facendo un alarde de imaxinación, creatividade e orixinalidade. Realizan titánicos esforzos por non poñer faltas de ortografía, preocúpanse por unha coidada presentación dos traballos e aceptan de bo grao as suxerencias de profes e compañeir@s para mellorar o resultado. Ben é certo que esperan con ilusión e impaciencia ver o seu traballo publicado neste Blogue e, sobre todo, os comentarios que provocan noutras persoas, pero cremos que se trata dun interese lexítimo, propio de calquera escritor/a, xa que tod@s eles escriben para que os lean.

Aínda non podemos facer valoracións definitivas pero pensamos que un dos obxectivos que pretendíamos dende a Biblioteca, fomentar a creación escrita utilizando o Blogue como elemento motivador, está a dar os primeiros froitos: xa temos imaxinativ@s narradores/as, brillantes ilustradores/as e inspirad@s poetas...
QUE MÁIS SE PODE PEDIR??


Comentarios (2) - Sección: Biblioteca - Publicado o 07-02-2008 17:32
# Ligazón permanente a este artigo
CONSELLOS PARA SER UN BO LECTOR/A
Dez principios imprescindibles para ser un bo lector:

1. Todos os días, reserva un rato para ler

2. Busca cualquera disculpa para que che lean e che conten contos

3. Fíxate ben en como len as persoas maiores

4. Non te quedes con ningunha dúbida

5. Pide consello: aos teus pais, aos profes, ao bibliotecari@, ...

6. Se che apetece ler, le. Non te distraias con outras cousas

7. Visita a librería e a biblioteca máis próximas

8. Organiza ben a túa biblioteca

9. Pensa que as túas amigas e os teus amigos son os mellores compañeiros de lecturas

10. Aproveita calquera ocasión para ler: cando esperas na consulta do médico, mentras agardas por alguén..
Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 16-01-2008 19:20
# Ligazón permanente a este artigo
OS QUE MÁIS LEN
A Federación de Gremios de Editores de España vén de facer públicos os resultados do Barómetro de Hábitos de Lectura y compra de Libros correspondente ao terceiro trimestre de 2007. Consolídase o grupo de nenas e nenos entre 10 e 13 anos como o sector da poboación que máis le: 9 de cada 10 nenas e nenos desta idade decláranse lectores; a maioría le por elección propia e porque lles gusta.

Un dato significativo é que o 94,5% dos nenos e nenas enquisados afirman que no seu colexio os profesores lles animan á lectura.

Outro dato importante: nos fogares destes lectores, o 73,4% dos pais len de forma cotiá e un 80,7% mercoulles ou regaloulles libros no último ano.

O mesmo estudio sinala que entre a poboación lectora maior de 14 anos (o 57%), o grupo de poboación que máis le son os mozos entre 14 e 24 anos, que o fan nun 70,2%

Non debe pasarse por alto outro dato deste barómetro, o que indica que só escolle o galego para as súas lecturas un 0,1% da poboación lectora. Por último, un vistazo á lista dos libros máis lidos en xeral, e entre os máis novos en particular, chama a unha reflexión á hora de preparar seleccións de lecturas e itinerarios lectores para o noso alumnado, co fin de mellorar a súa competencia literaria.

Lido en Bibliotecas Escolares de Galicia
Comentarios (2) - Sección: Biblioteca - Publicado o 22-11-2007 17:00
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats