Os nenos e nenas de 3º de EP inventaron un conto terrorífico polo SAMAÍN. Aquí tendes o vídeo onde nos agasallan coa súa lectura. PARABÉNS A TOD@S!!! Sodes uns grandes escritores e uns magníficos lectores!!!! (Fai clic na imaxe para ver o vídeo)
Xa sabedes que non paro de argallar cousiñas para compartir con vós. Aquí vos deixo un aperitivo musical para empezar a todo ritmo co noso proxecto anual sobre a música. ÁNIMO!!! A CANTAR E BAILAR!!!!
Xa sei que vos estades preparando para aprender, xogar e investigar arredor do tema deste curso do noso PDI: A MÚSICA!!! Que guai!!! A min encántame a música, tocar, bailar, cantar... e mesmo escoitar. Este ano faremos un percorrido pola historia da música e dos artistas máis importantes relacionados con esta arte. Estades dispostos? Eu xa teño lista a miña guitarra!!!!
Moitos parabéns a tod@s polo estupendo traballo que estades facendo ao cumplir extraordinariamente todas as normas para manter a raia a ese maladrín tan pesado e que non tardaremos en botar fóra para sempre. Sodes uns auténticos heroes e heroínas e estou moi orgulloso de vós e do voso comportamento exemplar. ÁNIMO, VALENTES!!! Eu, igual que vós, estou ben preparado para pasalo ben e continuar propoñéndovos tarefas moi guais ao longo deste curso tan especial.
Ola, rapazada!!!! Estou supercontento porque a partir de setembro teremos outro recunchiño moi guai para gozar das nosas lecturas. Como tiven que estar confinado por mor da pandemia, aproveitei para traballar arreo coas miñas "axudantas" e prepararvos este espazo tan feituco. Para que vaiades facendo boca déixovos o vídeo no que podedes ver como fomos avanzando nas tarefas e o ben que nos quedou ao rematar. Estrenarémolo en setembro!!! Ata ese momento, gozade do verán e das vacacións!!! MOITOS BICOS RATUNOS!!!!
Se che apetece facerlle algún comentario ao noso amiguiño MIK, sigue as instruccións do seguinte VÍDEO e... a practicar!! MIK vaise poñer supercontentísimo!!! (se fas clic no cadradiño que está ao lado da palabra YOUTUBE, verás en pantalla completa)
Ola, Mik! Son XANA, de primeiro, e neste video mando algúns dos meus libros favoritos. Son "Tragasueños", de Michael Ende (Editorial Juventud), "¡Corre, corre, ratoncito!", de Shirley Isherwood (ING Edicions) (o protagonista e un rato, coma ti!), e "Las pirañas no comen bananas", de Aaron Blabey (Anaya). Para a biblio do patio gustaríame algún libro de princesas, de animais, e algún libro divertido. Chao!
Uno de los libros preferidos de PEDRO es "El Monstruo de Colores" de Anna Llenas, y le gustan mucho los libros interactivos, en este caso sobre el cuerpo humano y sobre el espacio también. Moita forza Mik, vémonos pronto!!!