O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

DESPEDIMOS O CURSO XOGANDO CON XELA
Despedimos o curso 2020/2021 cunhas fotiñas dos resultados da proposta para o DÍA DAS LETRAS GALEGAS: "XOGA CON XELA"
Comentarios (0) - Sección: Letras Galegas - Publicado o 30-06-2021 19:25
# Ligazón permanente a este artigo
LETRAS GALEGAS 2021: XOGANDO CON XELA
Co gallo da celebración das LETRAS GALEGAS o noso amiguiño MIK ten unha divertida proposta arredor da obra de XELA ARIAS. ENCANTOUNOS!!!


A XOGAR!!!!
Comentarios (0) - Sección: Letras Galegas - Publicado o 01-06-2021 17:10
# Ligazón permanente a este artigo
REMATA A SEMANA DAS LETRAS GALEGAS!
Chegamos ao venres e aquí remata a SEMANA DAS LETRAS GALEGAS. Ah, pero aínda nos queda saber un pouquiño máis da vida de CARVALHO CALERO e... UNHA SORPRESA!!!!
Primeiro lede a información da imaxe e seredes expert@s no autor deste ano:

E agora a sorpresa!!!! Un CONTO, CONTIÑO, cuns monicreques ben simpáticos e orixinais!!!

E para que nos quede un regustiño a festa rachada imos con estas cancións tan chulas. Veña,A CANTAR E A BAILAR!!!
Comentarios (0) - Sección: Letras Galegas - Publicado o 14-05-2020 21:44
# Ligazón permanente a este artigo
LETRAS GALEGAS: AS PITAS BAIXO A CHOIVA
Ola, nenos e nenas!!! Nunha das miñas viaxes polo ciberespazo descubrín unha web superchula que vos vai encantar. Nela podedes ler online ou descargar no voso ordenador o libro "AS PITAS BAIXO A CHOIVA", relato orixinal de Ricardo Carvalho Calero en formato ?Conto?, cedido por Ed. Embora.
Tamén podedes atopar unha UNIDADE DIDÁCTICA con actividades moi atractivas coas que aprenderedes moito (VER ou DESCARGAR)
Para rematar, a cantar e bailar con catro cancións moi divertidas. Aquí vos deixo unha delas:

Gustouche, a que si??!! Pois xa sabes, visita "AS PITAS BAIXO A CHOIVA"!
Comentarios (0) - Sección: Letras Galegas - Publicado o 14-05-2020 18:18
# Ligazón permanente a este artigo
LETRAS GALEGAS 2020: XENTE DE AQUÍ E DE ACOLÁ
Ola, rapazada!!! Cantas cousas estamos aprendendo sobre RICARDO CARVALHO CALERO!!!! Aí van algúns datos máis da súa biografía e do seu peculiar xeito de falar e escribir en galego:


Comentarios (2) - Sección: Letras Galegas - Publicado o 13-05-2020 23:45
# Ligazón permanente a este artigo
LETRAS GALEGAS: NOVO DESAFÍO!!
Ola a tod@S!!!! Xa estou aquí para plantexarvos un novo desafío!!!
Primeiro imos con algún dato máis sobre a vida e a obra de RICARDO CARVALHO CALERO (para velo mellor, clic na imaxe):
E agora o RETO para os máis valentes: tes que averiguar de que personaxe se trata:
Se aínda non o sabes, aí vai unha axuda: entra na ligazón "PISTA" e seguriño que acertarás. Cando teñas unha resposta escríbea nun>COMENTARIO (non esquezas poñer o teu nome e o teu curso). VEÑA, A PENSAR!!!!
Mañá agárdovos aquí mesmiño!!! Bicos ratunos!!!
Comentarios (7) - Sección: Letras Galegas - Publicado o 12-05-2020 22:58
# Ligazón permanente a este artigo
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS: ACEPTAS O DESAFÍO???
Ola, rapazada!!!! Xa estou aquí de novo!!! Hoxe teño un reto para vós, aceptades?? Seguro que si porque sodes uns valentes!!
Primeiro imos aprender algo máis da biografía de RICARDO CARVALHO CALERO (clic na imaxe para agrandar):
Agora le a carta que vos escribín e un fermoso poema do autor:
E por último, estás preparad@??? Pois aí vai o reto!!!
RETO PARA OS MÁIS PEQUEN@S: completa o poema da araña coas palabras dos recadros (clic para agrandar)

RETO PARA OS MAIORES: ordena os versos do poema e escríbeo de novo nun folio ou recorta os versos e pégaos ordenados. Podes ilustralo tamén.
LEMBRA!!! Mañá agárdote aquí de novo!! Ata mañá!!! Moitos biquiños ratunos para tod@s!!!
Comentarios (3) - Sección: Letras Galegas - Publicado o 11-05-2020 19:08
# Ligazón permanente a este artigo
ARRANCA A FESTA DAS LETRAS!!!
Estades preparad@s?? Pois alá imos con algunhas propostas superdivertidas para celebrar a festa das Letras Galegas!! Comezamos!! Sabedes quen é o personaxe homenaxeado este ano? Chámase RICARDO CARVALLO CALERO e hoxe imos averiguar algúns datos da súa vida (preme para agrandar):
Para saber máis visita as seguintes páxinas (vanche encantar):
E aí vai unha proposta que nos fan na páxina web do centro. Anímate e participa!! É moi guai!!!!
Por último, podes escoitar unha canción coa letra dun dos poemas do autor:
E xa sabes... non te despistes!!! Mañá espérote aquí de novo con máis sorpresas!
Comentarios (0) - Sección: Letras Galegas - Publicado o 10-05-2020 23:23
# Ligazón permanente a este artigo
LETRAS GALEGAS 2019: ANTÓN FRAGUAS. RECURSOS
Como xa sabedes, o historiador e xeógrafo Antón Fraguas Fraguas (Loureiro, Cotobade, 1905 - Santiago de Compostela, 1999) protagoniza o Día das Letras Galegas de 2019. No noso centro, ao igual que na maioría dos centros docentes de toda Galicia, celebramos o Día das Letras Galegas con múltiples actividades. Todas elas co obxectivo de poñer en valor a lingua e a cultura galegas, así como achegar ás nenas e nenos a figura de Antón Fraguas. A continuación, compartimos con todos vós unha serie de actividades moi interesantes para realizar na aula:
Para os máis pequenos da escola traémosvos o traballo realizado pola Real Academia Galega dentro do seu proxecto Primavera das Letras. Este ano o proxecto sobre Antón Fraguas conta cunha serie de fichas didácticas descargables con actividades que van desde colorear ilustracións inspiradas na vida de Fraguas ata un ?trivial? sobre o autor.
Doutra banda, o Museo do Pobo Galego ten unha unidade didáctica para profesorado con diferentes actividades dividas por ciclos de educación primaria. Tamén a Fundación Fenzol de Vigo recompila nun documento toda a obra de Antón Fraguas, para facilitar o seu coñecemento.
No Portal das Palabras, iniciativa da Real Academia Galega e a Fundación Barrié, afondan sobre sete das palabras favoritas de Antón Fraguas ou sobre os seres máxicos que documentou nos seus traballos.
Existen tamén moitas publicacións sobre a vida de Antón Fraguas dirixidas a diversas idades. Para educación infantil e primeiro ciclo de primaria, contamos coa detective Peregrina e o insólito caso ?Antón Fraguas? de Enrique Mauricio. Para os maiores, a editorial Xerais publica a obra Antón Fraguas. O bo mestre, o mestre bo de Héctor Cajaraville.
Por último, numerosos centros docentes impulsan actividades participativas abertas a todas as persoas. Aquí temos unha pequena selección:
? A área TIC do Centro de Educación Especial A Barcia (Santiago de Compostela) realizou unha serie de xogos interactivos sobre a figura de Antón Fraguas. Así podemos xogar ao Rosco de Galicia ou ao Onde estivo Antón Fraguas?
? O CEE Nosa Señora do Rosario publicou un vídeo onde explica a biografía de Antón Fraguas en lingua de signos.
? Antón Fraguas, con A de agarimo e F de folclore. Actividade deseñada polo CEIP Xesús de San Luís Romero de Carballo que resultou premiada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística no concurso ? exposición co motivo das Letras Galegas 2019.
? O Seminario Galán, formado por docentes de dez centros de Arteixo, A Coruña, Cambre, Catoira, A Laracha e Corcubión, creou actividades por ciclos para coñecer máis en detalle a Antón Fraguas.

Fonte: Primavera das letras, RAG

Comentarios (0) - Sección: Letras Galegas - Publicado o 17-05-2019 14:54
# Ligazón permanente a este artigo
MARÍA VICTORIA MORENO: FICHAS DIDÁCTICAS DESCARGABLES
http://primaveradasletras.gal/category/fichas-didacticas/
Comentarios (0) - Sección: Letras Galegas - Publicado o 25-03-2018 15:47
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0